Instalación de Zentyal

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 02 F.jpg

Introdución

  • Zentyal, antigo eBox Plattform, (http://es.wikipedia.org/wiki/Zentyal) é un servidor Linux pensado para as PEMES.
  • Está baseado en Ubuntu Server (modo consola) pero dispón dun servidor Web dende o cal se poden realizar de modo gráfico tódalas labores de administración.
  • Está desenvolvido por unha empresa aragonesa.
  • A versión actual (Feb 2015 4.0) é só de 64 bits.
  • Tal e como describen os propios fabricantes (http://www.zentyal.com/es) está pensado para administrar ou actuar con varios servizos (http://www.zentyal.com/es/enterprise-it/):
    • Gateway,
    • Servidor de Seguridade (UTM),
    • Servidor de Oficina,
    • Servidor de Infraestrutura de Rede,
    • Servidor de Comunicacións,
    • ou unha combinación de eles.

A seguinte é unha imaxe de administración de Zentyal.

Zentyal.dashboard.png

Descarga e Requisitos de Zentyal

Documentación

  • As tarefas esenciais de Zentyal están documentadas, comezando dende a instalación, na propia páxina da empresa: http://doc.zentyal.org/es/

Crear MV "zserver"

  • Vaise comezar creado a MV zserver do escenario, configurando o adaptador de rede en modo ponte, xa antes de acender a MV.

Seleccionar

Instalación

  • A continuación inserir a imaxe ISO de Zentyal e comezar a instalación. O material está realizado coa versión 2.2.1, pero a versión actual (feb 2015) 4.0 funciona correctamente.

Primeiro Inicio

  • A primeira vez que se inicia o sistema aparece o Mozilla Firefox, dende o cal se pode acceder á administración do sistema e poder personalizar a instalación do servidor.
  • IMPORTANTE: Para administrar Zentyal só se pode usar Mozilla Firefox, pois hai funcionalidades que non funcionan noutros navegadores.
  • Lembrar, que se é posible para os procesos de configuración que imos realizar a continuación é aconsellable subir a RAM a 1024 MB. Unha vez rematados eses procesos xa se pode baixar a RAM a 512 MB por necesidade de RAM para outras MVs.


Instalar as Guest Additions

  • Para poder ver as pantallas anteriores e as seguintes a un tamaño máis grande que o que Zentyal ten por defecto nunha MV hai que instalar as Guest Additions.
  • Imos facelo a través da terminal.

Configurar a rede

Instalar paquetes: O administrador de rede

  • En Zentyal para administrar os distintos elementos hai que instalar os paquetes que os xestionan.
  • Así, para poder administrar os parámetros da configuración IP é preciso instalar o paquete Network Configuration.

Configuración dos parámetros da rede IP

  • A continuación imos configurar a IP, DNS e Gateway de Acordo ao escenario 2.F.
  • Que cada quen poña a configuración IP adaptándose a súa situación real: X.Y.Z.120.
  • Imos configurar a IP do equipo para que poida ver as demais MVs, equipos reais, etc. Para iso temos que usar o modo Ponte.
  • Comezamos configurando a IP na MV.

Estado dos módulos

  • Cada modulo pode estar activado o desactivado. Se está activado os cambios que se fagan nese módulo aplícanse inmediatamente sobre os ficheiros correspondentes no momento de gardar algún cambio.
  • Neste exemplo vaise activar o módulo de rede, para que os cambios realizados anteriormente sexan efectivos.

Cambiar a configuración do adaptador de rede da MV de modo NAT a modo Ponte

  • Lembrar que se instalara a MV co adaptador de rede en modo NAT.
  • Imos cambialo agora ao modo Ponte.

Actualizar o sistema

  • No Panel de Control, pódese observar que hai actualizacións para descargar e instalar.

Administración remota de Zentyal

  • Para iso só se precisa ter conectividade coa MV e ter o navegador Mozilla Firefox no equipo dende onde se vai administrar.

Simulacion Redes rede 254E.jpeg

Apagar a Máquina

  • Pódese apagar dende o panel de control.

Simulacion Redes rede 254C.jpeg

  • Ou dende o botón da parte inferior dereita.

Simulacion Redes rede 2015 225.jpeg

  • E incluso dende o terminal, cos comandos ao uso.

Clonar ou exportar un servizo virtualizado da máquina virtual

  • Como sempre antes de seguir con nada máis hai que clonar ou Exportar un servizo virtualizado da MV por se hai algunha catástrofe e hai que volver a ela.

A imaxe amosa unha das opcións: a clonación.

Simulacion Redes rede 255.jpeg


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --