Linux: Configuración dos clientes e reservas de enderezos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 05 H.jpg

  • Configurado o servidor DHCP agora vanse configurar os clientes wclient e uclient.
  • O proceso é moi sinxelo.
  • Vaise partir de que os clientes están configurados para obter a IP por DHCP e que veñen do escenario anterior DHCP, onde xa tratan de renovar a mesma IP que xa tiñan: 172.16.1.X

Configuración IP dos clientes

Probas de conectividade

  • O usuario xa é quen de probar pola súa conta as conectividades entre os distintos elementos da LAN.
  • Pódese facer pings a o que se desexe, pero ollo que mentres non se fagan cambios nas zonas DNS, que se farán no seguinte apartado, pódense obter resultados confusos nas consultas aos nomes dos hosts wclient e uclient.

Reservas de enderezos

  • Pódese especificar que para un equipo concreto, a través do seu enderezo MAC, sempre se lle asigne unha mesma IP. É o que se coñece como reserva de enderezos.
  • Imos ver como definir unha reserva con Webmin:


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --