Dispositivos USB
Introdución
- Neste punto vaise ver como conectar dispositivos USB reais á MV.
- Usarase un host Ubuntu. Neste caso hai que facer algo a maiores que non se realiza nun Host MS Windows, como se verá a continuación.
- O procedemento a realizar nas MV, tanto MS Windows como Ubuntu, é igual sobre calquera dos hosts.
Configuración nun host Linux
O que se realiza a continuación é propio de hosts Linux e non se realiza nos hosts MS Windows.
- Configuración de host Linux para acceso a USB
Nos sistemas Linux aparece este aviso indicando que non pode acceder aos drivers que controlan o USB das MVs. Explica que hai que engadir o usuario do ordenador host co que se está a traballar con VirtualBox ao grupo vboxusers. Se se desexa traballar con USBs con todos os usuarios do ordenador host (xa sexan usuarios locais ou dun dominio) hai que engadilos a ese grupo.
Para engadir o usuario actual do host Ubuntu (neste caso chámase administrador) Unity non ten unha utilidade gráfica. Pódese instalar a través do Centro de Software de Ubuntu o paquete: gnome-system-tools e dende el facer ao usuario do equipo host membro do grupo vboxusers. Pero para axilizar vaise realizar a través do terminal. No Dash ou botón de Inicio do lanzador escribir Term e premer sobre a aplicación Terminal.
Usamos o comando usermod para introducir o usuario no grupo. Introducir o contrasinal do usuario con permisos de administración. Recórdese que este comando estámolo introducindo na máquina física, e o usuario administrador que se ve na imaxe é o usuario que se está usando neste caso no sistema anfitrión.
Instalar o Paquete de Extensións
A continuación instalarase o Paquete de Extensións que habilita o controlador USB para VirtualBox. Isto hai que realizalo en calquera tipo de host.
- Instalar o paquete de extensións de VirtualBox
No seguinte enlace https://www.virtualbox.org/wiki/Downloads descargar o Extension Pack adaptado á versión de VirtualBox que se ten instalado.
Agora xa poderemos habilitar o controlador USB 2.0 ou 3.0 na máquina virtual.
Uso de dispositivos USB
Finalmente vaise ver como engadir dispositivos USB a unha MV, de dúas formas.
- Permanente: de modo que cando se acende a MV xa captura ese dispositivo USB, e cando se conecta ese dispositivo USB é capturado pola MV e non polo host.
- Temporal: cando se ten a MV acesa e se desexa engadir temporalmente un dispositivo USB.
Unha vez capturado o dispositivo USB pola MV ese é manexado na mesma do mesmo xeito que se faría nunha real.
Engadir un filtro de dispositivo USB
Neste exemplo de dispositivo permanente conectouse un lapis USB ao ordenador real (host).
- Engadir un filtro de dispositivo USB
Próbese a desconectar o lapis USB do ordenador real e a volver a conectalo. Captúrao a MV sen facer nada?.
Engadir un dispositivo temporalmente
Neste exemplo de dispositivo temporal vaise engadir unha impresora HP ao ordenador real (host). A MV uclient segue acesa.
- Engadir un dispositivo temporalmente
Próbese a desconectar a impresora do ordenador real e a volver a conectalo. A que a MV non a captura automaticamente?. Ollo, a impresora segue instalada na MV pero para ela é como se estivera desconectada até que se volva capturar para a MV.