Instalación de Debian
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- En primeiro lugar descargaremos unha imaxe ISO do sistema operativo que se desexa instalar, que neste caso será Debian de 64 bits, que se pode obter en http://www.debian.org.
- Da mesma forma que nos casos anteriores de instalación das máquinas cos sistemas operativos de escritorio, creamos en primeiro lugar unha nova máquina virtual.
Creación da máquina virtual
- Creación da máquina virtual
-
Picamos na opción de "Nova máquina" e no primeiro paso do asistente introducimos o nome para a máquina e seleccionamos o tipo de sistema operativo
-
Establecemos o tamaño da RAM a 512 MB ou 1024 MB. Logo poderemos comprobar efectivamente que se non utilizamos o contorno gráfico o consumo de memoria do sistema é moi baixo, pero a RAM necesaria dependerá dos servizos que logo configuremos no sistema convidado (aínda que é moi sinxelo modificar este parámetro se fose necesario despois).
-
Creamos un disco duro virtual para a máquina ...
-
establecendo un tamaño de 20 GB (neste caso, se a nosa intención e optimizar o rendemento deste servidor virtualizado, nos interesará definir o disco como de tamaño fixo en lugar de expansión dinámica, xa que a velocidade de acceso é algo maior). Recórdese que ao non indicar en que carpeta se debe almacenar o disco, este gardarase na carpeta predeterminada de máquinas configurada nos parámetros de configuración de VirtualBox.
-
Configuramos a tarxeta de rede da máquina en modo ponte.
Instalación do Sistema Operativo
Amósanse a continuación os pasos básicos para facer unha instalación de Debian como sistema operativo convidado. Obviamente, en cada caso dependendo dos obxectivos do sistema as características que se seleccionen durante o proceso de instalación poderían ser diferentes ás que aquí se mostran:
- Instalación de Debian
-
Iniciamos a máquina e xa se nos vai pedir o disco para iniciala. Seleccionamos a imaxe ISO descargada para a instalación e prememos en Iniciar.
-
Escollemos a opción por defecto de Install.
-
Seleccionamos o idioma,
-
e localización horaria,
-
e a disposición do teclado.
-
Agora introducimos o nome que vai ter a máquina. En Linux, este nome non ten gran importancia xa que só ten efecto para o propio equipo, xa que na rede o equipo vaise identificar ou ben pola dirección IP ou ben por un nome de DNS.
-
Poñemos o nome do dominio no que estará incluído o equipo.
-
Establecemos o contrasinal para o usuario root, que neste caso será abc123. (incluíndo o punto).
-
Repetimos o contrasinal para comprobar que se introduciu correctamente.
-
Na instalación pídesenos crear un primeiro usuario administrador, poñemos un nome completo para este usuario,
-
o nome da conta,
-
o contrasinal,
-
e repetimos o contrasinal.
-
Para a configuración da hora, temos que indicar a localización dentro da zona horaria xa indicada anteriormente.
-
Chega un dos momentos máis delicados e particulares da instalación, que é o particionamento dos discos. As opcións que se deben coller neste punto son moi variables en función dos sistemas que teña xa instalados a máquina, a función que vai desenvolver este servidor, etc. Non nos imos parar a examinar as posibilidades que se nos ofrecen, xa que non é o obxectivo do curso afondar na instalación e configuración de Debian, e por iso escollemos a opción máis simple, que é usar o particionamento guiado usando o disco completo (Xa que nesta MV só vai ir instalado este sistema operativo).
-
Escollemos o disco a particionar (tampouco temos moitas opcións), ...
-
e escollemos tamén o esquema de particionamento máis simple (igual que no caso anterior, dependendo da función do servidor podería ser máis interesante algunha das outras opcións).
-
Coa escolla realizada, simplemente teremos unha partición para o sistema (a primaria) e outra para espazo de intercambio ou swap (a lóxica). Como se pode observar, teríamos opcións para configurar un RAID, o LVM ou volumes de disco cifrados, cuestións moi interesantes pero que tamén se escapan aos obxectivos do curso. Escollemos a opción de rematar e gardar os cambios.
-
Confirmamos as modificacións.
-
Imos configurar un repositorio de paquetes de software para que o equipo se descarga os paquetes que queiramos instalar e as súas actualizacións. Escollemos como país España,
-
e a continuación aparecen unha lista de servidores cos repositorios de Debian en España. Podemos escoller calquera deles.
-
Se para saír a Internet hai que configurar un proxy teremos que indicalo para que o equipo se poida conectar aos servidores dos repositorios. Se non temos que configurar o proxy, simplemente continuamos.
-
Podemos participar na enquisa de uso de paquetes para proporcionarlle ao equipo de desenvolvedores información estatística dos paquetes máis usados.
-
Este é outro paso da instalación no que a selección que faremos dependerá en gran medida das funcións que vai realizar o servidor e dos recursos do mesmo. Por exemplo, para montar un servidor que consuma os mínimos recursos, desactivaremos o Entorno de escritorio, aínda que así non disporíamos de escritorio gráfico no equipo. Activamos o Servidor SSH para poder acceder ao equipo de forma remota.
-
Instalamos o xestor de arranque GRUB.
-
Seleccionamos que o xestor de arranque se instale no disco duro (/dev/sda).
-
E rematou a instalación.