Actualización de FreeNAS
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
- Neste apartado imos ver os pasos para actualizar a versión de FreeNAS.
- No caso que se mostra no material actualízase a versión 9.2.0 á unha nova versión 9.2.1, pero é aplicable a actualización de calquera outra versión.
- Os pasos recomendados para a actualización de FreeNAS están recollidos na documentación (http://doc.freenas.org/)
Preparar FreeNAS para a actualización
- En primeiro lugar, prepararemos o sistema FreeNAS para aplicar a actualización do sistema.
- Hai que ter en conta que se tivésemos volumes cifrados, teremos que asegurarnos de ter copia da chave de cifrado para poder desbloquealos despois da actualización.
- Preparar FreeNAS para a actualización da versión
-
No apartado Xeral da configuración de FreeNAS, picamos en Gardar configuración para facer unha copia da configuración actual de FreeNAS.
-
Gardamos o ficheiro coa configuración actual.
-
Imos ao apartado de Servizos para deter todos os servizos.
-
Vemos os servizos detidos.
Opcións de actualización
- Temos dúas posibilidades para realizar a actualización de FreeNAS: aplicando un ficheiro de actualización dende a propia ferramenta de administración de FreeNAS ou utilizar a imaxe ISO de instalación para arrancar o sistema e seleccionar unha actualización en lugar de unha instalación nova.
Actualizar dende a ferramenta de administración de FreeNAS
- Actualizar dende a ferramenta de administración
-
Imos á área de descargas da web de FreeNAS e descargamos o ficheiro de actualización de FreeNAS.
-
No apartado Avanzado da configuración de FreeNAS atopamos a opción de Actualización de firmware.
-
En primeiro lugar, seleccionamos unha carpeta no equipo dende onde nos estamos conectando á web de administración para almacenar temporalmente o ficheiro de firmware.
-
Seleccionamos o ficheiro de actualización descargado, e vemos que é necesario introducir o hash do ficheiro para que FreeNAS poida comprobar a súa validez.
-
Ímolo copiar da mesma páxina de descargas de FreeNAS, debaixo do enlace de descarga da actualización.
-
Pegámolo e xa podemos aplicar a actualización.
-
Progreso da actualización.
-
Rematado o proceso, reiníciase o sistema...
-
e xa podemos ver que a versión de FreeNAS está actualizada.
Actualizar coa imaxe ISO de instalación
- Actualizar coa imaxe ISO
-
Na páxina de descargas de FreeNAS, descargamos a imaxe ISO do CD de instalación de FreeNAS.
-
Apagamos o sistema para arrancalo dende o CD.
-
Cargamos a imaxe ISO descargada como CD da máquina e arrancámola.
-
Seleccionamos Instalar/Actualizar.
-
Seleccionamos o disco no que xa está instalado FreeNAS,
-
e agora indicamos que queremos facer unha actualización.
-
Continuamos...
-
e xa case acabamos...
-
Fin!!
-
Reiniciamos o equipo e xa podemos ver a nova versión do sistema.
