Grupos de máquinas virtuais
Os grupos de máquinas son unha funcionalidade incorporada recentemente en VirtualBox e que facilita o manexo das MVs cando temos un número elevado de máquinas creadas sobre o mesmo hipervisor. Isto é frecuente no caso dos alumnos dos ciclos, xa que poden utilizar varias máquinas en distintos módulos, e poden acabar tendo varias decenas de máquinas.
Nestes casos, os grupos de máquinas permiten asociar un conxunto de MVs segundo a súa utilidade (por exemplo, poderíase crear un grupo de máquinas por módulo, para unha práctica ou proxecto) e logo poder atopalas, arrancalas e xestionalas de forma máis cómoda.
Crear un grupo de máquinas
O primeiro que teremos que facer será crear o grupo de máquinas:
- Crear un grupo de máquinas
-
Seleccionamos unha das máquinas co botón dereito do rato e escollemos a opción de Agrupar.
-
Aparece a máquina incluída nun grupo que ten de nome Novo grupo. Agora arrastrando podemos quitar e meter máquinas nun grupo, e pasalas dun grupo a outro en caso de que tivésemos varios grupos. Tamén, premendo sobre unha MV pódese desprazar ao longo do listado de MVs para deixala na posición desexada polo usuario e non na orde na que foron creadas.
-
Podemos cambiar o nome do grupo picando co botón dereito do rato sobre el e escollendo a opción de Renomear grupo.
Manexo das funcionalidades dos grupos de máquinas
- Manexo de grupos de máquinas
-
Na vista inicial da ferramenta de VirtualBox visualizamos todas as máquinas agrupadas nos grupos que teñamos creados, pero picando sobre a frecha que aparece se pasamos o rato sobre o nome do grupo podemos entrar no grupo...
-
e así xa so vemos as máquinas dese grupo. Coa frecha que temos agora ao lado do nome do grupo podemos saír do grupo e volver a ver todas as máquinas.
-
Se seleccionamos un grupo na vista inicial de VirtualBox atoparemos o menú Grupo que contén unha serie de accións que podemos levar a cabo co grupo. A opción de Iniciar permite iniciar dun golpe todas as máquinas que están dentro do grupo.
-
Vista das dúas máquinas arrancadas.
-
E con Grupo->Cerrar->Guardar estado podemos gardar o estado de todas as máquinas do grupo.
-
Vista de todas as máquinas do grupo gardadas.
Eliminar un grupo de máquinas
Vemos agora como podemos eliminar un grupo de máquinas que teñamos creado:
- Eliminar un grupo de máquinas
-
Para eliminar un grupo de máquinas, picamos co botón dereito sobre o grupo e seleccionamos a opción de Desagrupar...,
-
... o grupo desaparece e as máquinas pasan a estar sen agrupar.