Montaxe e Mantemento de Equipamentos (Ciclo SMR)

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Montaxe e Mantemento de Equipamentos do Ciclo SMR.

  • Curso:
  • Duración: 240 horas
  • Profesorado: Sistemas e Aplicacións Informáticas

RA1. Recoñece a arquitectura e os elementos funcionais dun equipamento microinformático, e identifica a súa función

– CA1.1. Recoñecéronse as unidades de medida que describen as características dos compoñentes físicos dun equipamento microinformático.
- Sistemas de numeración
- Capacidade de almacenamento da información
- Velocidade de procesamento
- Taxa de transferencia
- Rendemento dun PC


– CA1.2. Describíronse os bloques que compoñen un equipamento microinformático e as súas funcións.
– CA1.3. Relacionáronse os bloques internos coa súa funcionalidade.
– CA1.4. Identificáronse os elementos que compoñen cada bloque.
– CA1.5. Describíronse as características principais dos elementos que compoñen cada bloque.
- División dos sistemas dixitais por tamaño
- Índice gráfico e diagrama de bloques dun PC
- Estrutura Físico-Funcional dun PC


– CA1.6. Describiuse o proceso de arranque dun equipamento microinformático.

RA2. Recoñece a arquitectura de placas base e identifica a súa evolución asociada á evolución dos microprocesadores

– CA2.1. Enumeráronse os formatos de placas base dispoñibles no mercado.


– CA2.2. Localizáronse e describíronse os tipos de conectadores para periféricos.


– CA2.3. Enumeráronse os tipos de chipsets existentes.


– CA2.4. Localizáronse os zócolos para os módulos de memoria.


– CA2.5. Recoñecéronse os buses e as súas características principais.


– CA2.6. Describíronse as características e as utilidades máis importantes da configuración da placa base.


– CA2.7. Describíronse as características dos microprocesadores (frecuencia, tensións, potencia, zócolos, etc.).
- Introdución e características principais dos microprocesadores
- Evolución dos microprocesadores
- Conexión do microprocesador na placa
- Principais fabricantes de microprocesadores


– CA2.8. Describiuse a función dos disipadores e dos ventiladores.

RA3. Analiza a función dos compoñentes que integran un equipamento microinformático estándar, e compara prestacións de diversos fabricantes

– CA3.1. Avaliáronse tipos de chasis para a placa base e para o resto de compoñentes.


– CA3.2. Identificáronse e manipuláronse os compoñentes básicos (módulos de memoria, discos fixos e as súas controladoras, soportes de memorias auxiliares, etc.).
- Microprocesadores
- Memoria RAM
- Discos fixos e controladoras de disco


– CA3.3. Identificáronse e manipuláronse adaptadores e tarxetas de expansión (gráficos, LAN, modems, etc.).


– CA3.4. Identificáronse os elementos que acompañan un compoñente de integración (documentación, controladores, cables, utilidades, etc.).


– CA3.5. Identificáronse os periféricos típicos dun equipamento.
– CA3.6. Describíronse as súas funcións e as características básicas dos periféricos típicos dun equipamento.


RA4. Ensambla un equipamento microinformático, para o que interpreta a documentación técnica, e verifica o resultado final

– CA4.1. Seleccionáronse as ferramentas e os útiles necesarios para a ensamblaxe de equipamentos microinformáticos.


– CA4.2. Interpretouse a documentación técnica dos compoñentes para ensamblar nos idiomas máis empregados pola industria.


– CA4.3. Determinouse o sistema de apertura e pechamento do chasis, así como os sistemas de fixación para ensamblar e desensamblar os elementos do equipamento.
– CA4.4. Ensambláronse conxuntos de placa base, microprocesador e elementos de refrixeración en varios modelos de chasis, segundo as especificacións dadas.
  • Refrixeración do procesador e do equipamento microinformático en xeral.
– CA4.5. Ensambláronse os módulos de memoria RAM, os discos fixos, as unidades de lectura e gravación en soportes de memoria auxiliar, e o resto dos compoñentes da unidade central.
– CA4.6. Configuráronse parámetros básicos do conxunto accedendo á configuración da placa base.
– CA4.7. Executáronse utilidades de revisión e diagnóstico para verificar as prestacións do conxunto ensamblado.
– CA4.8. Realizouse un informe de montaxe.

RA5. Mide parámetros eléctricos, identificando o tipo de sinal e a súa relación coas súas unidades características

– CA5.1. Identificouse o tipo de sinal para medir co aparello correspondente.
– CA5.2. Seleccionouse a magnitude e o rango de medida, e conectouse o aparello segundo a magnitude para medir.
– CA5.3. Relacionouse a medida obtida cos valores típicos.
  • Conceptos de tensión, corrente, resistencia e potencia.
  • Tipos de sinais.
  • Valores tipo.
  • Utilización de instrumentación básica de medición: polímetro.
– CA5.4. Identificáronse os bloques dunha fonte de alimentación para un computador persoal.
  • Bloques dunha fonte de alimentación.
– CA5.5. Enumeráronse as tensións achegadas por unha fonte de alimentación típica.
– CA5.6. Medíronse as tensións en fontes de alimentación típicas de computadores persoais.
– CA5.7. Identificáronse os bloques dun sistema de alimentación ininterrompida.
– CA5.8. Medíronse os sinais nos puntos significativos dun sistema de alimentación ininterrompida.
  • Bloques dos sistemas de alimentación ininterrompida.

RA6. Mantén equipamentos informáticos, para o que interpreta as recomendacións de fábrica e relaciona as disfuncións coas súas causas

– CA6.1. Recoñecéronse os sinais acústicos e visuais que avisan de problemas no hardware dun equipamento.
  • Técnicas de mantemento preventivo.

– CA6.2. Identificáronse e arranxáronse as avarías producidas por sobrequecemento do microprocesador.

– CA6.3. Identificáronse e arranxáronse avarías típicas dun equipamento microinformático (mala conexión de compoñentes, incompatibilidades, problemas en discos fixos, sucidade, etc.).
– CA6.4. Identificáronse e arranxáronse problemas mecánicos en equipamentos microinformáticos (faios en soldaduras, en engrenaxes de compoñentes, etc.) .
– CA6.5. Substituíronse compoñentes deteriorados.
– CA6.6. Verificouse a compatibilidade dos compoñentes substituídos.
– CA6.7. Realizáronse actualizacións e ampliacións de compoñentes.
– CA6.8. Elaboráronse informes de avaría (reparación ou ampliación).


  • Detección de avarías nun equipamento microinformático.
  • Sinais de aviso, luminosos e acústicos.
  • Fallos comúns.
  • Soldar con estaño.
  • Ampliacións de hardware.
  • Incompatibilidades.

RA7. Instala sistemas operativos, para o que consulta e interpreta a documentación técnica

– CA7.1. Verificouse a idoneidade do hardware.
– CA7.2. Seleccionouse o sistema operativo.
– CA7.3. Elaborouse un plan de instalación.
– CA7.4. Configuráronse parámetros básicos da instalación.
– CA7.5. Configurouse o xestor de arranque.
– CA7.6. Describíronse as incidencias da instalación.
– CA7.7. Respectáronse as normas de utilización do software (licenzas).
– CA7.8. Actualizouse o sistema operativo.
– CA7.9. Describíronse as utilidades para a creación de imaxes de disco e das súas particións.
– CA7.10. Preparouse o sistema operativo para a creación de imaxes.
– CA7.11. Creáronse imaxes dos sistemas operativos instalados para a súa posterior recuperación ou clonación noutros equipamentos.
  • Requisitos técnicos do sistema operativo.
  • Arranque de equipos dende distintos soportes e con distintas aplicacións.
  • Instalación de sistemas operativos.
  • Xestores de arranque.
  • Tipos de instalación: típica e personalizada.
  • Controladores de dispositivos.
  • Parámetros básicos da instalación.
  • Actualización de sistemas operativos e instalación de software base.
  • Preparación dos sistemas operativos para a posterior creación de imaxes.
  • Software para a creación de imaxes do sistema operativo

RA8. Instala software nun equipamento informático utilizando unha imaxe almacenada nun soporte de memoria, e xustifica o procedemento seguido

– CA8.1. Recoñeceuse a diferenza entre unha instalación estándar e unha preinstalación de software.
– CA8.2. Identificáronse e probáronse as secuencias de arranque configurables na placa base.
– CA8.3. Iniciáronse equipamentos desde diversos soportes de memoria auxiliar.
– CA8.4. Restauráronse sobre o disco fixo imaxes almacenadas en soportes locais e remotos.
  • Utilidades para a restauración de imaxes de disco e das súas particións.
  • Restauración de imaxes.

RA9. Aplica novas tendencias na ensamblaxe de equipamentos microinformáticos, e identifica as súas vantaxes tendo en conta as características de uso dos equipamentos

– CA9.1. Recoñecéronse as novas posibilidades para lle dar forma ao conxunto do chasis e a placa base.
– CA9.2. Describíronse as prestacións e as características dalgunhas das plataformas semiensambladas (“barebones”) máis representativas do momento.
  • Emprego de plataformas semiensambladas (“barebones”) para a montaxe de equipa-mentos.
– CA9.3. Describíronse as características dos computadores de entretemento multimedia (HTPC), os chasis e os compoñentes específicos empregados na súa ensamblaxe.
  • Ordenador multimedia de salón: HTPC.
– CA9.4. Describíronse as características diferenciais que demandan os equipamentos informáticos empregados noutros campos específicos de aplicación.
  • Equipos con demandas específicas (estacións de vídeo, CAD-CAM,...).
– CA9.5. Avaliouse a presenza da informática móbil como mercado emerxente, cunha alta demanda en equipamentos e dispositivos con características específicas: móbiles, PDA, navegadores, etc.
  • Informática móbil.
  • Sistemas de posicionamento e navegación.
  • PDAs e Móbiles.
– CA9.6. Avaliouse a presenza do “modding” como corrente alternativa á ensamblaxe de equipamentos microinformáticos.
  • Modding.
– CA9.7. Instaláronse sistemas operativos adaptados para o seu uso en dispositivos con características específicas.
  • Sistemas operativos singulares.

RA10. Mantén periféricos, para o que interpreta as recomendacións de fábrica dos equipamentos e relaciona as disfuncións coas súas causas

– CA10.1. Identificáronse e solucionáronse problemas mecánicos en periféricos de

impresión estándar.

– CA10.2. Substituíronse consumibles en periféricos de impresión estándar.
– CA10.3. Identificáronse e arranxáronse problemas mecánicos en periféricos (faios

en soldaduras, en engrenaxes, etc.) .

– CA10.4. Recoñecéronse os usos e os ámbitos de aplicación dos periféricos de captu-

ra de imaxes dixitais fixas e en movemento.

– CA10.5. Recoñecéronse os usos e os ámbitos de aplicación doutros periféricos mul-

timedia.

– CA10.6. Recoñecéronse os usos e os ámbitos de aplicación de equipamentos de fo-

tocopia, impresión dixital profesional e filmaxe.

– CA10.7. Aplicáronselles aos periféricos técnicas de mantemento preventivo.
  • Periféricos de entrada.
  • Periféricos de saída.
  • Periféricos multimedia.
  • Impresoras.
  • Monitores.
  • Periféricos para a adquisición de imaxes fixas e en movemento.
  • Videoproxectores. Fixación e conexión.
  • Técnicas de mantemento preventivo.
  • Técnias de reparación de problemas mecánicos en periféricos.

RA11. Cumpre as normas de prevención de riscos laborais e de protección ambiental, identificando os riscos asociados, así como as medidas e os equipamentos para previr estes riscos

– CA11.1. Identificáronse os riscos e o nivel de perigo que supón a manipulación de materiais, ferramentas, útiles, máquinas e medios de transporte.
– CA11.2. Respectáronse, en todo momento, as normas de seguridade.
– CA11.3. Identificáronse as causas máis frecuentes de accidentes na manipulación de materiais, ferramentas, etc.
– CA11.4. Describíronse os elementos de seguridade das máquinas (proteccións, alarmas, pasos de emerxencia, etc.) e os equipamentos de protección individual (calzado, protección ocular, indumentaria, etc.) que se deben empregar nas operacións de montaxe e mantemento.
– CA11.5. Relacionouse a manipulación de materiais, ferramentas e máquinas, coas medidas de seguridade e protección persoal requiridas.
– CA11.6. Identificáronse as fontes de contaminación do contorno ambiental.
– CA11.7. Clasificáronse os residuos xerados, para a súa retirada selectiva.
– CA11.8. Valorouse a orde e a limpeza de instalacións e equipamentos como primeiro factor de prevención de riscos
  • Identificación de riscos.
  • Determinación das medidas de prevención de riscos laborais.
  • Prevención de riscos laborais nos procesos de montaxe e mantemento.
  • Equipamentos de protección individual.
  • Cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
  • Cumprimento da normativa de protección ambiental.