Compartición de recursos por CIFS nun dominio con LDAP e Samba3
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Abordaremos neste apartado como configurar FreeNAS para compartir por CIFS as carpetas persoais dos usuarios e comúns nun dominio con LDAP e Samba3
Compartir as carpetas por CIFS
- Compartir as carpetas por CIFS
-
Picamos no botón de Compartido e logo sobre SAMBA (CIFS).
-
Vemos que polo momento non hai carpetas compartidas. Picamos sobre Add Compartidos de Windows (CIFS) SAMBA.
-
Introducimos os datos da carpeta compartida, sendo os máis importantes o nome da carpeta compartida (neste caso, usuarios) e a ruta da carpeta que imos compartir (/mnt/datos/usuarios). Aceptamos picando en Ok.
-
Pregúntasenos se queremos activar o servizo SMB, que ata o de agora non está activado. Aceptamos.
-
E podemos ver que o servizo de SMB foi activado automaticamente.
-
Volvemos ás comparticións de CIFS e vemos a carpeta compartida creada. Imos crear outra para comun.
-
Introducimos agora os datos para crear a carpeta compartida , pero neste caso en lugar de picar en Ok directamente, imos picar no botón de Modo Avanzado para cambiar un parámetro que pode mellorar o uso da carpeta para os usuarios do dominio.
-
Engadimos nos parámetros auxiliares a liña:
hide unreadable = yes
Desta forma a carpetas e ficheiros para os que un usuario non teña permiso de lectura xa non se lle van a mostrar. Agora aceptamos
Configurar os equipos Windows para acceder ás carpetas almacenadas en FreeNAS
- Neste escenario teremos que facer un cambio para a configuración das carpetas persoais dos usuarios. Ao estar situadas en distintas carpetas non podemos ter configurada a mesma ruta para as carpetas persoais de todos eles; teremos que establecer para cada usuario a ruta á súa carpeta persoal.
- Polo tanto, editamos o ficheiro /etc/samba/smb.conf e comentamos os parámetros:
- logon drive
- logon home
- E recargamos o contido do ficheiro de configuración de samba co comando:
/etc/init.d/samba reload
- Imos configurar con LAM a carpeta persoal do usuario sol:
- Configuración da carpeta persoal
-
Dentro de Users, picamos no botón de edición no usuario sol.
-
Establecemos a unidade na que queremos conectar a carpeta persoal en Disco inicial e en Ruta inicial a ruta á súa carpeta persoal: \\nas00\usuarios\profes\sol
- O mesmo faríamos para o resto dos usuarios.
- Agora só nos queda modificar o ficheiro inicio.bat que está en dserver00 dentro de /netlogon para cambiar as rutas das carpetas compartidas que hai que conectar no inicio de sesión:
@echo off
REM Ficheiro de inicio de sesion
REM Mapeamos comun para todo usuario que inicie sesion
net use R: \\nas00\comun /persistent:no
REM Miramos se o usuario que inicia sesion e un profesor
REM Se e un profesor mapeamos alumnos a S:
net user /domain %username% | findstr /C:"g-profe" && (
net use S: \\nas00\usuarios\alumnos /persistent:no
)
REM Miramos se o usuario que inicia sesion e un alumno
REM Se e un alumno abrimos un aviso (Como facer dobre clic sobre o ficheiro: start)
net user /domain %username% | findstr /C:"g-alum" && (
start \\dserver00\netlogon\avisos\aviso_alumnos.html
)
- Iniciamos sesión en wclient01 co usuario sol para comprobar que se conectan as unidades ás carpetas compartidas de nas00

Configurar os equipos Linux para acceder ás carpetas almacenadas en FreeNAS
- Nos clientes Linux, o único que teríamos que facer é editar o ficheiro /etc/security/pam_mount.conf.xml substituíndo nas liñas que montan as carpetas dserver00 pola dirección IP de nas00 (excepto para netlogon), e cambiando tamén nalgúns casos as rutas das carpetas que hai que montar.
- As liñas quedarían como se mostra a continuación:
...
<!-- Montamos comun -->
<volume sgrp="g-usuarios" fstype="cifs" server="172.16.5.12" path="comun" mountpoint="/media/%(USER)/comun" options="iocharset=utf8"/>
<!-- Montamos carpeta alumnos para os profes -->
<volume sgrp="g-profes" fstype="cifs" server="172.16.5.12" path="usuarios/alumnos" mountpoint="/media/%(USER)/alumnos" options="iocharset=utf8"/>
<!-- Montamos netlogon para lanzar tamén os avisos en Linux -->
<volume sgrp="g-usuarios" fstype="cifs" server="dserver00" path="netlogon" mountpoint="/netlogon" options="iocharset=utf8"/>
<!-- Montamos carpetas persoais dos usuarios profes -->
<volume sgrp="g-profes" fstype="cifs" server="172.16.5.12" path="usuarios/profes/%(USER)" mountpoint="/home/iescalquera/profes/%(USER)" options="iocharset=utf8,uid=%(USER)"/>
<!-- Montamos carpetas persoais dos usuarios alumnos -->
<volume sgrp="g-dam1-alum" fstype="cifs" server="172.16.5.12" path="usuarios/alumnos/dam1/%(USER)" mountpoint="/home/iescalquera/alumnos/dam1/%(USER)" options="iocharset=utf8,uid=%(USER),gid=g-dam1-profes"/>
<volume sgrp="g-dam2-alum" fstype="cifs" server="172.16.5.12" path="usuarios/alumnos/dam2/%(USER)" mountpoint="/home/iescalquera/alumnos/dam2/%(USER)" options="iocharset=utf8,uid=%(USER),gid=g-dam2-profes"/>
</pam_mount>
- En uclient01 iniciamos sesión co usuario sol para comprobar os cambios.
- Comprobar unidades montadas en NAS
-
Vemos que sol pode acceder a comun e as carpetas persoais dos alumnos dos seus grupos.
-
O comando mount -t cifs permítenos ver que están montadas as carpetas de nas00
