Instalación de Windows 7

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 13:07 2 oct 2016 de Carrion (discusión | contribs.) (→‎Parámetros da máquina virtual)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 01 C.jpg

  • Neste apartado veranse os pasos básicos de instalación de Windows 7 na plataforma de virtualización VirtualBox.
    • Este é o S.O. Windows recomendado para aqueles que dispoñen de pouca RAM no ordenador host.


Aprende.png
LEMBRA QUE...


Neste curso pártese de que o alumnado ten certa familiaridade con Windows. De non ser así pódese comezar por botarlle unha ollada a un curso anterior sobre Windows 2003 que está en PDF na plataforma manuais do IES San Clemente http://informatica.iessanclemente.net/manuais , baixo o epígrafe de Sistemas operativos: Windows: Windows 2003. Windows#Windows_2003


  • Antes de continuar con todos estes pasos o usuario debe asegurarse de que dispón dunha imaxe ISO do Sistema Operativo Windows que desexa instalar. Nós utilizamos Windows 7 Enterprise N 64 bits. Se es estudante dun centro que teña o programa de licencias de MSDAA podes solicitarlla ao encargado de xestionar ese programa. Por que escollemos esta versión?, porque é multilingüe: no mesmo sistema pódense ter varios idiomas instalados e cada usuario escoller o que desexe. Quen o desexe pode usar a versión de 32 bits.
  • Tamén se realizaron as probas co sistema Windows 8.1 Enterprise 64 bits e Windows 10 Education, obtendo os mesmos resultados que con Windows 7, coa diferenza de que o interface de usuario é distinto.
  • Imos comezar por crear una nova Máquina Virtual, esta ten:
    • Unha memoria RAM: imos coller a que vén por defecto. Esta memoria RAM é "roubada" da memoria real do equipo host.
    • Un disco duro: que é un ficheiro que se vai almacenar onde se indique (por defecto dentro dunha carpeta da que se indicou na ficha Xeral das preferencias de VirtualBox, Parámetros de configuración de VirtualBox). Imos coller o tamaño que suxira o sistema por defecto. O ficheiro no que se almacena o disco duro da máquina virtual pode ser de:
      • Expansión dinámica: aínda que se indique que o disco duro virtual vai ter un tamaño de 25 GB, este ficheiro no disco real só vai ocupar o que se teña almacenado no disco virtual. Como máximo o tamaño deste ficheiro no disco real será de 25 GB.
      • Tamaño fixo: se se indica que o disco duro virtual vai ter un tamaño de 25 GB, a plataforma de virtualización crea un ficheiro no disco real de 25 GB, aínda que o disco virtual estea consumindo a metade.

Creación dunha máquina virtual

Xa está creada a máquina virtual. Logo, máis adiante amosarase en que lugares se almacena cada unha das cousas que compoñen a máquina virtual. Se tes curiosidade podes ir ver o contido da carpeta wclient creada dentro da carpeta xeral de VirtualBox (establecida nos parámetros de configuración de VirtualBox)

Parámetros da máquina virtual

Acender máquina virtual

Instalación do S.O. MS Windows 7

Asegurase de ter xa unha imaxe ISO do sistema operativo Windows?.

Actualización do S.O.

Unha vez que se remata de instalar un sistema operativo o seguinte paso sería actualizalo. Este paso non é obrigatorio realizalo, pero si é altamente recomendable, e por tanto imos realizalo. Vai levar un chisco de tempo, dependendo da velocidade da liña de internet e do número de actualizacións pendentes, que no caso de Windows 7 son bastantes, e implican varios reinicios.

Configuración rexional en Galego

Nos anteriores paquetes de idiomas opcionais non está o galego. Para aqueles que desexen instalar ese paquete:


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --