Clientes DNS
Os distintos clientes DNS, poden ter configurado cal é o seu servidor DNS ben de forma manual, ou de forma automatizada a través dun servidor DHCP
Configuración dos clientes Linux
A maneira de configurarlle o enderezo do servidor a un cliente Linux DNS difire dun cliente con interface gráfica, ou dun que actua so en modo texto.
O propio servidor DNS de Linux, tamén pode ser configurado como cliente de si mesmo.
A configuración do servidor DNS, queda escrita sempre no ficheiro /etc/resolv.conf
Configuración dun cliente con interface gráfica
Empregando a utilidade NetworkManager, podemos configurar os clientes de xeito sinxelo. Esta utilidade soe ter unha icona na zona de iconas do sistema (barra superior dereita)
- Configuración do servidor DNS
-
Desde a icona do NetworkManager accedemos a Editar as conexións
-
Ou accedemos á utilidae Editar as conexións do menú do sistema
-
Seleccionamos a conexión e prememos no botón editar
-
Accedemos a lapela Configuración IPv4,escollemos o método manual. Engadimos (ou editamos) o enderezo IP, e establecemos o enderezo IP do servidor DNS.
O servidor DNS cache de NetworkManager
Os equipos Linux que contan con interface gráfica, empregan para xestionar a configuración de rede o aplicativo NetworkManager. Este a súa vez emprega no mesmo equipo, un servidor DNS cache, chamado dnsmasq, que garda as últimas resolucións de nomes feitas desde o equipo. O uso deste servidor en cada equipo, fai que no contido do ficheiro /etc/resolv.conf apareza como servidor DNS 127.0.0.1 sen que teñamos constancia que teñamos instalado ningún servidor DNS no equipo.
Para comprobar de forma real, cal é o servidor DNS que realmete se está empregando, teremos que teclear o seguinte comando:
nmcli dev list iface eth0
Podemos velo na seguinte imaxe:

Configuración dun cliente en modo texto
Para configurar un cliente en modo texto, teremos que editar o ficheiro /etc/network/interfaces e engadir unha liña coma a seguinte:
dns-nameservers 192.168.0.10
Se queremos indicar máis dun servidor DNS, poñemolos un detrás do outro por orde de prioridade separados por un espazo en branco.
Unha vez reiniciada a conexión da rede, poderemos ver que no contido do ficheiro /etc/resolv.conf haberá unha liña que pon: nameserver 192.168.0.2
Se optamos, por cambiar o enderezo directamente no ficheiro /etc/resolv.conf, a configuración nova será aplicada desde ese instante, se ben, perderase cando se reinicie o equipo, namentres que a establecida no /etc/network/interfaces é permanente.
Configuración dos clientes Microsoft Windows
Os clientes Windows, poden ter configurado o servidor DNS ben de forma manual, ou a través dunha das opcións para os clientes do servidor DHCP.
O propio servidor DNS de Windows Server, tamén pode ser configurado como cliente de si mesmo.
A maneira de configurarlle o enderezo do servidor DNS aos clientes Windows de forma manual é desde as propiedades TCP/IP do adaptador de rede.
- Configuración do servidor DNS
-
Nas propiedades de TCP/IPv4, indicamos o servidor DNS primario e o secundario.
-
No caso de que queiramos poñer máis de tres servidores DNS, deberemos acceder a pestana DNS que aparecen nas Opcións avanzadas
Resolución de nomes non FQDN
Tamén é posible resolver nomes non FQDN, pero previamente, deberemos establecer o nome da zona, como sufixo para a conexión de rede. Nos clientes en modo gráfico, tan so hai que engadir unha opción co nome do dominio, e nos clientes en modo texto, hai que engadirlle ao ficheiro /etc/network/interfaces unha liña coma a seguinte:
dns-search zonasmr.lan
Unha vez reiniciada a rede, aparece unha liña co nome do dominio de busca no ficheiro /etc/resolv.conf
- Configuración do sufixo DNS
-
Nos clientes Linux indicamos o sufixo editando a conexión de rede no cliente con interface gráfica
-
Nos clientes Windows indicámolo nas opcións avanzadas de TCP/IPv4, establecendo como sufixo o nome do dominio.
-
Nos clientes Windows, se non queremos establecer un sufixo, deixamos marcada a opción de anexar sufixos primarios ao sufixo DNS principal. (O sufixo principal estabécse no nome do equipo)
-
Nos clientes Windows, cando indicamos o nome do equipo establecemos o sufixo no nome do equipo. Será necesario reiniciar o equipo.
A partires deste momento, xa podemos resolver nomes de rexistro coa utilidade sen establecer como sufixo o nome do dominio. Se queremos resolver nomes diferentes (doutro dominio) si que deberemos especificalo.
- Bruno Vila Vilariño (out 2014)
