Administración de Sistemas Operativos (Ciclo ASIR)
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Administración de Sistemas Operativos do Ciclo ASIR
- Curso: 1º
- Duración: 140 horas
- Profesorado: Sistemas e Aplicacións Informáticas
RA1. Administra o servizo de directorio, interpreta especificacións e intégrao nunha rede
- – CA1.1. Identificáronse a función, os elementos e as estruturas lóxicas do servizo de directorio.
- – CA1.2. Determinouse e creouse o esquema do servizo de directorio.
- – CA1.3. Realizouse a instalación do servizo de directorio no servidor.
- – CA1.4. Realizouse a configuración e a personalización do servizo de directorio.
- – CA1.5. Integrouse o servizo de directorio con outros servizos.
- – CA1.6. Aplicáronse filtros de busca no servizo de directorio.
- – CA1.7. Utilizouse o servizo de directorio como mecanismo de acreditación centralizada dos usuarios nunha rede
- – CA1.8. Realizouse a configuración do cliente para a súa integración no servizo de directorio.
- – CA1.9. Utilizáronse ferramentas gráficas e comandos para a administración do servizo de directorio.
- – CA1.10. Documentouse a estrutura e a implantación do servizo de directorio.
RA2. Administra e describe procesos do sistema, aplicando criterios de seguridade e eficiencia
- – CA2.1. Describiuse o concepto de proceso do sistema, os tipos, os estados e o ciclo de vida.
- – CA2.2. Utilizáronse interrupcións e excepcións para describir os eventos internos do procesador.
- – CA2.3. Diferenciouse entre proceso, fío e traballo.
- – CA2.4. Realizáronse tarefas de creación, manipulación e terminación de procesos.
- – CA2.5. Utilizouse o sistema de ficheiros como medio lóxico para o rexistro e a identificación dos procesos do sistema.
- – CA2.6. Utilizáronse ferramentas gráficas e comandos para o control e o seguimento dos procesos do sistema.
- – CA2.7. Comprobouse a secuencia de arranque do sistema, os procesos implicados e a relación entre eles.
- – CA2.8. Tomáronse medidas de seguridade ante a aparición de procesos non identificados.
- – CA2.9. Documentáronse os procesos habituais do sistema, a súa función e a relación entre eles.
RA3. Xestiona a automatización de tarefas do sistema, aplicando criterios de eficiencia e utilizando comandos e ferramentas gráficas.
- – CA3.1. Describíronse as vantaxes da automatización das tarefas repetitivas no sistema.
- – CA3.2. Utilizáronse os comandos do sistema para a planificación de tarefas.
- – CA3.3. Establecéronse restricións de seguridade.
- – CA3.4. Realizáronse planificacións de tarefas repetitivas ou puntuais relacionadas coa administración do sistema.
- – CA3.5. Automatizouse a administración de contas.
- – CA3.6. Instaláronse, configuráronse e utilizáronse ferramentas gráficas para a planificación de tarefas.
- – CA3.7. Utilizáronse ferramentas gráficas para a planificación de tarefas.
- – CA3.8. Documentáronse os procesos programados.
RA4. Administra de xeito remoto o sistema operativo en rede aplicando criterios de seguridade.
- – CA4.1. Describíronse métodos de acceso e administración remota de sistemas.
- – CA4.2. Diferenciouse entre os servizos orientados a sesión e os non orientados a sesión.
- – CA4.3. Utilizáronse ferramentas de administración remota subministradas polo propio sistema operativo.
- – CA4.4. Instaláronse servizos de acceso e administración remota.
- – CA4.5. Utilizáronse comandos e ferramentas gráficas para xestionar os servizos de acceso e administración remota.
- – CA4.6. Creáronse e configuráronse contas de usuario para o acceso remoto.
- – CA4.7. Realizáronse probas de acceso e administración remota entre sistemas heteroxéneos.
- – CA4.8. Utilizáronse mecanismos de encriptación da información transferida.
- – CA4.9. Documentáronse os procesos e os servizos do sistema administrados de xeito remoto.
RA5. Administra servidores de impresión, describe as súas funcións e intégraos nunha rede
- – CA5.1. Describiuse a funcionalidade dos sistemas e dos servidores de impresión.
- – CA5.2. Identificáronse os portos e os protocolos utilizados.
- – CA5.3. Utilizáronse as ferramentas para a xestión de impresoras integradas no sistema operativo.
- – CA5.4. Compartíronse impresoras en rede entre sistemas operativos diferentes.
- – CA5.5. Instalouse e configurouse un servidor de impresión en contorno web.
- – CA5.6. Creáronse e clasificáronse impresoras lóxicas.
- – CA5.7. Creáronse usuarios e grupos de impresión.
- – CA5.8. Xestionáronse impresoras e colas de traballos mediante comandos e ferramentas gráficas.
- – CA5.9. Documentouse a configuración do servidor de impresión e das impresoras creadas
RA6. Integra sistemas operativos libres e propietarios, con garantía da súa interoperabilidade
- – CA6.1. Identificouse a necesidade de compartir recursos en rede entre diferentes sistemas operativos.
- – CA6.2. Establecéronse niveis de seguridade para controlar o acceso do cliente aos recursos compartidos en rede.
- – CA6.3. Comprobouse a conectividade da rede nun escenario heteroxéneo.
- – CA6.4. Describiuse a funcionalidade dos servizos que permitan compartir recursos en rede.
- – CA6.5. Instaláronse e configuráronse servizos para compartir recursos en rede.
- – CA6.6. Comprobouse o funcionamento dos servizos instalados.
- – CA6.7. Traballouse en grupo para acceder a sistemas de ficheiros e impresoras en rede desde equipamentos con diferentes sistemas operativos.
- – CA6.8. Documentouse a configuración dos servizos instalados.
RA7. Utiliza linguaxes de guións en sistemas operativos para administrar os seus servizos.
- – CA7.1. Utilizáronse e combináronse as estruturas da linguaxe para crear guións.
- – CA7.2. Utilizáronse ferramentas para depurar erros sintácticos e de execución.
- – CA7.3. Interpretáronse guións de configuración do sistema operativo.
- – CA7.4. Realizáronse cambios e adaptacións de guións do sistema.
- – CA7.5. Creáronse e probáronse guións de administración de servizos e de tarefas.
- – CA7.6. Implantáronse guións en sistemas libres e propietarios.
- – CA7.7. Consultáronse e utilizáronse librarías de funcións.
- – CA7.8. Documentáronse os guións creados.