Sysprep (preparación do sistema), prepara unha instalación de Windows para crear a súa imaxe. Sysprep elimina da instalación de Windows a información específica do equipo, incluido o identificador de seguridade (SID), co que xeneraliza a instalación para que poida instalarse en varios equipos.
O manual que aquí presentamos ven inspirado dos seguintes titoriais para Windows Vista:
Saber que, a diferencia do que ocorre en Windows XP, no Windows Vista e no Windows 7 a aplicación Sysprep.exe xa ven no propio sistema operativo, xustamente no directorio C:\Windows\System32.
O arquivo de respostas agora é un arquivo xml e cambia radicalmente con respecto ao visto para Windows XP.
Como ferramenta gráfica de axuda para crear este arquivo de respostas hai que descargar e instalar o Kit de Instalación Automatizada para Windows (WAIK) para o Windows 7 e o Windows Assessment and Deployment Kit (Windows ADK) para Windows 8.1 e 10 onde atoparemos a utilidade Administrador de Imáxenes do Sistema (WSIM) que é a que temos que empregar.
Para facer esta práctica precisamos
O DVD de Windows 7, 8.1 ou 10 en formato dvd ou nun arquivo ISO (neste caso empregarase o arquivo es_windows_7_ultimate_rc_x86_dvd_349016.iso).
Un equipo con Windows XP SP2, ou superior, para instalar o Windows AIK ou o Windows ADK e onde crearemos o arquivo .xml.
Un equipo, ou máquina virtual, con Windows 7, Windows 8.1 ou Windows 10 para probar o arquivo sysprep.xml creado.
Plan de traballo
O noso obxectivo é preparar unha imaxe có sistema operativo Windows 7 e todas as ferramentas que nos interesen. Esta imaxe a poderemos clonar en outros equipos con igual ou (agora dende Windows Vista) distinto hardware.
Para a restauración da imaxe nos novos equipos poderase empregar calquera das ferramentas existentes no mercado, como Norton Ghos e Acronis, ou libres como Clonezilla. Así e todo, agora Microsoft tamén ten unha ferramenta para o manexo de imaxes de sistemas operativos denominada ImageX.
Os pasos a seguir serán os seguintes:
Instalar e configurar o equipo base con Windows 7, actualizalo e agregarlle todas as aplicacións que nos interese.
Instalar o paquete de utilidades Windows AIK para Windows 7 no equipo de traballo do taller, este equipo terá instalado un sistema operativo Windows XP SP2 ou superior.
Crear o arquivo sysprep.xml cós requirimentos desexados.
Executar a aplicación sysprep.exe cós parámetros axeitados.
Creación da imaxe e posterior clonación no resto dos equipos empregando a nosa ferramenta preferida.
Creación do arquivo sysprep.xml
Como sabemos, o arquivo sysprep.xml automatizará a resposta das preguntas que Windows 7 nos fai cando o PC arranca por primeira vez despois de que fose a imaxe aplicada ao PC: O nome do PC, a Clave do producto, a creación dunha conta local, a Zona Horaria,...
Aquí, como exemplo, crearemos un arquivo para unha situación típica, pero sinxela:
Nome do equipo: Pedirá o nome cando se inicie o equipo por primeira vez, pero tamén se explicará como configuralo dende o arquivo de respostas.
Configuración do nome da empresa dona do equipo. No noso caso será TRITON00 SL.
Configuración IP: DHCP ou IP fixa. Non se verá o xeito de que o pida o Sysprep (pois parece que non hai forma).
Execución de un ou varios arquivos de procesamento por lotes de xeito automático e sen interacción por parte do usuario. Executando eses arquivos poderemos facer:
Eliminar o arquivo de respostas unha vez executado, para así evitar posibles copias por un usuario.
Configuración personalizada do Nome e do TCP/IP do equipo, para configuración da clonación automatizada nunha rede de varios equipos.
Facer que o equipo sexa membro dun dominio.
Configurar os sistemas de almacenamento do equipo.
Arranque e configuración inicial do programa WSIM
Para a creación do arquivo sysprep.xml precisamos o programa Windows System Image Manager (WSIM). WSIM é unha parte do paquete de ferramentas Windows Automated Installation Kit para Windows 7 (WAIK).
Unha vez instalado todo o paquete o executamos, tendo a seguinte aparencia:
Logo prememos en “Novo arquivo de resposta...”
Para poder proseguir coa creación do arquivo de resposta temos que “abrir unha imaxe de Windows” que é un arquivo .wim existente dentro da carpeta \Sources do DVD de Windows 7 que imos a clonar (ver este enlace):
Agora sairá unha pantalla que nos permite escoller unha das distribucións existentes no DVD, neste caso nos interesa a de Windows 7 Ultimate:
E xa estamos preparados para comezar a crear o arquivo de resposta:
Como vemos está dividido entre components de Windows e outros packages que podemos agregalos a unha das sete fases de configuración:
WindowsPE : Esta fase consiste na carga da contorna de preinstalación, cando se inicia o medio de instalación. Nesta fase prepárase o disco duro para a instalación (particionamento e formateo). Os arquivos do sistema operativo son copiados ao disco duro.
Offline Servicing : Aplícanse actualizacións ao sistema operativo e outros paquetes, tamén paquetes de idioma e actualizacións de seguridade.
Generalize : Esta fase só ocorre se executamos o sysprep có atributo /generalize. Neste paso pódese configurar algúns parámetros de Windows. Aplicando o parámetro /generalize nos aseguramos que a imaxe xerada será apta para ser clonada en outros equipos distintos do equipo orixe.
Specialize : Aplícase a información específica do sistema, como a configuración de rede e do dominio.
AuditSystem : Esta fase só ocorre cando arrancamos o sistema no modo auditoría (audit). Execútase esta fase antes de que calquera usuario inicie sesión.
AuditUser : Esta fase só ocorre cando arrancamos o sistema no modo auditoría (audit). Execútase esta fase despois de que calquera usuario inicie sesión en modo auditoría.
OobeSystem : Configuración dos parámetros na instalación de Windows antes de que a Benvida ao sistema operativo apareza.
Pasos da creación do sysprep.xml
Nos seguintes pasos accedemos á parte esquerda onde pon Imaxe de Windows e escollemos o Componente que se mande para engadilo no noso arquivo de resposta no punto tamén indicado:
1.- Componente Microsoft-Windows-Security-SPP_neutral agregalo no noso arquivo de resposta no Componente 3 generalize:
Una vez agregado vemos á dereita:
Configuramos:
SkipRearm=1
Así facemos que nos permita executar moitas veces o Sysprep, tal e como vemos na axuda da aplicación pulsando F1:
2.- Componente Windows-Security-SPP-UX__neutral agregalo no noso arquivo de resposta no Componente 4 specialize:
Configuramos:
SkipAutoActivation=True
Así Windows non intenta activarse automáticamente.
3.- Componente Microsoft-Windows-Shell-Setup_neutral agregalo no noso arquivo de resposta no Componente 4 specialize:
Configuramos:
- ComputerName=
· Se non aparece ComputerName no arquivo de resposta, deberase introducir un nome durante a Windows® Welcome.
· Se a propiedade ComputerName dáselle o valor asterisco (*) ou baleiro, será xerado un valor aleatorio.
· Se lle damos un valor terá un máximo de 15 caracteres.
- ProductKey=xxxx-xxx-...
Poñerase a Chave da versión do Windows a instalar se interesa.
En Windows 10 é obrigatorio poñerlle unha, podemos utilizar a da nosa organización ou unha KMS válida.
- RegisteredOrganization=Microsoft
Nunca cambiar este valor.
- RegisteredOwner=AutoBVT
Nunca cambiar este valor.
- ShowWindowsLive=false
Non se mostrará o link de Windows Live no menú de inicio.
- TimeZone=Romance Standard Time
A nosa zona horaria que poderemos coñecer có comando tzutil.
Nota: Se quixeras activar o usuario Administrador debes facer o seguinte:
Engadir o compoñente amd64_Microsoft-Windows-Deployment__neutral no punto 4 Specialize
RunSynchronousCommand[Order="1"]
- Order: 1
- Path: net user administrator /active:yes
- WillReboot: Never
4.- Componente Microsoft-Windows-International-Core_neutral agregalo no noso arquivo de resposta no Componente 7 oobeSystem:
- InputLocale=es-ES
- SystemLocale=es-ES
- UILanguage=es-ES
- UILanguageFallback=es-ES
- UserLocale=es-ES
5.- Componente Microsoft-Windows-Shell-Setup_neutral agregalo no noso arquivo de resposta no Componente 7 oobeSystem:
Directamente no componente:
- RegisteredOrganization=TRITON00 SL
- RegisteredOwner=TRITON00 SL
- TimeZone=Romance Standard Time
A nosa zona horaria que poderemos coñecer có comando tzutil.
No sub-componente OOBE:
- HideEULAPage=true
- NetworkLocation=Work
- ProtectYourPC=1, 2 o 3 (empregando 3 deshabilitamos as actualizacións automáticas)
No sub-componente UserAccounts:
- AdministratorPassword=abc123.
O contrasinal do Administrador local.
No sub-component LocalAccounts débese crear unha conta de usuario có seu password para poder iniciar sesión no equipo cando a instalación remate (este paso é totalmente obrigatorio se o PC se agrega a un Dominio).
Autologon
Para que o seguinte apartado funcione, teremos que baixar o nivel de “Notificación acerca de cambios en el equipo”. Para facelo, en Inicio -> Executar, introducimos o comando UAC e eliximos “Non notificarme nunca”.
En Autologon:
- Enabled=true
- LogonCount=1
Será o número de veces que queremos que inicie automáticamente: 1, 2, 3,... un enteiro.
- Username=admin
Usuario con permiso de execución. Non conseguimos iniciar con administrador dende o sysprep.
- Password: Introducimos o password do usuario "admin"
En FirstLogonCommands: Agregamos un SynchronousCommand por cada vez que se vaia a iniciar o equipo.
- CommandLine=cmd /c del C:\Windows\system32\sysprep\sysprep.xml
Tamén poderíamos facelo doutro xeito, empregando un arquivo borrar.bat que tivese no seu interior:
REM Arquivo borrar.batREM Borra o sysprep.xml que, por defecto, non se borraREM -----------------------------------------del C:\Windows\system32\sysprep\sysprep.xml
REM -----------------------------------------
Gardando ese arquivo na carpeta Sysprep esta propiedade tería o seguinte valor:
De calquera dos xeitos, así borramos o arquivo sysprep.xml que por defecto non se borra.
- Order=1
1: Primeira vez, 2:Segunda vez, 3:Terceira vez,…
- RequiresUserInput=false
Se o comando é automático.
Ollo có nome deste arquivo: Se o arquivo de respostas que estamos a crear é para automatizar a instalación (non a clonación), este arquivo debe chamarse autounattend.xml.
Ollo cós Passwords empregados no sysprep : Os passwords que aparecen no arquivo .xml están codificados en Base64 NON cifrados. Este detalle podemos comprobalo, por exemplo, na seguinte web onde podemos ver que, por exemplo, ao decodificar a seguinte clave "YQBiAGMAMQAyADMALgAuAFAAYQBzAHMAdwBvAHIAZAA=" vemos que nos devolve a web "abc123..Password". Nós para xerar ese "churro" puxeramos no WAIK a clave "abc123..".
En Powershell tamén podemos pasar calquera string a Base64:
En PowerShell tamén podemos pasar calquera Base64 a string e, polo tanto, descubrir o password oculto:
PS>$b=[System.Convert]::FromBase64String("YQBiAGMAMQAyADMALgAuAFAAYQBzAHMAdwBvAHIAZAA=")PS>[System.Text.Encoding]::UTF8.GetString($b)abc123..Passwor d#O que hai logo de cada un dos caracteres "non son espazos", podemos velo que mostramos o contido de $b:PS>$b97098099049050...#Son "0" = Null#Vémolo mellor agora:PS>$b=[System.Text.Encoding]::UTF8.GetBytes("abc123..Password")PS>$b9798994950...#Recorda que $b é un array de bytes:PS>$b.GetType().nameByte[]
Solución do Sysprep.xml
Unha vez seguidos os pasos anteriores obteremos o seguinte arquivo que chamaremos Sysprep.xml
Despois de crear o arquivo sysprep.xml debemos copialo na carpeta C:\windows\system32\sysprep do equipo no que queremos aplicalo.
Tarefas a realizar antes da execución do sysprep
Se o equipo ten instalado o Reproductor de Windows Media
Antes de Executar o sysprep.exe hai que deter o "Servizo de uso compartido de rede do Reproductor de Windows Media". Para iso executa como administrador a ferramenta "services.msc", busca o servizo e premendo no botón dereito do rato enriba del elixe "deter".
Facer copia de seguridade dos directorios Panther
Realizaremos copia de seguridade dos seguintes directorios (copiar todos os subdirectorios e arquivos):
C:\Windows\Panther
C:\Windows\System32\Sysprep\Panther
Execucióndo comando sysprep.exe (parámetros)
O programa Sysprep.exe ten unha serie de parámetros que deberíamos coñecer:
/generalize : Prepara a instalación de Windows para facer unha imaxe del e poder logo clonala. Resetéase o SID creado na instalación.
/oobe : Restaura o equipo ao Modo de Benvida. Neste Modo o usuario final pode configurar ao seu antoxo o sistema operativo, así pode crear usuarios, cambiarlle de nome ao equipo e outras configuracións. Todos estes parámetros pasaranse có arquivo de respostas creado sysprep.xml.
/reboot : Reinicia o equipo.
/shutdown : Apaga o equipo.
/quiet : Executa o Sysprep sen mostrar ningún tipo de mensaxe de configuración.
/quit : Pecha o Sysprep despois de executar os comandos especificados.
/unattend:answerfile : Aplica os parámetros existentes no arquivo de respostas (answerfile) durante a instalación desatendida.
Hai que ter en conta que para transferir unha imaxe a un equipo diferente, primeiro debes quitar a información específica do equipo configurado mediante a xeneralización da imaxe coa ferramenta Sysprep. Para preparar un equipo para o cliente, debes xeralizar (/generalize) o equipo e configuralo para arrancar en OOBE (/oobe) cando un cliente arranque o equipo por primeira vez.
Tendo esto en conta, para configurar o sistema para a posterior creación da imaxe debemos executar a aplicación Sysprep.exe cós seguintes parámetros:
Cando executamos o sysprep.exe, o sistema crea un arquivo unattend.xml no directorio C:\Windows\Panther así que o arquivo de respostas creado por nós pode ser borrado sen problemas para ocultar os passwords aí gardados. Ese arquivo creado polo sistema ten xa borrados os passwords e será o que empregue o sistema para configurarse no primeiro arranque.
Resolución de problemas na execución do sysprep
Ollo!! Se actualizaches o Windows 10
Unha vez actualizado o Windows 10, se queremos aplicar o Sysprep este da un erro que nos impide facelo. Son varias as posibilidades:
Mirar se existe a clave no Rexistro de Windows HKEY_LOCAL_MACHINE/SYSTEM/SETUP/UPGRADE, hai que borrala e así xa se permite a execución:
Chave Rexistro W10
Mirar o arquivo de logs C:\Windows\system32\sysprep\Panther\Setupact.log e se o erro indica que "non se poden desinstalar certas apps pertencentes ao usuario que está a executar o sysprep", hai que desinstalalas có seguinte comando:
- Executar os seguintes comandos como administrador:
PS> msdtc -uninstall (espera uns segundos)
PS> msdtc -install (espera uns segundos)
PS> Restart-Computer
Mira se as claves de rexistro non cambiaron.
Executa outra vez o sysprep có teu .xml
Clonar Windows 7 nunha rede
Pode ser interesante facer algunha das seguintes accións se queremos clonar unha rede de varios equipos e que estes se fagan membros dun dominio.
1.- Temos que programar varios arquivos de script PowerShell que, con referencia á MAC do equipo, lle configure o nome, a IP e o faga membro dun dominio determinado.
2.- Temos antes que crear un arquivo CSV separado por comas con un contido similar ao seguinte:
Os scripts de PowerShell son arquivos de texto gardados con extensión .PS1.
Por defecto estes arquivos os abre o Notepad polo que, se lle decimos en Autologon que se executen o único que ocorre é que se "abren" sen mais. Temos que configurar Windows 7 para que os arquivos con extensión .ps1 se executen todos por defecto có programa Powershell.exe.
#Conseguir a MAC da tarxeta de rede do teu equipo$adaptador=Get-WmiObjectWin32_NetworkAdapterConfiguration|Where-Object{$_.IpEnabled}<#Seleccionar os parámetros a configurar dende o CSV tendo en conta a MAC do teu equipo#>$EQ=Import-CsvC:\Windows\System32\sysprep\equipos.csv|Where-Object{$_.MAC-eq$adaptador.MACAddress}#Cambiarlle a IP ao equipo#Así configuramos unha IP estática$adaptador.EnableStatic($EQ.IP,$EQ.MS)$adaptador.SetGateways($EQ.PE,[UInt16]1)$arrDNSServers=@($EQ.DNS1,$EQ.DNS2)$adaptador.SetDNSServerSearchOrder($arrDNSServers)<#Se queres IP por DHCP, comenta o bloque anterior e descomenta este:$adaptador.EnableDHCP()$arrDNSServers = @()$adaptador.SetDNSServerSearchOrder($arrDNSServers)#>
5.-Un código de PowerShell que nos permite cambiar o nome do equipo podería ser o siguinte:
#Conseguir a MAC da tarxeta de rede do equipo$adaptador=Get-WmiObjectWin32_NetworkAdapterConfiguration|Where-Object{$_.IpEnabled}#Seleccionar os parámetros a configurar dende o CSV tendo en conta a MAC do teu equipo$EQ=Import-CsvC:\Windows\System32\sysprep\equipos.csv|Where-Object{$_.MAC-eq$adaptador.MACAddress}#Cambiarlle o nome ao equipo$equipo=Get-WmiObject-ClassWin32_ComputerSystem$equipo.Rename($EQ.nombre)#Reiniciamos o equipoRestart-Computer
6.- Agregar o equipo ao dominio:
#Hai que adaptar as seguintes variables$usuario="usuarioConPermisos"$contrasinal="contrasinalDoUsuario"$dominio="dominio.local"$password=ConvertTo-SecureString$contrasinal-AsPlainText-Force$username=$dominio+"\"+$usuario$myCred=New-ObjectSystem.Management.Automation.PSCredential$username,$passwordAdd-Computer-DomainName$dominio-Credential$myCred#Engadir o equipo nunha UO determinada:$uo="OU=CLIENTES,OU=EQUIPOS,OU=DOMINIO,dc=dominio,dc=local"Add-Computer-DomainName$dominio-Credential$myCred-OUPath$uo#Reiniciamos o equipoRestart-Computer
Nota: Se queres ler un erro con calma, podes engadir, antes do apartado de reiniciar, as seguintes liñas:
<#Párate#>Write-Host"Pulsa una tecla para continuar ..."$x=$host.UI.RawUI.ReadKey("NoEcho,IncludeKeyDown")
7.- Outro xeito de facelo sería empregado o comando netdom, que permitirá, entre outras cousas cambiarlle o nome ao equipo e facelo membro do dominio. Para que o noso equipo teña esta ferramenta software temos que instalar o paquete: "Herramientas de administración remota del servidor para Windows 7 con Servie Pack 1 (SP1)".
Instalámolo e, logo, activamos a características de Windows -> Ferramentas de Administración remota do servidor -> Ferramentas de Administración de funcións -> Ferramentas de AD DS e AD LDS -> Ferramentas de ADDS -> Ferramentas de Liña de comandos e complementos de AD DS.
Clonar Windows 10 nunha rede
Antes de nada hai que ter preparada a máquina Windows 10:
· Poñer a ExecutionPolicy en RemoteSigned.
· Baixar a UAC, que agora se chama "Activar o desactivar el control de cuentas de usuario" que o podes atopar no Panel de control.
O sysprep.xml o configuramos para que arranque dúas veces como usuario "admin".
- A primeira vez que arranca executamos o script ipnome.ps1 que cambia a IP do equipo, cambia o nome do equipo e logo prepara todo para que se execute o segundo script.
- A segunda vez que arranca o equipo hai que facer que o equipo entre no dominio (dominio.ps1) pero hai que executalo como administrador (comoadmin.ps1).
A continuación vemos o contido de todos os documentos empregados:
Contido do unattend.xml para Windows 10 Education Retail Technical Preview 64bits
Contido do ipnome.ps1 para PowerShell 3.0 ou superior
## Adaptador que vamos a configurar$adaptador="Ethernet"#Seleccionar os parámetros a configurar dende o CSV#buscamos a fila que coincide coa MAC da nosa tarxeta# MAC,IP,MS,PE,DNS,nombre##Seleccionamos a nosa NIC “Ethernet” para descubrir a súa MAC$nic=Get-NetAdapter-name${adaptador}$EQ=Import-CsvC:\scripts\equipos.csv|Where-Object{$_.MAC-eq${nic}.MACAddress}# Configuración IP ## Desactivamos a obtención automática de configuración IP (DHCP)Set-NetIPInterface-InterfaceAlias${adaptador}-DHCPDisabled## Eliminamos a configuración IP do equipo, ## se non existe devolve un erro que o enviamos a NULLRemove-NetIPAddress-InterfaceAlias${adaptador}-IncludeAllCompartments`-Confirm:$false2>Out-Null## Eliminamos a configuración da Puerta de Enlace, ## se non existe devolve un erro que o enviamos a NULLRemove-NetRoute-InterfaceAlias${adaptador}-Confirm:$false2>Out-Null## Configuramos a IP estática, a máscara de subrede e a porta de enlaceNew-NetIPAddress-InterfaceAlias${adaptador}-AddressFamilyIPv4-IPAddress${EQ}.IP`-PrefixLength${EQ}.MS-TypeUnicast-DefaultGateway${EQ}.PE## Temos que facer un array cós servidores DNS###para pasarllos ao comando Set-DnsClientServerAddress$arrDNSServers=@(${EQ}.DNS)## Configuramos os servidores DNSSet-DnsClientServerAddress-InterfaceAlias${adaptador}-ServerAddresses${arrDNSServers}Set-DnsClientGlobalSetting-SuffixSearchList@(${EQ}.dominio)## – O cambio de IP NON require reinicio – ## - O segundo script o lanzamos dende o Inicio de Windows -cp C:\scripts\comoadmin.bat"C:\ProgramData\Microsoft\Windows\Start Menu\Programs\StartUp\"# Cambiar o nombre e Reiniciar o equipoRename-Computer-NewName${EQ}.nombre-Restart-Force## – O cambio de Nome SI require reinicio –
Contido do arquivo comoadmin.bat
#O script comoadmin.bat executa o importante que é comoadmin.ps1#Non podemos facelo directamente pois os ps1 ábrense có Notepadcmd/cpowershell"C:\scripts\comoadmin.ps1"
Contido do arquivo comoadmin.ps1
#O script dominio.ps1 hai que executalo como administradorStart-ProcessPowershell-VerbRunAs-ArgumentList"-file c:\scripts\dominio.ps1"
Contido do arquivo dominio.ps1
#Hai que adaptar as seguintes variables$usuario="usuario1"$contrasinal="abc123.."$dominio="viso.local"$password=ConvertTo-SecureString$contrasinal-AsPlainText-Force$username=$dominio+"\"+$usuario$myCred=New-ObjectSystem.Management.Automation.PSCredential$username,$password$uo="OU=CLIENTES,OU=EQUIPOS,OU=VISO,dc=viso,dc=local"Add-Computer-DomainName$dominio-Credential$myCred-OUPath$uo## Borramos o arquivo unattend.xmldel C:\Windows\System32\Sysprep\unattend.xml## Borramos el script comoadmin.bat que se iniciaba automáticamenterm "C:\ProgramData\Microsoft\Windows\Start Menu\Programs\StartUp\comoadmin.bat"#Reiniciamos o equipoRestart-Computer
Sen a necesidade de empregar scripts, podemos cambiar o nome dun equipo e metelo no dominio (sen necesidade de reiniciar) xa dende o paso specialize.
Debemos modificar o sysprep.xml antes creado, no apartado specilize, tal e como se mostra a continuación:
Para facer unha clonación a moitos equipos nunha rede, configurando nomes distintos e meténdoos no dominio, farémolo do seguinte xeito:
Tal e como apuntamos antes, cando se executa o sysprep.exe, o sistema crea un arquivo unattend.xml na carpeta C:\Windows\Panther. Ese arquivo é o que emprega para modificar o sistema tal e como nos interesa.
Sabendo esto, se modificamos ese arquivo para cada un dos equipos xa clonados, dende un linux ou dende o clonezilla,... "pero sen arrancar o Windows..." poderíamos ter configurados todos os equipos de xeito particular e xa metidos no dominio. Esto faría que non precisaríamos os scripts de configuración antes vistos.
A configuración IP podería facerse cun DHCP na rede ou en fase OOBE cun script, pero xa non se precisarían varios reinicios.