Implantación de Aplicacións Web (Ciclo ASIR)
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Implantación de Aplicacións Web do Ciclo ASIR
- Curso: 1º
- Duración: 55 horas
- Profesorado: Informática
RA1. Prepara o contorno de desenvolvemento e os servidores de aplicacións web instalando e integrando as funcións necesarias
- – CA1.1. Identificouse o software necesario para o seu funcionamento.
- - Análise de requisitos.
- – CA1.2. Identificáronse as tecnoloxías empregadas.
- – CA1.3. Instaláronse e configuráronse servidores web e de bases de datos.
- - Servidor web: instalación e configuración.
- – CA1.4. Recoñecéronse as posibilidades de procesamento nos contornos cliente-servidor.
- – CA1.5. Engadíronse e configuráronse os compoñentes e os módulos necesarios para o procesamento de código no servidor.
- - Módulos e compoñentes necesarios.
- – CA1.6. Instalouse e configurouse o acceso a bases de datos.
- - Sistema xestor de base de datos: instalación e configuración.
- – CA1.7. Estableceuse e verificouse a seguridade nos accesos ao servidor.
- – CA1.8. Utilizáronse plataformas integradas orientadas á proba e ao desenvolvemento de aplicacións web.
- - Procesamento de código: linguaxes de script en cliente e servidor.
- – CA1.9. Documentáronse os procedementos realizados.
- - Utilidades de proba e instalación integrada.
RA2. Selecciona e implanta xestores de contidos e establece a configuración dos seus parámetros
- – CA2.1. Valorouse o uso e a utilidade dos xestores de contidos.
- – CA2.2. Clasificáronse segundo a funcionalidade principal do sitio web que permitan xestionar.
- - Tipos de xestores de contidos.
- – CA2.3. Instaláronse diversos tipos de xestores de contidos.
- - Instalación.
- – CA2.4. Diferenciáronse as súas características (uso, licenza, etc.).
- - Licenzas de uso.
- – CA2.5. Personalizáronse e configuráronse os xestores de contidos.
- - Requisitos de funcionamento.
- - Creación da base de datos.
- - Estrutura.
- - Creación de contidos.
- - Personalización da interface.
- – CA2.6. Activáronse e configuráronse os mecanismos de seguridade proporcionados polos propios xestores de contidos.
- - Mecanismos de seguridade integrados.
- – CA2.7. Realizáronse probas de funcionamento.
- - Verificación do funcionamento e do rendemento.
- – CA2.8. Publicáronse os xestores de contidos.
- - Publicación.
RA3. Administra xestores de contidos e adáptaos aos requisitos, de xeito que se garanta a integridade da información
- – CA3.1. Adaptáronse e configuráronse os módulos do xestor de contidos.
- - Xestión de temas.
- – CA3.2. Creáronse e xestionáronse usuarios con distintos perfís.
- - Usuarios e grupos.
- - Perfís.
- - Control de accesos.
- – CA3.3. Integráronse módulos atendendo a requisitos de funcionalidade.
- - Integración de módulos.
- – CA3.4. Realizáronse copias de seguridade dos contidos.
- - Copias de seguridade.
- – CA3.5. Importáronse e exportáronse contidos en distintos formatos.
- - Importación e exportación da información.
- – CA3.6. Xestionáronse patróns.
- - Patróns.
- – CA3.7. Integráronse funcións de sindicación.
- - Sindicación de contidos.
- – CA3.8. Realizáronse actualizacións.
- – CA3.9. Obtivéronse informes de acceso.
RA4. Xestiona aplicacións de ofimática web integrando funcións, de xeito que se asegure o acceso á información
- – CA4.1. Recoñeceuse a utilidade das aplicacións de ofimática web.
- – CA4.2. Clasificáronse segundo a súa funcionalidade e prestacións específicas.
- - Tipos de aplicacións.
- – CA4.3. Instaláronse aplicacións de ofimática web.
- - Instalación.
- - Integración de aplicacións heteroxéneas.
