Conector da fonte de alimentación

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Conectores-fonte-alimentacion.jpg

Nas placas base podemos atopar distintos tipos de conectores para a fonte de alimentación, os existentes ata o de agora podemos velos na imaxe da dereita:

Como se comenta no apartado de AT a ATX, nesa evolución tan importante das placas base tamén se cambiou o conector da fonte de alimentación.

Pero, a partires dese cambio o conector aínda seguiu evolucionando, o primeira evolución foi o de aparecer na placa outro conector mais, de só catro pines, especialmente introducido para alimentar a tarxeta gráfica (Conector ATX-12V). ---- Recorda sempre que este conector é obrigatorio telo conectado ----

A seguinte evolución foi a de pasar dun conector de 20 pines a outro máis grande (e compatible có anterior) de 24 pines, estes novos 4 pines aparecen para darlle mais potencia ás rañuras PCI-Express. Así e todo, dicir que o conector ATX-12V segue existindo nestas placas. ---- Estes novos 4 pines do conector ATX NON é obrigatorio telos conecados para que o ordenador arranque. ----

ATX12v-8pin.jpg

A seguinte modificación nas fontes de alimentación ATX é o paso do conector ATX12V de 4 a 8 pines, estes novos 4 pines aparecen para dar mais potencia ao microprocesador e así permitir que micros con mais consumo, ou cós que se esté a facer Overclocking, non teñan problemas de funcionamento. ---- Neste caso, con ter conectados 4 dos 8 pines o ordenador xa arrancará. ----

Para ver a situación dos conectores da fonte de alimentación nas placas base e, como estes foron evolucionando ao longo dos anos, podemos acceder á sección "Exemplos de placas base".

TodosATX.png

Na seguinte imaxe vemos a páxina dun manual dunha placa ASUS do ano 2015 onde se indican as características dos conectores da fonte de alimentación e da propia fonte:
InfoFuentePlaca.png

-- Volver