Configuración básica da rede nunha máquina virtual Windows
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
A continuación amósase onde se realiza a configuración IP nun equipo invitado (MV) MS Windows. Isto será usado posteriormente ao longo dos distintos escenarios.
Modo gráfico
- No Panel de control de Windows ir a Ver o estado e tarefas de rede
- Premer en Modificar a configuración do adaptador
- Premer co botón dereito sobre o interface de rede e selecciona Propiedades
- Seleccionar o Protocolo de Internet versión 4 (TCP/IPv4)
- Aquí é onde se realiza a configuración IP. Por defecto está por DHCP, isto é, hai un equipo na rede que actúa de servidor DHCP, e a aqueles clientes que lle soliciten unha IP enviaralles unha IP coa súa máscara, e se procede: porta de enlace e DNSs
Modo consola
- Agora imos ver como se pode coñecer a configuración IP vía consola de texto.
- Premer en Inicio->Accesorios->Símbolo do sistema ou premer en Inicio e escribir cmd e premer ENTER.
- Escribir o comando ipconfig /all.
- Observar o enderezo MAC como coincide co que ten configurado o adaptador 1 da MV en VirtualBox.