Montaxe da placa base na caixa

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda
Unboxmother.jpg

As caixas teñen nunha das súas caras internas unha serie de buracos onde se atornillará a placa base. Notaremos que o número de buracos existentes na caixa é maior que os necesarios para atornillar calquera das placas que vaiamos a instalar, iso é normal pois nunha caixa de tipo ATX poderemos meter unha placa de calquera dos factores de forma (Factor de Forma das placas base) existentes no mercado. Así, o primeiro que debemos facer é "presentar" a placa no interior da caixa e comprobar cales de eses buracos imos empregar.

Hai que ter en conta que a placa NON se atornilla directamente na caixa, se fixéramos así a parte de abaixo da placa, que é metálica, tocaría directamente coa caixa (que tamén é metálica) e se producirían cortocircuítos na placa que farían que esta se queimara... Así, para instalar a placa base na caixa hai que colocar nesta última uns separadores metálicos tal e como se amosa na seguinte imaxe:

Montarplacaencaixa1.jpg

Deste xeito a placa queda atornillada perfectamente á caixa. Non esquecer poñer suficientes separadores, tanto metálicos (que fan as veces de conductores á terra da electricidade estática da placa cara a caixa) como plásticos, estes últimos se fosen necesarios para facer que non queden zonas onde posiblemente teñamos que facer presión para colocar algunha tarxeta de expansión ou conector na placa. É importante que a placa quede con boa base pois, se non é así, esta podería estalar ó facer presión sobre ela.

Montarplacaencaixa2.jpg

Chegado a este punto só falta conectar o panel frontal da caixa á placa para así poder acender/apagar o equipo, resetealo e facer que os leds funcionen axeitadamente:

Conectarpanelfrontal.jpg

Para que o panel frontal quede ben colocado hai que ter a man o manual da placa (algo fundamental) e hai que ter en conta dúas cousas:

  • Se o elemento a conectar é un pulsador (o de accendido ou o de reset) da igual cómo se coloque o conector.
  • Se o elemento a conectar é un led (o de acendido ou o de lectura do disco duro) si importa cómo se coloca o conector. Neste caso hai que ter en conta que no sinalado como + na placa ou no manual ten que ir o cable de cor do conector (o que non sexa branco).


-- Volver