A fonte de alimentación
En electrónica, unha fonte de alimentación é un dispositivo, ou subsistema, que converte a corrente alterna da rede de distribución en corrente continua axeitada para o uso que se lle vaia a dar (voltaxe e intensidade ben axustados). As fontes dos PCs son fontes conmutadas e teñen como esquema: rectificador, conmutador, transformador, outro rectificador e saída. A regulación (capacidade da fonte para manter a tensión solicitada con indepencia da corrente que lle sexa solicitada) obtense có conmutador, normalmente un circuito PWM (Pulse Width Modulation) que cambia o ciclo de traballo. As funcións do transformador son adaptar os niveis de tensión e proporcionar illamento galvánico. O segundo rectificador convirte a señal alterna pulsante que chega do transformador nun valor continuo. A saída pode ser un filtro de condensador ou un do tipo LC.
-- Volver