Unidade formativa Multimedia (Ciclo SMR)
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Unidade formativa Multimedia do Ciclo SMR
- Curso: 1º
- Duración: 100 horas
- Profesorado: Sistemas e Aplicacións Informáticas
RA1. Manipula imaxes dixitais aplicando técnicas básicas de captura e de edición
- – CA1.1. Analizáronse os formatos de imaxes.
- – CA1.2. Recoñeceuse a necesidade dos formatos de compresión con perdas.
- – CA1.3. Realizáronse capturas de pantallas.
- – CA1.4. Realizouse a adquisición de imaxes con periféricos.
- – CA1.5. Traballouse con imaxes a varias resolucións, segundo a súa finalidade.
- – CA1.6. Analizáronse aplicacións de edición de imaxes.
- – CA1.7. Empregáronse ferramentas de edición de imaxe dixital.
- – CA1.8. Importáronse e exportáronse imaxes en diversos formatos.
- Formatos de imaxes.
- Parámetros das imaxes: resolución, número de cores e compresión.
- Aplicacións de retoque fotográfico.
- Axustes de imaxe e de cor.
- Uso de máscaras e capas.
- Aplicación de filtros e efectos.
- Importación e exportación de imaxes.
- Uso de aplicacións de captura de pantalla.
- Uso de dispositivos de captura de imaxes.
RA2. Manipula secuencias de vídeo aplicando técnicas de captura e de edición básicas
- – CA2.1. Recoñecéronse os elementos que compoñen unha secuencia de vídeo.
- – CA2.2. Identificáronse os tipos de formatos e codecs máis empregados.
- – CA2.3. Instaláronse codecs no sistema e configuráronse para o seu uso.
- – CA2.4. Analizáronse as posibilidades de diversas aplicacións específicas.
- – CA2.5. Importáronse e exportáronse secuencias de vídeo.
- – CA2.6. Importáronse pistas de audio e sincronizáronse coas secuencias de vídeo.
- – CA2.7. Aplicáronse transicións e efectos sinxelos.
- – CA2.8. Realizáronse conversións de formato en secuencias de audio e vídeo.
- – CA2.9. Traballouse con distintos formatos e diferentes taxas de compresión, en función da finalidade especificada.
- – CA2.10. Realizáronse capturas de secuencias da pantalla utilizando aplicacións específicas.
- – CA2.11. Capturáronse secuencias de vídeo cos recursos axeitados.
- – CA2.12. Elaboráronse vídeos titoriais.
- Formatos de vídeo. Contedores. Codecs.
- Aplicacións de edición de vídeo.
- Aplicación de transicións e de efectos.
- Sincronización do audio.
- Creación de títulos e menús.
- Edición na liña de tempo.
- Captura de secuencias de pantalla.
- Importación e exportación de vídeos.
RA3. Elabora presentacións multimedia aplicando normas básicas de composición e deseño.
- – CA3.1. Identificáronse as opcións básicas das aplicacións de presentacións.
- – CA3.2. Recoñecéronse os tipos de vista asociados a unha presentación.
- – CA3.3. Aplicouse e recoñeceuse a tipografía e as normas básicas de composición, deseño e uso da cor.
- – CA3.4. Creáronse presentacións.
- – CA3.5. Deseñáronse patróns de presentacións.
- – CA3.6. Utilizáronse periféricos para executar presentacións.
- Deseño e edición de diapositivas.
- Formato de diapositivas, textos e obxectos.
- Normas de composición: tipografía e uso da cor.
- Importación e exportación de presentacións.
- Uso de patróns e asistentes: patróns de diapositivas.
RA4. Ofrece apoio no uso de aplicacións e resolve as incidencias que se presenten
- – CA4.1. Elaboráronse guías visuais cos conceptos básicos de uso dunha aplicación.
- – CA4.2. Identificáronse problemas relacionados co uso de aplicacións ofimáticas.
- – CA4.3. Utilizáronse manuais de usuario para instruír no uso de aplicacións.
- – CA4.4. Aplicáronse técnicas de asesoramento no uso de aplicacións.
- – CA4.5. Realizáronse informes de incidencias.
- – CA4.6. Aplicáronse os procedementos necesarios para salvagardar a información e a súa recuperación.
- – CA4.7. Utilizáronse os recursos dispoñibles para arranxar incidencias (documentación técnica, axudas en liña, soporte técnico, etc.).
- – CA4.8. Arranxáronse as incidencias no tempo adecuado e co nivel de calidade esperado.
- Elaboración de guías e manuais de uso de aplicacións.
- Formación ao usuario.
- Resolución de incidencias.