Pausar, apagar e gardar o estado dunha máquina virtual

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

Unha das vantaxes de utilizar máquinas virtuais é que podemos pausar a súa execución para continuala pasado un tempo e apagalas gardando o seu estado de forma que todo o contorno de execución da máquina pode ser restaurado de novo para que cando esta se arranque de novo estea exactamente igual que cando se apagou.

Os beneficios destas posibilidades son enormes, por citar algúns exemplos:

  • Se estamos virtualizando sistemas de escritorio facendo probas de instalación e configuración de sistemas podemos parar a execución da máquina gardando o seu estado para seguir cando nos interese. Por exemplo, se estamos nunha clase facendo calquera instalación e remata a clase non teremos ningún problema, simplemente gardaremos o estado de máquina para seguir na seguinte clase no mesmo punto do proceso.
  • Se temos un sistema servidor que está prestando servizos na rede, podemos gardar o estado en caso de que teñamos que apagar a máquina física (por unha actualización de hardware, por exemplo) para logo arrancala de novo unha vez acendida de novo a máquina física sen ter que deter os servizos da máquina virtual e volvelos a arrancar, e reanuando a execución exactamente igual que antes do apagado.
  • Cando o disco no que residen os discos virtuais da máquinas está cheo, podemos pausar a execución das máquinas virtuais para liberar espazo nese disco evitando erros de execución nas máquinas por falta de espazo para escribir no disco e reanudar a execución unha vez que teñamos espazo dispoñible.

Imos ver como podemos realizar estas accións sobre as máquinas virtuais en VirtualBox.

Pausar unha máquina virtual

Gardar o estado dunha máquina virtual

Apagar unha máquina virtual

O método habitual para apagar unha máquina virtual será o mesmo que o que se usa para apagar unha máquina real, usando a opción que corresponda do sistema operativo convidado (Menú de inicio->Apagar, comando halt, etc.). Porén, VirtualBox ofrece opcións para forzar o apagado, útiles sobre todo cando estas opcións non responden:



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --