Sistemas de Numeración e Unidades máis empregadas

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Saltar a: navegación, buscar

Sistemas de numeración

Os sistemas de numeración son un conxunto de regras que permiten representar todos os números posibles. Para o estudo do hardware dos sistemas informáticos interésanos coñecer, sobre todo, catro tipos de sistemas de numeración e como converter os números representados dun sistema a outro. Estes catro sistemas de numeración son: O sistema binario, o octal, o decimal e o hexadecimal.

Todos estes sistemas de numeración son posicionais, é dicir, que importa na posición onde atopemos cada un dos símbolos que representan un número.

Dentro dun número, a cada símbolo se lle denomina díxito (díxito decimal, díxito binario,...).

Os díxitos organízanse segundo o valor ascendente, sendo o máis baixo o situado á dereita e o máis alto situado á esquerda. Por esa razón o díxito situado máis a esquerda na representación dun número se lle coñece como o díxito máis significativo e ao situado á dereita como o díxito menos significativo.

Neste intre, dos sistemas de numeración, nos interesan ter claros dous detalles fundamentais: que no sistema binario con n bits conseguimos representar 2n números distintos e, como non, coñecer métodos rápidos e eficaces de converter números representados dun sistema a outro.

Se ves que precisas máis información sobre sistemas de numeración e codificación da información visita o seguinte apartado Codificación da información onde se fai un estudo mais preciso.

Capacidade de almacenamento da información

Os equipos informáticos traballan con información binaria polo que a unidade mínima é o bit . Pero, normalmente, como unidade básica de información tómase o byte que son oito bits.

Os prefixos empregados para medidas de byte (e de bit) históricamente tomáronse os mesmos que os prefixos do Sistema Internacional empregados para outras medidas, pero isto trouxo como confusión 210 = 1.024 non é 103 = 1.000.

Para terminar coa confusión provocada polo emprego de dúas interpretacións diferentes para estes prefixos, no 1999 o comité técnico 25 (cantidades e unidades) da Comisión Electrotécnica Internacional (CEI) publicou a Enmenda 2 da norma CEI 60027-2: Letter symbols to be used in electrical technology - Part 2: Telecommunications and electronics (IEC 60027-2: Símbolos de letras para usarse en tecnoloxía eléctrica - Parte 2: Telecomunicaciones e electrónica, en inglés); e no 2005 a CEI publicou a terceira edición. Esta norma, publicada orixinalmente en 1998, introduce os prefixos kibi, mebi, gibi, tebi, pebi e exbi, nomes formados coas primeiras dúas letras de cada prefixo do SI e o sufixo bi por "binario". A norma tamén estipula que os prefixos SI sempre terán os valores de potencias de 10 e nunca deberán ser usados como potencias de 2.

Nas seguintes táboas vemos os sufixos empregados para factores decimais e para factores binarios:

  • Factores Decimais:
Nome Abreviatura Factor
KiloByte KB 103 Bytes = 1.000 Bytes
MegaByte MB 106 Bytes = 1.000.000 Bytes
GigaByte GB 109 Bytes = 1.000.000.000 Bytes
TeraByte TB 1012 Bytes = 1.000.000.000.000 Bytes
PetaByte PB 1015 Bytes = 1.000.000.000.000.000 Bytes
ExaByte EB 1018 Bytes = 1.000.000.000.000.000.000 Bytes
ZettaByte ZB 1021 Bytes = 1.000.000.000.000.000.000.000 Bytes
YottaByte YB 1024 Bytes = 1.000.000.000.000.000.000.000.000 Bytes
BrontoByte BB 1027 Bytes = 1.000.000.000.000.000.000.000.000.000 Bytes
GeopByte GeB 1030 Bytes = 1.000.000.000.000.000.000.000.000.000.000 Bytes
  • Factores Binarios:
Nome Abreviatura Factor
KibiByte KiB 210 Bytes = 1.024 Bytes
MebiByte MiB 220 Bytes = 1.048.576 Bytes
GibiByte GiB 230 Bytes = 1.073.741.824 Bytes
TebiByte TiB 240 Bytes = 1.099.511.627.776 Bytes
PebiByte PiB 250 Bytes = 1.125.899.906.842.624 Bytes
ExbiByte EiB 260 Bytes = 1.152.921.504.606.846.976 Bytes
ZebiByte ZiB 270 Bytes = 1.180.591.620.717.411.303.424 Bytes
YobiByte YiB 280 Bytes = 1.208.925.819.614.629.174.706.176 Bytes
BrontoByte???? BB 290 Bytes = 1.237.940.039.285.380.274.899.124.224 Bytes
GeopByte???? GeB 2100 Bytes = 1.267.650.600.228.229.401.496.703.205.376 Bytes

Velocidade de procesamento

Mídese en ciclos/segundo (Hercios - Hz) e trátase da inversa do tempo que lle leva a un sistema dixital en facer unha tarefa individual e, polo tanto, indica cantas desas tarefas individuais faría o sistema nun segundo. Esas tarefas poden ser, dende enviar un bit, ou varios, por unha canle de datos nun sistema dixital de comunicacións, ata facer unha operación básica (suma, desprazamento,...) no caso dun procesador.

Os múltiplos do hercio no Sistema Internacional os podemos ver na seguinte táboa:

Nome Abreviatura Factor
kilohercio kHz 103 Hz = 1.000 hercios
Megahercio MHz 106 Hz = 1.000.000 hercios
Gigahercio GHz 109 Hz = 1.000.000.000 hercios
Terahercio THz 1012 Hz = 1.000.000.000.000 hercios
Petahercio PHz 1015 Hz = 1.000.000.000.000.000 hercios
Exahercio EHz 1018 Hz = 1.000.000.000.000.000.000 hercios

Taxa de transferencia

É a velocidade á que se transmiten os datos por unha canle, tamén se pode denominar bit rate . A taxa de transferencia mídese en bits/segundo ou bps e, como non, tamén ten múltiplos tal e como vemos na seguinte táboa:

Nome Abreviatura Factor
kilobit/segundo kbps 103 bits cada segundo
Megabit/segundo Mbps 106 bits cada segundo
Gigabit/segundo Gbps 109 bits cada segundo
Byte/segundo B/s 8 bits cada segundo
kiloByte/segundo kB/s 103 bytes cada segundo ou 8.000 bits cada seg.
MegaByte/segundo MB/s 106 bytes cada segundo
GigaByte/segundo GB/s 109 bytes cada segundo
  • GT/s
- Hoxe en día, moitos dispositivos nos dan a velocidade de transferencia de datos cunha unidade denominada gigatransfers per second - GT/s. Neste caso nos están indicando, tal e como di o seu nome, "o número de transferencias de información por segundo" (hai que recordar que giga é 109).
- Para calcular o bit rate teremos que coñecer tamén o ancho do bus do que estamos a falar. Non é o mesmo que se trate dun bus serie (ancho de 1 bit), un bus paralelo de 8 bits ou, non digamos, de un bus que en cada transferencia de datos envíe 8 Bytes (por exemplo no caso da memoria RAM).
- Por exemplo, un bus que traballe a 1 GT/s cun ancho de 64 bits (8 Bytes) terá un bit rate de:
8 x 109 B/s = 8 GB/s

Rendemento dun PC

FLOPS é o acrónimo de FLoating point Operations Per Second (operacións de punto flotante por segundo). Úsase como unha medida do rendemento dunha computadora, especialmente en cálculos científicos que requiren un gran uso de operacións de coma flotante.

Ollo! : FLOPS, ao ser un acrónimo, non debe nomearse nunca en singular como FLOP, xa que a S final alude a second (segundo) e non ao plural.
Nome Abreviatura Factor
megaFLOPS MFLOPS 106 FLOPS
gigaFLOPS GFLOPS 109 FLOPS
teraFLOPS TFLOPS 1012 FLOPS
petaFLOPS PFLOPS 1015 FLOPS
exaFLOPS EFLOPS 1018FLOPS

-- Volver