Memoria

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Estas páxinas son a memoria da actividade realizada polo proxecto de formación chamado Implantación de ferramentas TIC colaborativas no centro educativo durante os meses de xaneiro a xuño do curso académico 2009-2010. Por tanto, neste documento faise unha valoración global da actividade desenvolvida, así como dos obxectivos acadados, seguindo o guión facilitado polo asesor do Centro de Formación e Recursos de Santiago de Compostela.

Análise do contexto no que se desenvolveu o proxecto

A actividade correspondente desenvolveuse no IES San Clemente en Compostela, tendo lugar as xuntanzas, salvo contadas excepcións, semanalmente todos os luns no propio instituto.

Anteriormente a este proxecto de formación os seus membros, todos pertencentes ao Departamento de Informática, xa tiñan experiencia nos contornos de aprendizaxe electrónica, e algún deles, pero non todos, na edición colaborativa de materias mediante ferramentas wiki. Ningún dos membros tiña experiencia na utilización de favoritos compartidos ou ferramentas como Google Wave.

Xustificación das variacións introducidas respecto do proxecto inicial, se é o caso

Existiron modificacións respecto á planificación orixinal debido, fundamentalmente, á implantación no próximo curso 2010 - 2011 dos novos currículos dos seguintes ciclos:

Inicialmente estaba previsto desenvolver os contidos completos dalgún módulo dos ciclos vellos pero pareceunos máis útil colgar no wiki os resultados de aprendizaxe, os criterios de avaliación e os contidos para todos os módulos de ambos os dous ciclos novos. Asemade, hai tamén algunhá programación didáctica. Respecto aos contidos conceptuais, wikificáronse cos contidos que xa tiñamos desenvolvido para os módulos vellos e creouse algún novo.

Tamén houbo algunha variación nas datas das xuntanzas por imposibilidade da axenda dalgún dos membro do proxecto de formación.

As sesión de formación foron desenvolvidas en datas distintas das planificadas inicialmente, con pequenas variacións, debido a cuestións de axenda dos relatores.

Consecución dos obxectivos

Obxectivos propostos

Os obxectivos que se perseguiron co proxecto de formación foron fundamentalmente tres:

  1. Reflexión colectiva sobre os procesos formativos e a súa traslación ás novas ferramentas de colaboración en rede, potenciando o traballo en equipo.
  2. Actualización de coñecementos técnicos e didácticos para a súa correcta aplicación na aula, así como elaboración de materiais curriculares para a súa difusión a través de wikis.
  3. Realización de propostas de mellora da práctica docente a través da dinamización no uso de ferramentas de apoio á aprendizaxe.     

Obxectivos acadados ao final do proceso

Foron acadados con éxito todos os obxectivos inicialmente propostos, conseguíndose ademais a instalación e dinamización en canto ao uso da ferramenta mediaWiki que se está a usar no centro.

Tense previsto incluír un módulo de tradución automática para esta ferramenta baseado no Apertium que permitirá visualizar os contidos en galego e en castelán.

Contidos desenvolvidos e actividades realizadas

Durante a realización do traballo desenvolvéronse os resultados de aprendizaxe, os criterios de avaliación e algúns contidos conceptuais para os seguintes módulos:

Primeiro Curso Sistemas Microinformáticos e en Rede:

-Unidade formativa Ofimática (Ciclo SMR)
-Unidade formativa Multimedia (Ciclo SMR)

Segundo Curso Sistemas Microinformáticos e en Rede:

Primeiro Curso Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR):

Segundo Curso Administración de Sistemas Informáticos en Rede (ASIR):

Realizáronse tres actividades formativas.

Criterios e procesos de avaliación empregados

Os procesos principias de avaliación cualitativa foron:

  1. O intercambio de coñecemento mediante as frecuentes postas en común entre os membros do proxecto de formación e do departamento.
  2. A revisión permanente a través das ferramentas de traballos colaborativo (wiki, moodle, etc.)
  3. Supervisión do uso do Wiki.

Dende un punto de vista cuantitativo avaliáronse os seguintes criterios:

Criterio Valoración (0 mín. - 5 máx.)
Análise e valoración das producións do grupo e da docencia recibida.
4
Aplicación e repercusión do proxecto na práctica educativa.
3
Metodoloxía empregada.
4
Grao de satisfacción do grupo co traballo realizado.
4
Organización dos recursos humanos e materiais.
3
Reflexións realizadas, logros e incidencia do proxecto no centro.
4
MEDIA
3,67

Usáronse algunhas estatísticas do wiki para comproboar o seu uso:

  1. Actualmente hai 4,247 páxinas en total na base de datos.
  2. Foron cargados 3,469 imaxes.
  3. Houbo un total de 656,437 visitas e 18,048 edicións desde que se puxo en funcionamento. Isto resulta nunha media de 4.25 edicións por páxina e 36.37 visionados por edición.
  4. Hai 22 usuarios con permisos de edición.

Conclusións: logros e incidencia no centro

En xeral, a partir das xuntanzas para a posta en común do traballo realizado e dos resultados da enquisa podemos dicir que o proxecto de formación foi satisfactorio.

Entre os principais logros hai que destacar a creación dos novos currículos de formación profesional de informática que se implantarán no próximo curso académico (2010-2011). Algúns contidos destes módulos, como o Montaxe e Mantemento de Equipamentos (Ciclo SMR) están moi avanzados.

Durante o próximo curso preténdese ir completando os currículos das diferentes materias ata ter todo o desenvolvemente curricular completo. Este material será de gran utilidade para profesorado e alumnado. Asemade, estará en permanente revisión e actualización xa que a ferramenta que o soporta, o mediaWiki, así o permite.

A posibilidade de exportar estes materiais a outros formatos abertos, como ODT, para, por exemplo, consultalos sen conexión a Internet tamén é posible, supoñendo unha gran vantaxe.

Por último, existe unha listaxe de favoritos que se elaboraron de xeito compartido a partir da ferramenta delicious e que se actualizan permanentemente polos membros do proxecto de formación.

Materiais elaborados

O material que se elaborou está en soporte electrónico e é o que se atopa na sección Contidos desenvolvidos e actividades realizadas desta memoria.

Entrégase un CD no que se inclúen:

  1. Acta final co visto e prace do Xefe de Estudos
  2. Facturas
  3. Os contidos das sesións de docencia
  4. As actas das xuntanzas
  5. A memoria final do grupo de traballo