Servizos virtualizados: Exportar / importar MV
Introdución
Trátase de que se poidan Exportar/Importar máquinas virtuais entre distintos fabricantes de ferramentas de virtualización ou hipervisors. Para iso creouse un estándar aberto, que recibe o nome de OVF (Open Virtualization Format), para empaquetar unha máquina virtual. Un ficheiro con ese formato empaqueta unha máquina virtual.
Desta forma poden pasarse máquinas virtuais entre usuarios de modo que o ficheiro OVF ocupa como mínimo un 50% menos que a MV. E esta, precisamente, é a verdadeira potencia deste servizo, pois permite nunha aula pasarlle a MV ao alumnado a través da rede na metade do tempo, como mínimo.
Exportar un servizo virtualizado
Escoller o lugar onde se desexa gardar o ficheiro. Como ben explica o cadro de diálogo, se se indica a extensión .ova fai o mesmo pero xera un só ficheiro, en realidade fai un tar (empaquetado) do directorio que contén os ficheiros .ovf. Podemos seleccionar a versión do formato OVF a utilizar, xa que as recentes versións de VirtualBox soportan a versión 2.0 deste formato (publicada en xaneiro do 2013).
Importar un servizo virtualizado
No momento da importación dun servizo virtualizado pódense configurar todos os parámetros da nova MV importada.
- Outra maneira de importar un servizo virtualizado (OVA) e facer dobre click sobre o ficheiro comprimido en formato OVA, e xa abre o VirtualBox e comeza o proceso de importación.