O escritorio remoto e arranque de máquinas virtuais en modo ''headless''
O escritorio remoto en VirtualBox
VirtualBox inclúe a función de escritorio remoto para permitir controlar a execución dunha máquina virtual dende unha máquina distinta á do host no que reside a MV, e manexala como se o estivésemos facendo dende o propio host.
- O escritorio remoto en VirtualBox
-
Para poder utilizar o escritorio remoto con unha máquina, na configuración da mesma, dentro do apartado de Pantalla, iremos á pestana de Pantalla remota. Activamos a opción de Habilitar servidor, e indicaremos en que porto vai escoitar o escritorio remoto da MV. Debe ser un porto que estea libre na máquina host; e neste caso poñemos para wclient o porto 5000.
-
Para uclient o porto 5001.
-
E para dserver2 o porto 5002. Arrancamos as tres máquinas.
-
Dende unha máquina conectada en rede co equipo host, usamos un cliente de escritorio remoto que implemente o protocolo RDP (Remote Desktop Protocol), que en Ubuntu pode ser Remmina e en Windows a Conexión a escritorio remoto.
-
Creamos a conexión co escritorio remoto.
-
Para conectarmos co escritorio de wclient, introducimos a dirección IP da máquina host seguida de dous puntos e 5000 (que é o porto no que escoita o escritorio remoto desta máquina).
-
Vista do escritorio de wclient.
-
No caso de uclient, farémolo igual pero co porto 5001.
-
Vista do escritorio de uclient.
-
E no caso de dserver2, igual pero co porto 5002.
-
Vista do escritorio de dserver2 (é dicir, da consola de comandos). Obsérvese que tamén mantemos abertos os escritorios de wclient e uclient.
Arranque de máquinas en modo headless
O arranque en modo headless consiste en arrancar unha máquina sen arrancar a súa interface gráfica. Isto por un lado é necesario se no host non dispoñemos de contorno gráfico e iniciamos os servizos virtualizados co comando VBoxManage, e ademais permite iniciar unha máquina con un menor consumo de recursos, xa que toda a parte da saída gráfica non se virtualiza.
- Arranque de máquinas en modo headless
-
Para arrancar unha máquina en modo headless, usamos o comando VBoxManage startvm co parámetro --type headless como se ve na imaxe, aínda que tamén podemos usar o comando VBoxHeadless --startvm. Os dous comandos son moi similares, sendo as diferenzas fundamentais que o primeiro se executa en segundo plano, e este último mostra informes de erros máis detallados.
-
As máquinas lanzadas en modo headless si poden ofrecer o escritorio remoto, e polo tanto podemos manexalas seguindo os pasos vistos no apartado anterior.
-
Co comando VBoxManage podemos ver as máquinas que están en execución e gardar o seu estado.
-
Como podemos comprobar, agora xa non hai máquinas executándose.
No manual de VirtualBox pódese atopar axuda sobre aspectos máis avanzados do escritorio remoto, como acceso remoto a dispositivos USB e métodos de autenticación que se poden configurar para o acceso ao escritorio remoto.