Escenario 2.D: Só anfitrión

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 D.jpg

Introdución

  • Este escenario é unha mistura entre modo Ponte e modo Rede interna. Neste caso o switch ficticio interconecta ás MVs entre elas e co host, pero só co host, non máis alá.
  • Para iso, no host faise uso dun interface de rede virtual que serve para interconectar ao host coas MVs e nada máis.
    • No host pódense crear tantos interfaces virtuais como se desexe ou precise. Verase máis adiante.
    • Nun host Windows ao instalar o VirtualBox, xa crea un interface de rede virtual no host, que ten un controlador de tipo VirtualBox Host-Only Ethernet Adapter.
    • Nun host Linux ao instalar VirtualBox non se crea ningún interface de virtual no host. Verase a continuación como crealo.
  • Este escenario é idóneo para prácticas en clase nas que non se desexa que as MV NON teñan acceso á LAN/Internet pero si entre elas e ademais que cada alumno teña as mesmas IPs (e MACs) nas MVs que o compañeiro. As MMVV poden acceder ao host e este a elas a través dun interface de rede virtual que se crea no host.

Configuración do adaptador de rede das MVs

  • Apagar as MVs.
  • IPs a usar: aquelas que non choquen entre si nas MVs e coa IP que se lle puxo ao interface do host.

Configuración IP do equipo host

  • Igual que pasaba no caso anterior, do modo en rede interna, a configuración IP real do sistema host non afecta para nada á configuración IP das máquinas.

S.O. Windows en MV en modo só-anfitrión

Para wclient configurar a IP de acordo á rede IP posta na tarxeta virtual do host. Por exemplo: 192.168.56.130

S.O. Ubuntu en MV en modo só-anfitrión

Para uclient configurar a IP de acordo á rede IP posta na tarxeta virtual do host. Por exemplo: 192.168.56.140

Conectividade das MVs e do Host

Coa experiencia adquirida nos anteriores escenarios o usuario pode realizar as probas de conectividade entre MVs, host, router e exterior, e saber interpretar os resultados obtidos.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --