Editores de texto

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Nesta sección explicaranse un par de posibles editores de ficheiros para poder modificar e parametrizar a configuración do sistema en modo consola.

Comandos utilizados

nano / pico: editor sinxelo de texto

vi / vim: editor un chisquiño máis complicado que traballa en distintos modos.


Editor nano/pico

nano é un editor sinxelo de texto, clonado do editor Unix chamado pico.

En GNU/Linux a execución dos comandos pico ou nano abren o mesmo editor.

Nano/pico é un editor semellante ao edit de MS-DOS.

nano

Abre a seguinte aplicación:

Platega U910 Server Editor 01.jpeg

Premendo CTRL+X sáese do editor e se hai modificacións pregunta se se desexa gardar e o nome do arquivo.


Aprende.png
TAMÉN PODES VER...

Se queres afondar sobre o manexo deste editor podes consultar estes enlaces:

O editor vi / vim

O editor vim é o editor vi mellorado (vi iMproved).

As versións actuais de Ubuntu traen por defecto instalado o vim. A execución do comando vi ou vim abre o mesmo editor.

Este editor traballa basicamente en 2 modos:

  • Modo comandos: onde as teclas que se preman poden realizar algunha acción no editor. O editor sempre se inicia en modo comando e sempre se poderá volver a ese modo premendo a tecla ESC.
    • premendo i: pásase a modo edición.
    • :q -> sae do programa se non se fixeron modificacións.
    • :q! -> sae do programa descartando as modificacións.
    • :wq -> sae do programa gardando as modificacións.
  • Modo edición: permite engadir texto ó ficheiro. Para volver ó modo comandos premer ESC e logo introducir o comando desexado.
vi

Abre a seguinte aplicación:

Platega U910 Server Editor 02.jpeg

Se na pantalla anterior se preme a letra i pásase ao modo edición. A seguinte imaxe amosa o editor en modo edición.

Platega U910 Server Editor 03.jpeg

Para saír é preciso volver ao modo comandos: premer ESC. Para saír sen gardar escribir :q! e premer ENTER.

Platega U910 Server Editor 04.jpeg


Aprende.png
TAMÉN PODES VER...

Se queres afondar sobre o manexo deste editor podes consultar estes enlaces:

vi vs nano

Como agora todos os periódicos teñen enquisas de opinión un día si e outro tamén, pois para estes comandos non podía ser menos: Con cal te quedas?

Curiosidades

Quen dixo que os profesores de universidade eran pouco dados ao humor e a sorna?. Revisade con tranquilidade e gozade do sarcasmo:

O formato doc. Este profesor (Antonio Yañez) ofrece as prácticas en varios formatos, non perderse o que sucede se se escolle, case ao final da páxina, o formato .doc. Boísimo, non deixar de lelo até o final de todo, incluso o final.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez