Enrotamento básico con Servidores Windows

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

  • Imos crear un escenario que faga uso dun router, implantado cunha MV, que permite dar saída a internet ás demais MVs e ademais así cada MV só precisa ter un adaptador, conectado a unha rede interna.
  • Preténdese instalar e configurar un router en Windows Server, de xeito que este faga de pasarela para os equipos da rede interna (wserver, dserver, wclient, uclient, etc).
00 Simulacion Redes Escenarios Parte6 1.jpg
  • Este equipo, como router, terá 2 interfaces:
    • Interface LAN: para poder comunicarse cos equipos da LAN e viceversa. A IP desta interface será a porta de enlace que deberá configurar todo cliente da LAN.
    • Interface WAN: co que este equipo se vai comunicar co exterior. Ademais cando se configure o servizo de routing vaise configurar NAT nesta interface, para que calquera solicitude de conexión co exterior que parta dos equipos da LAN sexa transformada cara o exterior como se fora este equipo (wrouter) que a fixera. Ao recibir a resposta do exterior vaise encargar de enviarlla ao equipo da LAN que iniciou a conexión.



Aprende.png
PODES CONSULTAR...


Para revisar e afondar no coñecemento sobre NAT pódese consultar:


  • Antes de comezar a implantar o escenario, obsérvese que só se vai configurar wrouter e wserver, os demais equipos enténdese que o usuario sería quen de configuralos, pero irase facendo pouco a pouco cando se precisen.

Preparativos da MV wrouter

  • Antes de configurar o servizo de routing vaise configurar a MV que o implantará:
    • Clonar unha MV Windows Server (a base ou a que se está a usando para seguir o curso).
      • Nome MV: wrouter.
    • Facer unha instantánea.

Preparativos S.O. wrouter

  • Antes de instalar o servizo de routing, configurarase o nome de equipo e os interfaces de rede.
  • Hai que identificar que interfaz estará conectado á rede WAN (Adaptador 1 da MV) e cal á LAN (Adaptador 2 da MV).

Instalación do servizo de routing sobre NAT

  • Cando se instala o servizo de routing pódese escoller que a interfaz que se vai conectar á WAN faga NAT, e este é o caso. Así, este equipo porase como se fose el quen fixera as peticións de conexión ao exterior realizadas polos ordenadores da LAN interna (wserver, wclient, zserver, uclient, etc).
  • Para instalar e configurar o servizo ir ao menú Inicio->Ferramentas administrativas->Administrar o servidor e premer en Agregar roles da categoría Roles.


Configurar a porta de enlace dun cliente da LAN

  • Para esta ocasión vaise escoller a MV wserver, nos demais a filosofía sería a mesma.
  • Antes de continuar facer unha instantánea de wserver coa MV apagada.


Probas de conectividade

  • Para comprobar que todo está correcto pódense facer pings entre os distintos equipos do escenario.
  • Neste caso vanse amosar exemplos de conectividade realizados dende wserver e que en moitos casos teñen que atravesar wrouter.
  • O usuario pode facer máis probas de conectividade. Observar como as probas anteriores, salvo a primeira, teñen que atravesar wrouter.

Para afondar máis


Aprende.png
PODES CONSULTAR...


Se desexas consultar como configurar Windows para que actúe como un router puro, sen NAT, e crear o escenario das salas de ordenadores que se amosa na imaxe inferior podes consultar:

Para afondar no mesmo é preciso ter as nocións de táboas de enrotamento que se recollen en:


Simulacion Redes TCPIP 83.JPG


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --