Curso Formación Profesorado: Platega: Simulación de redes locais con máquinas virtuais

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Virtualbox.png
00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 F.jpg








88x31.png


Este manual do Curso Platega: Simulación de Redes Locais con Máquinas virtuais, é creado e editado por Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez baixo a licenza Creative Commons 3.0:

  • Copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra, sempre mencionando ós autores.
  • Uso non comercial.
  • Compartir as modificacións baixo a mesma licenza.
Para calquera outro tipo de uso non contemplado na licenza anterior consulte ós autores: Antonio de Andrés Lema ou Carlos Carrión Álvarez.


Este manual/curso está deseñado para o curso de formación do profesorado: Simulación de redes locais con máquinas virtuais.


Trátase de acercarse aos distintos tipos de virtualización e simular coa ferramenta VirtualBox varios equipos Windows/ Gnu-Linux que conforman unha rede local.

O seu seguimento será realizado a través da plataforma PLATEGA da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Aínda así, este manual pretende ser xeralista e o máis aberto posible para que o poida seguir aquel usuario cuns coñecementos básicos.


Cada apartado do curso comeza indicando os obxectivos que persegue ese apartado así como o escenario necesario para levalo a cabo.

NOTA IMPORTANTE PARA OS QUE SEGUEN O CURSO EN PLATEGA EDICIÓN 2013 (Out - Dec): Aínda que a continuación se presenta todo o contido do curso este debe ser seguido coa temporalización que se marca en Platega, pois cada apartado está en continua revisión ate que se abre ese apartado na Plataforma Platega. Co cal é aconséllase non imprimir máis alá do que se vai indicando na plataforma Platega. Ademais, perante a realización do mesmo, é probable que aparezan novas versións do virtualizador ou dalgún sistema operativo. Por tanto, até que estes sexan probados polos relatores é recomendable non usar as novas versións.


PARTE 00: Coñecementos de partida e observacións sobre o material



PARTE I: Introdución á virtualización. Instalación de VirtualBox e configuración de máquinas virtuais



PARTE II: Instalación de Sistemas Operativos sobre VirtualBox e configuración básica da rede




PARTE III: Compartir recursos na redes locais



PARTE IV: Control de acceso a Internet dende a rede local



PARTE V: Servizos básicos das redes locais



PARTE VI: Control remoto nas redes locais



Curso Formación Profesorado: Platega: Servizos de virtualización

Curso Formación Profesorado: Platega: Simulación de redes locais con VirtualBox


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (novembro 2013).