Obxectivos e escenarios da PARTE II

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Neste Apartado II tratarase de afondar nas distintas maneiras que hai de configurar as tarxetas de rede das máquinas virtuais. Por tanto estudarase:

  • Configuración IP.
  • NAT (Network Address Translation).
  • Switches.
  • Parámetros de configuración das tarxetas de rede das máquinas virtuais.
  • Instalar 2 máquinas virtuais de servidor: Windows e Zentyal
  • As seguintes imaxes amosan os distintos escenarios que se van manexar na PARTE II

Este escenario amosa que as máquinas virtuais teñen as tarxetas de rede configuradas por defecto: NAT

Este escenario amosa que as máquinas virtuais teñen as tarxetas de rede configuradas por defecto: Rede NAT, onde as MVs poden saír a internet e comunicarse entre elas dentro dun mesmo host.


Neste escenario os equipos virtuais compórtanse como se fosen equipos reais e poden comunicarse con calquera elemento da LAN e calquera elemento da LAN con eles.


Neste caso os equipos virtuais só se poden comunicar entre si.


Neste escenario os equipos virtuais pódense comunicar entre si e co equipo host.


Cada equipo virtual ten dúas tarxetas de rede, unha delas para comunicarse co outro equipo virtual e a outra para poder acceder ao exterior.


Finalmente instalaranse os 2 equipos virtuais de servidor para ter tódolos equipos cos que se vai seguir o curso.

-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (17 out 2010).