- – CA4.4. Configuráronse as aplicacións para as integrar nunha intranet.
- - Configuración.
- – CA4.5. Xestionáronse as contas de usuario.
- - Xestión de usuarios.
- – CA4.6. Aplicáronse criterios de seguridade no acceso dos usuarios.
- - Control de accesos.
- - Aseguramento da información.
- – CA4.7. Usáronse as aplicacións de xeito cooperativa.
- – CA4.8. Elaborouse documentación relativa ao uso e á xestión das aplicacións.
RA5. Xera documentos web utilizando linguaxes de guións de servidor
- – CA5.1. Identificáronse as linguaxes de guións de servidor máis salientables.
- - Clasificación.
- – CA5.2. Recoñeceuse a relación entre as linguaxes de guións de servidor e as linguaxes de marcas utilizadas nos clientes.
- - Integración coas linguaxes de marcas.
- – CA5.3. Recoñeceuse a sintaxe básica dunha linguaxe de guións concreta.
- - Sintaxe.
- - Ferramentas de edición de código.
- – CA5.4. Utilizáronse estruturas de control da linguaxe.
- - Elementos da linguaxe.
- - Comentarios.
- – CA5.5. Definíronse e utilizado funcións.
- - Funcións integradas e de usuario.
- - Xestión de errores.
- – CA5.6. Utilizáronse formularios para introducir información.
- - Mecanismos de introdución de información: formularios.
- – CA5.7. Establecéronse e usáronse mecanismos para asegurar a persistencia da información entre distintos documentos web relacionados.
- – CA5.8. Identificáronse e aseguráronse os usuarios que acceden ao documento web.
- - Autenticación de usuarios.
- - Control de accesos.
- – CA5.9. Verificouse o illamento do contorno específico de cada usuario.
- - Sesións.
- - Configuración do intérprete.
RA6. Xera documentos web con acceso a bases de datos utilizando linguaxes de guións de servidor
- – CA6.1. Identificáronse os sistemas xestores de bases de datos máis utilizados en contornos web.
- – CA6.2. Verificouse a integración dos sistemas xestores de bases de datos coa linguaxe de guións de servidor.
- - Integración das linguaxes de script de servidor cos sistemas xestores de base de datos.
- – CA6.3. Configurouse na linguaxe de guións a conexión para o acceso ao sistema xestor de base de datos.
- - Conexión a bases de datos.
- – CA6.4. Creáronse bases de datos e táboas no xestor utilizando a linguaxe de guións.
- - Creación de bases de datos e táboas.
- – CA6.5. Obtívose e actualizouse a información almacenada en bases de datos.
- - Recuperación da información da base de datos desde unha páxina web.
- - Modificación da información almacenada: insercións, actualizacións e borrados.
- - Verificación da información.
- – CA6.6. Aplicáronse criterios de seguridade no acceso dos usuarios.
- - Mecanismos de seguridade e control de accesos.
- – CA6.7. Verificouse o funcionamento e o rendemento do sistema.
- - Xestión de errores.
- - Verificación do funcionamento e probas de rendemento.
RA7. Realiza modificacións en xestores de contidos adaptando a súa aparencia e a súa funcionalidade
- – CA7.1. Identificouse a estrutura de directorios do xestor de contidos.
- – CA7.2. Recoñeceuse a funcionalidade dos ficheiros que utiliza e a súa natureza (código, imaxes, configuración, etc.).
- - Recoñecemento de elementos involucrados.
- – CA7.3. Seleccionáronse as funcionalidades que cumpra adaptar e incorporar.
- – CA7.4. Identificáronse os recursos afectados polas modificacións.
- - Selección de modificacións para realizar.
- - Modificación da aparencia.
- – CA7.5. Modificouse o código da aplicación para incorporar novas funcións e adaptar outras existentes.
- - Incorporación e adaptación de funcionalidades.
- – CA7.6. Verificouse o correcto funcionamento dos cambios realizados.
- - Verificación do funcionamento.
- – CA7.7. Documentáronse os cambios realizados.
- - Documentación.