Limitación do tráfico por aulas

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

A limitación de ancho de banda que ofrece Zentyal vainos permitir limitar a velocidade de descarga para os equipos que queiramos da rede interna. Hai que destacar que desta forma só podemos limitar a velocidade de conexión á Internet de equipos da rede local, non garantir velocidades mínimas ou calidade de servizo para equipos da rede. Isto pode facerse instalando o módulo de Moldeado de tráfico e definindo distintas tasas e prioridades.


Aprende.png
TAMÉN PODES VER


Se queres saber como se pode establecer niveis de calidade de servizo con Zentyal, podes consultar o seguinte enlace da documentación de Zentyal:


A técnica utilizada para a limitación do ancho de banda por parte do proxy baséase nun algoritmo de cubeta con goteo ou Token bucket. A idea deste algoritmo é que cada cliente ou grupo de clientes vai ter unha cubeta, que é unha capacidade de descarga que pode facer á máxima velocidade. Se o cliente fai un uso moderado da conexión e non consume toda esa capacidade, a cubeta irase enchendo a unha velocidade e non terá penalización. Pero se o usuario baleira a cubeta máis rápido do que se enche, acabará totalmente baleira e entón a velocidade máxima á que poderá descargar é a velocidade de enchido da cubeta.

Como se pode ver, este tipo de algorimos pretenden favorecer as descargas de ata un certo tamaño, para penalizar as descargas grandes como as das aplicacións de P2P, descargar de películas, etc.

Os límites de ancho de banda permiten dous tipos de cubetas: As globais para un obxecto de rede (que por exemplo pode englobar a todos os equipos dunha aula ou un departamento) e por cliente, que só consume un equipo concreto.

Vexamos como configurar estes límites.

Limitación de tráfico para conxuntos de equipos

Limitación de tráfico por equipos

Seguramente a nosa estratexia de facer pagar dentro dunha mesma aula a xustos por pecadores provocará protestas entre os alumnos ¿Por que me penalizan a min se o que se está descargando pelis é o do lado? Podemos atender a estas protestas usando unha limitación de tráfico por equipos dentro da aula:



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (xan 2015).