Windows: Servidor DHCP básico
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Neste apartado vaise instalar a configuración do escenario da imaxe.
- En wserver vaise instalar o servizo de DHCP.
- Crearase un ámbito: "IPs LAN"
- Rango IPs: 172.16.1.101 a 172.16.1.200
- Máscara: 255.255.0.0
- Porta de enlace: 172.16.0.1
- O propio servidor ofrecerá para todo ámbito que se cree as seguintes Opcións:
- Servidor DNS: 172.16.0.110
- Nome de dominio DNS: "wcarpediem.local"
- Crearase un ámbito: "IPs LAN"
- Nos clientes:
- Obterase a configuración IP por DHCP.
Configuración previa da MV wserver
- Antes de comezar faremos unha instantánea de wserver coa MV apagada e apagaremos dserver xa que non intervirá no escenario.
Instalar o servizo DHCP en wserver
- Para instalar e configurar o servizo DHCP, ir ao menú Inicio->Ferramentas administrativas->Administrar o servidor
Dende Windows 2000 non fai falla usar WINS
Crear un ámbito
- Un ámbito é un agrupamento de enderezos IPs e doutras opcións que o servidor pode ofrecer aos clientes.
- Os ámbitos pódense crear e eliminar en calquera momento.
- Nesta ocasión vaise crear un aproveitando que se está instalando o servidor.
Información sobre o ámbito creado. Poderíanse agregar máis, tanto agora como máis tarde. A posibilidade de ter varios ámbitos é sobre todo necesaria cando se teñen VLANs e os clientes están en redes-IP distintas e a configuración IP realízase de modo automático.
Configuración do servidor DHCP
- Algunhas das opcións configuradas perante a instalación poden ser modificadas unha vez instalado o servizo.
Para afondar máis sobre DHCP en Windows
PODES CONSULTAR...
Se desexas consultar como configurar DHCP en Windows: