Xsconsole
xsconsole
Introdución
- Con xsconsole (XenServer Console) pódese administrar o servidor de virtualización dende o mesmo servidor e incluso se pode pasar á liña de comandos para tal menester.
- Ademais, a través de SSH pódese administrar remotamente o servidor accedendo incluso á consola xconsole.
- Ao finalizar o proceso de inicio do servidor a pantalla que amosa é a de xsconsole, tanto para XenServer como para XCP.
- A continuación amosaranse algunhas das pantallas de xsconsole misturadas de XenServer e XCP, pois son as mesmas para as mesmas funcionalidades.
- Nas partes V e VI usaranse algúns dos menús que se amosan nesta introdución, xunto con outros que non se amosan, dun modo máis profundo.
Configuración da rede e de NTP
No menú Network and Management Interface pódese xestionar o interface de rede que vai actuar como interface de xestión para o servidor.
Non se poden configurar as IPs dos demais interfaces. Iso farase a través do interface da liña de comandos xe ou con XenCenter. Ademais vaise poder configurar o servidor da hora.... Observar como unha vez autenticados no nome anterior aparece root@nomedeservidor, isto indica que se a partir de agora hai que realizar tarefas que precisan autenticarse xa non faría falla porque xa se estaría validade no equipo. Se pasan 5 mn de inactividade na consola entón o sistema volve a requirir autenticación. Ben, polo que atinxe á configuración da rede, seleccionaríase o interface que se desexase para á xestión do servidor ... Ou deshabilitaríase.
Tamén se pode configurar os servidores NTP como xa se viu na instalación. No seguinte enlace pódese ver como xestionar o servizo NTP do host: http://support.citrix.com/article/CTX121278
Autenticación
Xestión das MVs
Discos e repositorios de almacenamento (SR)
Os repositorios de almacenamento (Storage Repositories, SR) úsanse fundamentalmente para conter discos virtuais para ser usados polas MVs, ademais os SR poden conter un repositorio de imaxes ISO con sistemas operativos para instalar nas MVs. Pódense crear repositorios con discos locais ou con almacenamento remoto. Na parte VII afondarase máis neste menú.
Información do HW e da BIOS
Teclado e zona horaria
Configuración do servizo remoto
Soporte técnico
Reiniciar / Apagar o servidor
Pódese entrar en modo mantemento do servidor, necesario para realizar algunhas operacións como o cambio de versión de XenServer ou XCP ou para poder habilitar MPIO. Nestas opcións tamén se pode escoller apagar ou reiniciar o servidor, ollo que nestes casos apagará forzosamente calquera MV que estea accesa.
Interface de liña de comandos (CLI)
Acceso remoto á XenServer / XCP
- Nesta ocasión vaise aproveitar para conectarse ao equipo real xenA e ver a configuración da CPU en canto ao uso de VT-X.
- Imos usar ssh para conectarnos ao equipo real (xenA). Tamén se pode usar PuttY en Windows ou Linux para conectarse ao equipo real dende outro equipo.
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez (Maio-2013, Rev1: Feb 2014 - Rev2: Nov 1014)