Configuración básica da rede nunha máquina virtual Ubuntu

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

A continuación amósase onde se realiza a configuración IP nun equipo Ubuntu. Isto será usado posteriormente ao longo dos distintos escenarios.

  • Antes de acender a MV uclient, observar cal é o seu enderezo MAC. Non cambiarllo por agora.

Simulacion Redes rede 20.jpeg

Modo gráfico

  • En Preferencias do Sistema premer en Rede

Simulacion Redes rede 21.jpeg


  • Premer en Configurar, tende seleccionada a rede con fíos (a rede de cable). Observar a MAC como coíncide coa que ten o Adaptador 1 da MV.

Simulacion Redes rede 22.jpeg


  • Observar como o interface de rede se chama eth0. Ao final dos escenarios verase como cambia o nome do interface se se cambia a MAC. O nome que lle deu ubuntu a esta tarxeta foi Wired connection 1 (Conexión por cable 1)

Simulacion Redes rede 23.jpeg


  • Na lapela Configuración IPv4 é onde se realiza a configuración IP, que por agora está por DHCP.

Simulacion Redes rede 24.jpeg


  • Premendo na frecha, pódense ver os distintos tipos de configuración do interface.

Simulacion Redes rede 25.jpeg


  • Outro modo de chegar á pantalla anterior e a través do xestor de conexións que está no panel superior, e é o que se usará ao longo do curso.

Simulacion Redes rede 32.jpeg

  • Observar como indica que Wired conecction 1 está conectada.


  • Para coñecer a configuración IP: No xestor de conexións do panel superior premer en Información da conexión.

Simulacion Redes rede 33.jpeg

  • Observar como indica que Wired connection 1 está conectada.


  • Observar o nome da conexión, o interface, a MAC, etc.

Simulacion Redes rede 34.jpeg


Modo consola

  • Agora imos ver como se pode coñecer a configuración IP vía consola de texto.

Simulacion Redes rede 26.jpeg

  • Observar o enderezo MAC como coincide co que ten configurado o adaptador 1 da MV e como o interface se chama eth0.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --