Problemática en equipos linux cando se cambia a MAC da Máquina Virtual

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Edición curso Febreiro - 2015

  • Coas novas versións de Ubunut e Zentyal non se teñen os problemas que se describen a continuación cando unha equipo cambia de tarxeta de rede e por tanto cambia a súa MAC.
  • Por tanto, déixase este material a modo de material de apoio por se en videiras versións dos SOs, volvera pasar o que a continuación se describe.

Introdución

  • Para afondar dun xeito maior sobre o cambio de MAC nun sistema Linux, amosase unha práctica real coa MV Zentyal.
  • Linux asocia os enderezos MAC a interfaces de rede internos do S.O.
    • Así a primeira tarxeta ethernet, por exemplo, que teña o ordenador terá unha MAC e esta estará, por defecto, asociada a eth0.
    • Se se cambiase a tarxeta do ordenador esta nova tarxeta tería a súa propia MAC, e linux asociaría esa nova MAC a eth1.
  • Cal é problema?: que se ten asociada unha configuración IP a eth0 e se cambia a tarxeta asociada a eth0, esta non vai estar activa e a nova eth1 non estará configurada.
  • A continuación vaise usar 'zserver para ver a problemática. Vaise facer en modo comandos, porque así tamén vale para cando se instale un Linux Server que non teña contorno gráfico.
  • IMPORTANTE: asegúrate de que tes unha copia da máquina (clonada ou servizo virtualizado) e antes comezar con estes pasos tes unha instantánea da mesma.

Configuración de partida

Nova Mac

  • Apagar a MV e xerar unha nova MAC, isto tamén vale cando se copia/clona/importa un servizo virtualizado dunha MV e se cambia a MAC, cousa que se debe facer nunha aula se o Profesor pasa a mesma MV a todo o alumnado.

Solución

  • No arquivo /etc/udev/rules.d/70-persistent-net.rules é onde se asocia o interface ethX coa tarxeta de rede e a súa MAC.
  • Botémoslle un ollo, para iso imos usar o editor de texto nano e o comando sudo para poder editar ese arquivo como administrador.

Outra opción, sería configurar o interface eth1, como se fixo nuns pasos previos con eth0.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (2 nov 2011).