Identificación de sistemas ERP

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 11:00 11 dic 2014 de Vence (discusión | contribs.) (→‎ERPs libres e gratuítos)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Índice

Definición

ERP (Enterprise Resource Planning) é un software que permite a integración de datos e procesos dunha organización nun único sistema informático. Normalmente están formados por varios módulos que posibilitan esta integración que utilizan unha única base de datos.

Son plataformas de software desenvolvidas para integrar os diversos departamentos dunha empresa (contabilidade, recursos humanos, fabricación, mercadotecnia, vendas, compras, etc.) posibilitando a automatización e almacenamento de todas as informacións relativas ao negocio.

ERP é a espiña dorsal dos negocios electrónicos, unha arquitectura de transaccións que enlaza todas as funcións dunha empresa, por exemplo, de procesamento de pedido de vendas, control e xestión de stock, estratexia de produción e distribución e finanzas.

Fontes 12


Vantaxes e desvantaxes

[1]


Módulos máis comúns

[2]


Arquitectura

  • Escritorio: As primeiras aplicacións ERP estaban baseadas no modelo cliente/servidor. Unha máquina da empresa executa o servidor ERP, conectado ao servidor da BD. Nos computadores instálase a aplicación cliente ERP. Exemplo: OpenERP 6.1
  • Web: Moitos ERPs evolucionaron permitindo conexións desde un navegador web. Así, desaparece a aplicación cliente ERP. O servidor ERP continúa a estar instalado na empresa.
  • SaaS: Unha variante do anterior que permite que o servidor ERP (e a base de datos) estea aloxado fóra da empresa, no provedor deste servizo. Non hai que instalar nada. En moitos casos, as aplicacións libres teñen unha versión web gratuíta e outra SaaS de pago.


Comparativa de ERPs

Cadros elaborados coas comparativas feitas polos alumnos Pablo Alonso, Pedro Álvarez, Luis Arribí, Lucía Blanco, Marta Boga e Alejandro Bouzas.


ERPs propietarios

ERP Prezo Tipo SXBD Vantaxes Desvantaxes
Microsoft Dynamics 3.500 € inicial - 59€/usuario/mes SaaS ou Escritorio MS SQL Server Aval de Microsoft. Fácil instalación Módulos extra de pago. Pouca personalización
Sage ERP x3 2.600$/usuario SaaS MS SQL Server e Oracle Aval da empresa de Contaplus. Fiable e versátil Cursos de formación caros. SXBD propietario
SAP Máis de 20.000 € SaaS SAP HANA Database Adaptable, cobertura, interface sinxela, seguranza O prezo
Solmicro Desde 31 €/mes Escritorio e SaaS MS SQL Server Solucións predefinidas, facilidade de uso Só válido para Windows
Oracle e-business 10.450 $ Escritorio, Web e SaaS Oracle Aval de Oracle. Soporte Prezo das licenzas e mantemento


ERPs libres

ERP Tipo SXBD Vantaxes Desvantaxes
SugarCRM libre (só CRM) Web MS SQL Server e MySQL Altamente personalizable. Módulos gratis Precisa de persoal cualificado para xestionala
Odoo Web e SaaS (de pago) PostgeSQL Personalizable, módulos extra, gratuíto (web) Prezo (SaaS), algúns módulos pouco estables
Openbravo Web e SaaS (de pago) PostgeSQL e Oracle Gratuíto (web), intuitivo, amplo, flexible Prezo (SaaS). Posta a punto lenta
OpenXpertya Escritorio e web PostgeSQL, Oracle, Firebird Gratuíto, fiable, sen ataduras a un proveedor Precisa de persoal cualificado para xestionala
Abanq Escritorio PostgeSQL e MySQL Gratis, pero obriga a contratar o mantemento Flexibilidade para modificar a interface gráfica
Compiere SaaS Oracle Gratuíto. Ofrecen mantemento de pago. Interface A implementación en Europa é complicada
ADempiere Web e SaaS PostgeSQL, Oracle, MySQL Gratis. Independente do SXBD Soporte e documentación de pago
webERP Web PostgeSQL e MySQL Facilidade para crear módulos en PHP Módulo CRM limitado
Apache OFBiz Web Calquera SXBD con conector Java Gratuíto. Aval de Apache. Flexibilidade Java e SXBD Precisa de persoal especializado


Máis información


--Vence