O comando sudo. Apagar e reiniciar o sistema

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Imos ver unha serie de comandos dos que faremos uso para apagar, reiniciar e executar comandos de administración do sistema. Destacamos entre eles o comando sudo. (man sudo)

Comandos utilizados

cat: amosa o contido dun arquivo.

exit: para sair dunha consola de usuario, do sistema.

poweroff: apaga o sistema.

reboot: reinicia o sistema.

groups: amosa os grupos aos que pertence un usuario.

su: cambiar a superusuario (root) ou a outro usuario calquera.

visudo: edita o ficheiro /etc/sudoers.

Ficheiros utilizados

/etc/sudoers: almacena que usuarios teñen privilexios administrativos.

/etc/groups: conten os grupos e os usuarios que pertencen a cada grupo.

Introdución a sudo

sudo: vén das siglas SuperUser do ou Substitute User do (Fai/executa como super usuario ou fai/executa como este usuario substituto)

Por exemplo, veremos que cando iniciemos un terminal de comandos aparecerá o seguinte texto:

2017 ubuntu sudo 01.png

As liñas indican que se se desexa executar algo como usuario root, que se use sudo <comando>.

O comando sudo le a configuración do ficheiro /etc/sudoers. Neste ficheiro hai información sobre:

  • quen pode pode executar comandos como root,
  • en que equipos,
  • que comandos,
  • e en calidade de que superusuarios o poden facer.

Executando, precisamente,

sudo cat /etc/sudoers

pódese ver o contido do ficheiro. Execútase con sudo, porque o ficheiro /etc/sudoers só ten permisos de lectura para o usuario root. Na imaxe podemos ver un exemplo do contido do ficheiro:

2017 ubuntu sudo 02.png

Na última liña non comentada (que non comeza por #) dese arquivo vese: %sudo ALL=(ALL:ALL) ALL.

Esa liña ten o seguinte formato:

usuario/grupo host = (usuario_privilexiado) comando

Neste caso:

  • %sudo: grupo que obtén os privilexios. Neste caso o grupo sudo.
  • ALL: en que equipos. Neste caso en todos.
  • (ALL:ALL): de que usuarios e grupos gaña os privilexios: Neste caso de todos. Este campo é opcional.
  • ALL: que comandos pode executar. Neste caso todos.

Para editar ese ficheiro é preciso usar o comando sudo visudo. Unha vez dentro premendo CTRL+X pódese saír do editor.

Ben, xa se sabe un pouco sobre sudo e sudoers, pero quen pertence ao grupo sudo que figura no ficheiro /etc/sudoers?.

Execútese:

cat /etc/group

para coñecer os grupos e os seus membros. Ohhh!! sorpresa. O sistema cando se instalou introduciu ao usuario que se deu de alta (neste caso: uadmin) nunha serie de grupos, entre eles no grupo sudo.

2017 ubuntu sudo 03.png

Executando o comando

groups uadmin

Pódese coñecer os grupos aos que pertence o usuario, entre eles aparece: sudo:

2017 ubuntu sudo 04.png

Pasarse a superusuario (root)

Para cambiar do usuario actual ao usuario root pode executarse:

su

Como se ve na imaxe pedirásenos o contrasinal do usuario root, pero en ningún momento da instalación se introduciu un contrasinal para o usuario root, e por tanto esta non se coñece. O usuario root tras a instalación está deshabilitado.

2017 ubuntu su 01.png

Pero si se pode executar o comando su, facendo uso da utilidade sudo. Así o usuario actual pasa a ser o usuario root.

sudo su

Pide o contrasinal, pero do usuario que está executando o comando sudo, e comproba se o contrasinal é correcto e se ese usuario ou algún dos seus grupos está en sudoers. Neste caso así é.

Fixarse como no promt usuario que administra a consola é o root.

Para saír da sesión dun usuario, vale con executar exit.

2017 ubuntu su 02.png

O contrasinal que se introduce co comando sudo será almacenado en caché por 15 minutos, co cal se se volve a executar algún comando máis con sudo dentro dos vindeiros 15 minutos non se volverá a pedir o contrasinal, neste caso, do usuario uadmin.

Apagar o sistema

O sistema só pode ser apagado polo usuario root. Para os que non sexan root e estean no ficheiro /etc/sudoers poden executar o comando antepoñendo sudo.

sudo poweroff

Apaga o sistema.

Reiniciar o sistema

O sistema só pode ser reiniciado polo usuario root, para os que non sexan root e estean no ficheiro /etc/sudoers poden executar o comando antepoñendo sudo.

sudo reboot

Reinicia o sistema.

sudo vs su/root

No seguinte enlace explícase máis a fondo o funcionamento de sudo e compárase coa execución de su, ou con habilitar o usuario root para realizar tarefas administrativas.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez