Cartafois compartidos

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 15:37 2 oct 2016 de Carrion (discusión | contribs.) (→‎Comparticións transitorias)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

00 Simulacion Redes Escenarios Semana 01 E.jpg

Introdución

Hai ocasións nas que interesa compartir ficheiros entre o Sistema Operativo Convidado (é dicir, a máquina virtual) e S.O. Host (ordenador físico).

Para iso VirtualBox proporciona unha utilidade de compartición de carpetas. No hipervisor VirtualBox pódese escoller que carpeta ou carpetas do host se desexan compartir co S.O. da máquina virtual. Esta funcionalidade ten as seguintes características:

  • Permite indicar se ese recurso compartido se montará automaticamente cando se inicie o S.O. convidado sen que o usuario da máquina virtual teña nada que facer.
  • Pódese indicar se dende a máquina virtual o acceso a ese recurso da máquina física vai ser en modo lectura ou se se vai poder escribir nese recurso dende a máquina virtual.
  • Tamén se poden realizar conexións transitorias á carpetas da máquina física, cando a máquina virtual xa está acesa. Estas conexións transitorias perderanse cando se apague a máquina virtual.

A continuación vanse compartir carpetas de xeito permanente e de xeito transitorio tanto para S.O. convidados Windows como Ubuntu. Neste caso o sistema host está en Ubuntu, pero o funcionamento é o mesmo se o sistema host está con Windows ou outro calquera.

Aspectos previos

Para compartir un cartafol pódese escoller un dos que xa se teñan na máquina host ou crear un novo a usar para tal propósito.

Neste caso, para a conexión permanente, aínda que non é necesario, vaise crear un novo cartafol. Cada quen pode crealo onde considere oportuno.

Simulacion Redes Compartir Cartafol 01.jpeg

O cartafol creado na máquina host chámase Compartido.

Compartir carpetas para unha máquina virtual con MS Windows

Primeiro compartirase unha carpeta de xeito permanente, mentres a MV está apagada e logo unha vez acesa realizarase unha compartición transitoria.

Conexión permanente

  • Estas comparticións coñécense co nome de Carpetas da máquina.

Comparticións transitorias

  • Agora que a máquina está acesa, como poder conectar outra carpeta do host á MV?.
  • Estas comparticións coñécense co nome de Carpetas transitorias.

Compartir carpetas para unha máquina virtual con Ubuntu

Primeiro compartirase unha carpeta de xeito permanente, mentres a MV está apagada e logo unha vez acesa realizarase unha compartición transitoria.

Pasos previos para S.O. convidado Linux

Para que funcione o automontaxe nunha máquina virtual Linux, hai que facer que o usuario da MV Ubuntu pertenza a un grupo que permita realizar automontaxes de recursos de VirtualBox.


Aprende.png
TAMÉN PODES VER...


Para afondar máis sobre grupos e o comando sudo, para aqueles que teñan dúbidas, poden ollar os seguintes enlaces:


Conexión permanente

  • Estas comparticións coñécense co nome de Carpetas da máquina.

Comparticións transitorias

  • Agora que a máquina está acesa, como poder conectar outro cartafol do host á MV?.
  • Estas comparticións coñécense co nome de Carpetas transitorias.



-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez --