Aplicacións Web (Ciclo SMR)
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Aplicacións web do Ciclo SMR
- Curso: 2º
- Duración: 123 horas
- Profesorado: Informática
RA1. Instala xestores de contidos configurados consonte certos requisitos, e identifica as súas aplicacións
- – CA1.1. Estableceuse a utilidade dun xestor de contidos.
- – CA1.2. Identificáronse os requisitos para instalar xestores de contidos.
- – CA1.3. Realizáronse instalacións de xestores de contidos.
- – CA1.4. Xestionáronse usuarios con diversos papeis.
- – CA1.5. Personalizouse a interface do xestor de contidos.
- – CA1.6. Realizáronse tarefas de actualización do xestor de contidos, nomeadamente as de seguridade.
- – CA1.7. Instaláronse e configuráronse os módulos e os menús necesarios.
- – CA1.8. Activáronse e configuráronse os mecanismos de seguridade achegados polo propio xestor de contidos.
- – CA1.9. Habilitáronse foros e establecéronse regras de acceso.
- – CA1.10. Realizáronse probas de funcionamento.
- – CA1.11. Realizáronse copias de seguridade dos contidos do xestor.
- Definición dos conceptos básicos: tipos e características.
- Instalación en sistemas operativos libres e propietarios.
- Creación de usuarios e grupos de usuarios.
- Utilización da interface gráfica.
- Personalización do contorno empregando as ferramentas propias do xestor de contidos.
- Personalización do contorno empregando linguaxes de marcaxe.
- Funcionalidades proporcionadas polo xestor de contidos.
- Sindicación.
- Funcionamento dos xestores de contidos.
- Actualizacións do xestor de contidos.
- Configuración de módulos e menús.
- Informes de accesos.
- Mecanismos de seguridade.
- Copias de seguridade.
RA2. Instala sistemas de xestión de aprendizaxe a distancia, e identifica a estrutura do sitio e a xerarquía de directorios xerada
- – CA2.1. Instaláronse xestores de aprendizaxe.
- – CA2.2. Recoñeceuse a estrutura do sitio e a xerarquía de directorios xerada.
- – CA2.3. Realizáronse modificacións na estética ou no aspecto do sitio.
- – CA2.4. Manipuláronse e xeráronse perfís personalizados.
- – CA2.5. Instaláronse e configuráronse novos módulos no sitio.
- – CA2.6. Comprobouse a funcionalidade das comunicacións mediante foros, consultas, etc.
- – CA2.7. Importáronse e exportáronse contidos en varios formatos.
- – CA2.8. Realizáronse copias de seguridade e restauracións.
- – CA2.9. Realizáronse informes de acceso ao sitio e da súa utilización.
- – CA2.10. Comprobouse a seguridade do sitio.
- Conceptos básicos: tipos e características.
- Elementos lóxicos: comunicación, materiais e actividades.
- Instalación en sistemas operativos libres e propietarios.
- Modos de rexistro.
- Interface gráfica asociada.
- Personalización do contorno.
- Navegación e edición.
- Creación de cursos seguindo especificacións.
- Xestión de usuarios e grupos.
- Activación de funcionalidades.
- Realización de copias de seguridade e a súa restauración.
- Realización de informes.
- Elaboración de documentación orientada á formación de usuarios.
RA3. Instala servizos de xestión de ficheiros web, identifica as súas aplicacións e verifica a súa integridade
- – CA3.1. Estableceuse a utilidade dun servizo de xestión de ficheiros web.
- – CA3.2. Describíronse aplicacións de xestión de ficheiros web.
- – CA3.3. Instalouse e adaptouse unha ferramenta de xestión de ficheiros web.
- – CA3.4. Creáronse e clasificáronse contas de usuario en función dos seus permisos.
- – CA3.5. Xestionáronse ficheiros e directorios.
- – CA3.6. Utilizáronse ficheiros de información adicional.
- – CA3.7. Aplicáronse criterios de indexación sobre os ficheiros e os directorios.
- – CA3.8. Comprobouse a seguridade do xestor de ficheiros.
- Conceptos básicos: tipos e características.
- Instalación.
- Navegación e operacións básicas.
- Administración do xestor.
- Usuarios e permisos.
- Tipos de usuario.
- Creación de recursos compartidos.
- Creación de informes.
- Estrutura de directorios seguindo especificacións.
- Comprobación da seguridade do xestor.
RA4. Instala aplicacións de ofimática web, e identifica as súas características e os seus contornos de uso
- – CA4.1. Estableceuse a utilidade das aplicacións de ofimática web.
- – CA4.2. Describíronse aplicacións de ofimática web (procesador de textos, folla de cálculo, etc.).
- – CA4.3. Instaláronse aplicacións de ofimática web.
- – CA4.4. Xestionáronse as contas de usuario.
- – CA4.5. Aplicáronse criterios de seguridade no acceso de usuarios.
- – CA4.6. Recoñecéronse as prestacións específicas de cada aplicación instalada.
- – CA4.7. Utilizáronse as aplicacións de xeito colaborativo.
- Conceptos básicos: tipos e características.
- Instalación.
- Utilización das aplicacións instaladas.
- Xestión de usuarios e permisos asociados.
- Comprobación da seguridade.
- Realización de informes.
- Elaboración de documentación orientada á formación.
RA5. Instala aplicacións web de escritorio, e identifica as súas características e os seus contornos de uso
- – CA5.1. Describíronse aplicacións web de escritorio.
- – CA5.2. Instaláronse aplicacións para prover de acceso web o servizo de correo electrónico.
- – CA5.3. Configuráronse as aplicacións para as integrar cun servidor de correo.
- – CA5.4. Xestionáronse as contas de usuario.
- – CA5.5. Verificouse o acceso ao correo electrónico.
- – CA5.6. Instaláronse aplicacións de calendario web.
- – CA5.7. Recoñecéronse as prestacións específicas das aplicacións instaladas (citas, tarefas, etc.).
- – CA5.8. Utilizáronse as aplicacións de xeito colaborativo
- Conceptos básicos: tipos e características.
- Aplicacións de correo web.
- Aplicacións de calendario web.
- Instalación.
- Xestión de usuarios.
- Elaboración de documentación orientada á formación.