Obxectivos e escenario da Parte I

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

No Apartado I do curso tratarase de que o alumno se familiarice con:

  • Instalación de Debian Server e Ubuntu Desktop.
  • Configuración de rede.
  • Actualización do sistema e instalación de paquetes.
  • Administración remota do sistema.
  • Administración de servizos básicos de rede e Internet: DHCP e DNS


  • A imaxe amosa o escenario final unha vez que rematemos a Parte I e a Parte II.

00 Dominios Linux Escenarios parte 01.jpg


  • Para iso imos facer uso de VirtualBox e dividir o escenario en outros 6 escenarios. Catro escenarios desenvolveranse na Parte I e 2 na Parte II do curso.

00 Dominios Linux Escenarios parte 01 A.jpg

  • Imos usar o modo de rede de VirtualBox Rede NAT de modo que as MVs se poden comunicar entre si e estas poden saír ao exterior.
  • O host (equipo real) actúa como un router (igual aos routers ADSL/NAT das casas) de modo que as MVs poden conectarse ao exterior pero ao revés habería que abrir portos.
  • Ademais, neste escenario inicial, o host actúa como servidor DNS e se se quere tamén como servidor DHCP.
  • Usando esta configuración todos os usuarios poden ter a mesma configuración IP sen que choquen as MVs entre si de distintos usuarios, coa vantaxe de ter acceso ao exterior.



  • Neste escenario dserver00 actúa como servidor DNS e todo equipo realiza as resolucións de nome a través de dserver00.

00 Dominios Linux Escenarios parte 01 B.jpg


  • Neste escenario dserver00 actúa como servidor DHCP e uclient02 recibe a configuración IP por DHCP.

00 Dominios Linux Escenarios parte 01 C.jpg



  • Neste escenario dserver00 actúa como servidor de DNS dinámico (DDNS) e todo equipo que reciba IP por DHCP actualizase a súa información de modo automático no DNS.

00 Dominios Linux Escenarios parte 01 D.jpg


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez