Compartir carpetas en rede con Zentyal
Imos ver neste apartado como podemos compartir carpetas na rede local nun equipo servidor con Zentyal. O funcionamento da compartición será moi similar ao explicado en Ubuntu Desktop, xa que compartiremos a carpeta utilizando samba.
Compartir unha carpeta en Zentyal
Para compartir unha carpeta en Zentyal, primeiro teremos que instalar e habilitar o módulo para a compartición de ficheiros, e despois poderemos xa crear as carpetas compartidas que queiramos. Comecemos entón por este primeiro paso.
Instalar e habilitar o módulo de compartición de ficheiros
Podemos seguir estes pasos para instalar e habilitar o servizo de compartición de ficheiros en Zentyal na ferramenta de administración web.
Despois do reinicio comprobamos que desaparece o aviso, pero se nos fixamos no estado dos módulos veremos que o módulo de Controlador de Dominio y Compartición de Ficheros está deshabilitado. Desta maneira, os cambios que fagamos nese módulo coa ferramenta de administración de Zentyal non serán aplicados, así que antes de nada imos habilitar este módulo.
Se queres afondar algo máis sobre o funcionamento do servidor LDAP podes ler a información que se atopa no seguinte enlace, correspondente a un curso de xestión de dominios con GNU/Linux:
Se queres afondar sobre o manexo da ferramenta de administración de Zentyal e o manexo dos módulos podes ler a información que se atopa nos seguintes enlaces, da documentación de Zentyal:
Compartir unha carpeta
Agora xa estamos en disposición que compartir carpetas en Zentyal. Imos ver os pasos básicos do proceso:
Poñemos un nome para o recurso compartido (para variar un pouco, comun), e na ruta da carpeta imos seleccionar Directorio baixo Zentyal, para que así sexa o propio Zentyal o que cree a carpeta compartida, que estará en /home/samba/shares. Como nome da carpeta poñemos tamén comun e podemos poñer un comentario para o recurso compartido. Picamos no botón Añadir para crear a carpeta compartida.
Xestión dos permisos nas carpetas compartidas
O esquema de permisos que rexen sobre as carpetas compartidas en Zentyal é exactamente o mesmo que o que se describiu no apartado de compartición de carpetas en Ubuntu:
Polo tanto, para que un usuario poida acceder a unha carpeta compartida debe cumprir os dous niveis de permisos. A diferenza neste caso será que Zentyal xa establece uns permisos por defecto para as carpetas compartidas co obxectivo de que se xestionen os permisos de acceso só configurando os permisos do recurso compartido, e simplificar así a xestión.
Pero en primeiro lugar, para poder establecer permisos para distintos usuarios e/ou grupos sobre unha carpeta compartida, teremos que saber como podemos crear eses usuarios e grupos (recórdese que o módulos de usuarios e equipos instalouse obrigatoriamente ao instalar o servizo de compartición de ficheiros).
Xestión dos usuarios en Zentyal
Podemos xestionar os usuarios e grupos do sistema en Zentyal dende o apartado Usuarios e equipos da ferramenta de administración:
Picamos na opción de Xestionar e podemos ver en forma de árbore de carpetas os usuarios e grupos do sistema, ademáis das carpetas de equipos e controladores de dominio que só utilizaremos se implantamos servidor como controlador de dominio. Picamos na carpeta Users para poder picar no botón de Engadir...
Tamén poderíamos ter engadido o usuario dentro do grupo editando os datos do usuario. Seleccionamos o usuario para editar o usuario noa e podemos ver que entre os grupos de noa está o grupo alumnos que acabamos de engadir. Como se pode comprobar a xestión básica dos usuarios e grupos en Zentyal é moi simple, dende a ferramenta de administración.
Se queres afondar sobre o servizo e a xestión de usuarios en Zentyal, incluíndo como se pode configurar un servidor con Zentyal para que actúe como controlador de dominio nunha rede Windows, podes ler a información que se atopa no seguinte enlace, da documentación de Zentyal:
Configuración dos permisos de acceso ás carpetas compartidas
Unha vez que temos creados os usuarios e grupos, xa podemos configurar a Lista de Control de Acceso que regulará as accións permitidas para eses usuarios e grupos sobre as carpetas compartidas:
Configuración do sistema que afecta ao acceso á carpetas compartidas
Imos ver algúns aspectos da configuración de Zentyal que pode modificar o funcionamento das carpetas compartidas:
Habilitar a papeleira de reciclaxe
Zentyal ofrece a posibilidade de habilitar na carpeta compartida unha papeleira de reciclaxe para que todos os ficheiros que sexan eliminados dende algún cliente que se conecta á carpeta sexan enviados a unha carpeta RecycleBin para poder recuperalos en caso necesario:
Habilitar o antivirus
Tamén temos a posibilidade de activar o antivirus para evitar que se almacenen nas carpetas compartidas ficheiros que poidan conter virus. A configuración é moi sinxela:
Configuración do firewall
O firewall é tamén un compoñente do sistema que pode afectar ao acceso ás carpetas compartidas, xa que dependendo da súa configuración permitirá ou non o acceso ao servizo de compartición de ficheiros, dependendo tamén de dende onde nos esteamos conectando (por exemplo, o firewall pode estar configurado para permitir o acceso ás carpetas compartidas aos equipos da rede local, pero non aos equipos de Internet). Vexamos a configuración básica deste servizo no firewall con Zentyal:
E agora, dentro do apartado de Cortafogos picamos na opción de Filtrado de paquetes, onde poderemos configurar que tipo de paquetes queremos que o firewall acepte e cales non. Para facilitar a xestión do firewall, Zentyal agrupa o tráfico en función do seu orixe e destino. Así atopamos apartados para o tráfico que chega da rede interna a Zentyal, tráfico que vai da rede interna a Internet, tráfico que chega de Internet a Zentyal, etc. (Recórdese que Zentyal "sabe" cal é a rede interna e cal é a externa porque llo indicamos cando configuramos as interfaces de rede do equipo). No noso caso, como o que queremos é permitir o acceso a carpetas compartidas dende a rede local, picaremos no botón de Configurar regras no apartado de tráfico que ven das redes internas a Zentyal.
Se queres afondar sobre a configuración do firewall en Zentyal podes ler a información que se atopa no seguintes enlace, da documentación de Zentyal:
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (xan 2015).