Nesta sección estudarase como cambiar a localización do servidor. Na anterior sección instalaronse os paquetes de localización a español.
Localizar software: é desenvolver software de xeito que sen volver a compilalo se poida adaptar ó idioma, moeda, sistema numérico, formatos das datas, etc, dun país ou rexión.
Descrición: almacena que localización das instaladas se desexa usar.
Exemplo de configuración
#Formato: [linguaxe[_territorio][.conxunto de caracteres]
LANG="gl_ES.UTF-8"
Comandos que se usaran nesta sección
locale.
Descrición: amosa información sobre a localización
Sintaxe:
locale [ -a ⎪ -m]
OPCIÓNS
-a, --all-locales Amosa o nome de todas as localizacións dispoñibles.
-m, --charmaps Amosa os mapas de caracteres dispoñibles
VARIABLES DE ENTORNO
Afectan a todo o sistema:
LC_CTYPE Clasificación de caracteres.
LC_COLLATE
LC_TIME Formatos de data e hora.
LC_NUMERIC Formatos numéricos non monetarios.
LC_MONETARY Formato de moeda.
LC_MESSAGES Formato dos mensaxes.
LC_PAPER Tamaño do papel.
LC_NAME Formato dos nomes
LC_ADDRESS Formatos de enderezos.
LC_TELEPHONE Formatos de teléfono.
LC_MEASUREMENT Unidades de media.
LC_IDENTIFICATION Información sobre locale
LOCPATH Directorio onde se almacenan os datos de locale.
Cambiar a localización
Estado inicial
Executando o comando:
locale
Sábese con que localización está traballando o sistema: neste caso con: gl_ES.UTF8 (galego de España con codficación de carácteres UTF8).
Cambiar configuración
sudo nano /etc/default/locale para editar o ficheiro de configuración.
Estado actual do ficheiro.
Cambiar a es_ES.UTF-8 para localizar o sistema a español de España.
Execuntando locale o sistema segue estando en galego. É preciso reiniciar o sistema ou executar sudo dpkg-reconfigure locales.
Agora, execuntando locale o sistema xa está localizado a español de España.