Xestores de arranque en linux

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Linux ten dous xestores de arranque moi bos: GRUB e LILO. GRUB é mais recente e conta con mais capacidades que o antigo LILO. Ambos son flexibles, configurables e capaces de xestionar o inicio múltiple de varios sistemas operativos diferentes ou distintos núcleos e a transferencia de opcións ó núcleo durante o inicio.

Hai catro diferencias básicas que poñen a GRUB por diante de LILO:

  • Pode descubrir imaxes de inicio, núcleos e sistemas de arquivos raíz dende o intérprete de comandos de GRUB.
  • GRUB almacena a información de inicio nun sistema de arquivos, en lugar de no MBR (Master Boot Record).
  • GRUB lee sen problemas os sistemas de arquivos e executables do núcleo.
  • E o mellor de todo, GRUB é completamente independente do sistema operativo. Se instala GRUB nunha partición de inicio independente, pode eliminar e reinstalar os sistemas operativos sen ter que reinstalar o xestor de arranque cada vez.

Tanto GRUB como LILO poden iniciar sistemas operativos distintos a Linux, como Windows, OS/2, os Unix BSD, etc.

Prácticas interesantes:

  1. Recuperar GRUB
  2. GRUB 2.


-- Cristina París