Zócalos para memoria RAM

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Aprende.png
Nota

Antes de ver este apartado é interesante ler o que fala sobre módulos de memoria RAM.


Está claro que teremos tantos tipos de zócalos para RAM como distintos tipos de módulos existen no mercado:

  • Zócalo para memoria SDRAM: Fixarse que teñen dous salientes para que encaixen as muescas dos módulos de memoria. Un saliente está case no centro e un cara un lado do slot.
Slot-sdram.jpg

  • Zócalo para memoria RDRAM ou RAMBUS: Este zócalo en moi raro que se atope nunha placa hoxe en día. Así e todo fixarse que tamén ten dous salientes pero, esta vez, están os dous practicamente centrados no zócalo.
Slot-rambus.jpg

  • Zócalo para memoria DDR, DDR2, DDR3 ou DDR4: A simple vista estes zócalos son practicamente iguais, na foto non se distinguirían e por iso poñemos unha soa imaxe, pois todos os zócalos admiten módulos dunha única muesca. Aínda que, debe quedar claro que, tal e como se comenta no apartado sobre módulos de memoria RAM, os módulos non son compatibles (distintas voltaxes, distinto número de pines e muesca en distinta posición) e será imposible instalar un módulo DDR nun zócalo DDR2 ou ao revés, e, exactamente coa DDR3 y DDR4.
Slot-ddr.jpg

  • Zócalos para memoria Multi-channel DDR: Moitas placas con zócalos para DDR-SDRAM implementan unha tecnloxía que, colocando nela varios módulos idénticos, permiten multiplicar por 2, 3 ou 4 a velocidade de transferencia entre a memoria e o Micro (ou Ponte Norte).
  • Zócalos que soportan Dual-DDR, Dual-DDR2, Dual-DDR3 ou Dual-DDR4: Moitas placas que montan memoria DDR, e todas as que montan DDR2, DDR3 e DDR4 soportan a tecnoloxía denominada Dual-Channel DDR(2)(3)(4). Neste caso os zócalos virán separados de dous en dous, a separación poderá ser física ou, simplemente, por cores. Para que traballen en modo Dual-DDR(2)(3)(4) débese instalar os módulos de memoria idénticos de dous en dous, un en cada un dos zócalos que teñen a mesma cor (este é o caso normal, pero, coma sempre, mellor ler o manual para cercionarse). No caso de que non teñamos diferenza de cores, ler o manual da placa.
Moitas placas con Dual-DDR(2)(3)(4) e con 4 Slots para memoria non soportan que se instalen 3 módulos de memoria RAM. Como sempre,¡O mellor é ler o manual!.
Slot-dual-ddr.jpg
  • Con DDR3 e DDR4 xa atopamos placas que soportan as tecnoloxías Triple-Channel DDR e Quadruple-Channel DDR. Na seguinte imaxe vemos os zócalos dunha placa có socket Intel X99 que ten 8 slots para módulos DDR4. Tamén vemos unha táboa onde se indica cómo devemos colocalos:
ZocalosDDR4 1.png
ZocalosDDR4 2.png
Volver