Escenario 2.E: Mixto: NAT + Rede interna
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Introdución
- Este escenario é unha mestura entre modo Rede Interna e modo NAT. Para iso precísase que cada MV teña dous adaptadores:
- Un en modo NAT
- Outro en modo rede interna.
- Este escenario é idóneo para prácticas en clase nas que desexa que as MV de cada alumno:
- teñan as mesmas IPs cas MVs do compañeiro, que teñan conectividade só entre elas e non con outras MV de outros compañeiros: REDE INTERNA
- que, ao mesmo tempo, teñan acceso a internet pero sen que o equipo estea na rede LAN: NAT
- Para iso precísase que a MV teña dous adaptadores de rede.
- Seguramente o lector xa reparou que esta funcionalidade tamén se pode conseguir nas versións recentes de VirtualBox utilizando o modo de conexión Rede NAT. Aínda así, imos ver este escenario para afondar na configuración das interfaces en modo de rede interna e comprender como chegar á solución se a versión de VirtualBox coa que traballamos non inclúe o modo de Rede NAT.
- Aconséllase que se revise a teoría no que atinxe ao funcionamento:
- dunha ponte/bridge/switch/conmutador
- de NAT
Configuración dos adaptadores de rede das MV
- IPs a usar:
- Aquelas que se desexen para o adaptador 2, só coa condición de que non choquen entre si as IPs das MVs dun mesmo host.
- No adaptador 1, hai que configurar que obteña a IP por DHCP.
Configuración no guest Windows
- Para configurar as dúas interfaces de rede de wclient, hai que saber cal é cal, pois interesa que interface asociado ao adaptador 1 estea configurado por DHCP e o adaptador 2 con IP manual.
- Para iso pódese mirar a MAC do adaptador en VirtualBox e logo mirar as MACs nos interfaces no S.O. convidado.
- Pero vaise usar outro método ....
Configuración no guest Ubuntu
- Para configurar as dúas interfaces de rede de uclient, hai que saber cal é cal, pois interesa que interface asociado ao adaptador 1 estea configurado por DHCP e o adaptador 2 con IP manual.
- Para iso pódese mirar a MAC do adaptador en VirtualBox e logo mirar as MACs nos interfaces no S.O. convidado, ou como no caso anterior, comprobar despois de configurar unha das tarxetas coa dirección IP automática que ten a IP 10.0.2.15, que é a que se asigna en modo NAT.
Conectividade das MVs e do Host
- Coa experiencia adquirida o usuario pode realizar as probas de conectividade entre MVs, host, router e exterior, e interpretar os resultados obtidos.