De Manuais Informática - IES San Clemente.
O filtrado por usuarios fará que o proxy requira unha autenticación para a conexión coa rede externa, e poderemos permitir ou non a conexión en función de grupos de usuarios, ou establecer un diferente perfil de filtrado. Vexamos como podemos configuralo en Zentyal:
- Configuración do filtro por usuarios
Para configurar filtros por grupos de usuarios definiremos regras de acceso que se aplicarán para os diferentes grupos. Imos ir polo tanto a engadir unha nova regra de acceso.
Como orixe da regra seleccionamos o grupo de usuarios profes e na decisión escollemos Permitir todo. Desta maneira pretendemos que os profes poidan acceder a calquera páxina, sen que se lles aplique a eles o perfil de filtrado filtro, que si se aplicaría aos demais usuarios.
Pero ao intentar engadir a regra prodúcese un erro, debido a que non se pode engadir unha regra por usuarios cando xa hai definida unha regra para que se aplica sempre; xa que unha regra englobaría á outra. Así que imos borrar a regra que hai definida.
Borramos a regra que aplica en todos os casos o perfil de filtrado filtro.
Engadimos agora a nova regra...
que aos profes lles permite todo.
Dende un equipo cliente, intentamos conectarnos a google e se nos solicita un nome de usuario e contrasinal. Introducimos as de noa (recórdese que noa pertence ao grupo alumnos, pero non ao de profes).
Pechamos o navegador e volvemos a intentalo con pia (recórdese que pia si pertence ao grupo profes).
Agora si que podemos conectarnos.
Podemos engadir as regras de acceso que queiramos para os distintos grupos de usuarios. No noso caso poderíanos interesar unha configuración como a que se ve na imaxe, na que aos profes se lles permiten todas as conexións e aos alumnos se lles aplica un perfil de filtrado. A orde na que se coloquen as regras ten importancia (por iso podemos arrastrar as regras para ordenalas), xa que o proxy aplicará a primiera regra coa que poida "encaixar" a conexión solicitada (funciona neste sentido de forma similar a un firewall, que aplica a primeira regra que encaixe coa conexión).
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (xan 2015).