Actualizar o sistema. Instalar e desinstalar paquetes. vello
Nesta sección vaise estudar como actualizar o sistema e como instalar e desinstalar paquetes. Usaranse as seguintes utilidades de consola/terminal aptitude, apt-get e dpkg.
LEMBRAR EN UBUNTU DESKTOP
En Ubuntu Desktop, a parte das utilidades de consola anteriores, tamén existen outras ferramentas de xestión de paquetes gráficas, como synaptic.
Recoméndase que se revisen as seccións
do curso Curso Platega 08-09: Sistema operativo GNU-LINUX: UBUNTU 8.10.
Nesas sección actualízase o Ubuntu desktop e instálanse aplicacións que eran necesarias para ese curso, pero que neste curso son opcionais. O que si, ten que quedar claro, son conceptos como: repositorios, fontes do software, actualizacións, dependencias, instalar/desinstalar paquetes en modo gráfico e instalar paquetes que non están nos repositorios (como por exemplo skype).
En Ubuntu Desktop, a parte das utilidades de consola anteriores, tamén existen outras ferramentas de xestión de paquetes gráficas, como synaptic.
Ficheiros que se usan nesta sección
- Descrición: almacena a configuración de onde se atopan os repositorios dos que baixar os paquetes.
- Exemplo de configuración
deb http://archive.ubuntu.com/ubuntu/ karmic-security main restricted deb-src http://archive.ubuntu.com/ubuntu/ karmic-security main restricted deb http://archive.ubuntu.com/ubuntu/ karmic-security universe deb-src http://archive.ubuntu.com/ubuntu/ karmic-security universe deb http://archive.ubuntu.com/ubuntu/ karmic-security multiverse deb-src http://archive.ubuntu.com/ubuntu/ karmic-security multiverse
Cada liña indica o tipo de paquete, de onde descargalos, versión de Ubuntu e tipo de repositorio. Para desactivar un repositorio basta con comentalo con # e executar: aptitude update ou apt-get update.
- Tipos de repositorios
Por defecto os tipos de paquetes que se poden descargar pertencen ós tipos de repositorios:
- main: Software soportado por Canonical.
- universe:Sofware mantido pola comunidade.
- restricted:Drivers que non teñen publicado o código fonte (privativos).
- multiverse:Software afectado por cuestións legais ou (c) copyrights.
/var/cache/apt/archives
É un directorio onde se descargan os paquetes usados nas instalacións e actualizacións.
Revisar no curso de Ubunt Desktop A xeraquía dos sistema de ficheiros de GNU/Linux, e observar /var.
Comandos que se usaran nesta sección
Os dous primeiros son moi semellantes, pero o primeiro ademais ten a opción de usar un entorno de traballo interactivo.
aptitude
- Descrición: xestiona (instalar, buscar, eliminar, actualizar, etc) os paquetes e posúe un modo interactivo.
- Sintaxe:
Emprego: aptitude [-S nomef] [-u|-i] aptitude [opcións] <acción> ... Accións (se non se especifica ningunha, hase entrar en modo interactivo): install - Instalar/actualizar paquetes remove - Eliminar paquetes purge - Eliminar paquetes e os seus ficheiros de configuración hold - Reter paquetes unhold - Cancelar a retención dun paquete markauto - Marcar paquetes coma se fosen instalados automaticamente unmarkauto - Marcar paquetes coma se fose instalados manualmente forbid-version - Impedir que aptitude actualice un paquete a unha versión. update - Descargar as listas de paquetes novos/actualizables safe-upgrade - Realizar unha actualización segura full-upgrade - Facer unha actualización, quizais instalando e borrando paquetes forget-new - Esquecer que paquetes son "novos" search - Buscar un paquete por nome e/ou expresión show - Amosar información detallada sobre un paquete clean - Borrar os ficheiros de paquetes descargados autoclean - Borrar os ficheiros de paquetes descargados vellos changelog - Amosar o rexistro de cambios dun paquete download - Descargar o ficheiro .deb dun paquete reinstall - Descargar e (tal vez) reinstalar un paquete xa instalado why - Amosar os paquetes instalados manualmente que requiren un paquete, ou por que un ou máis paquetes habían requirir o paquete indicado why-not - Amosar os paquetes instalados manualmente que conducen a un conflicto co paquete indicado, ou por que un ou máis paquetes habían conducir a un conflicto co paquete indicado se se instalaran Opcións: -h Este texto de axuda -s Simular accións pero non realizalas. -d Só descargar os paquetes, non instalar ou eliminar nada. -P Pedir sempre confirmación para as accións -y Supoñer que a resposta ás preguntas simples de si/non é "si" -F formato Indicar un formato para os resultados das buscas; vexa o manual -O orde Indicar como ordear os resultados das buscas; vexa o manual -w anchura Indicar a anchura para formatar os resultados das buscas -f Tentar arranxar de xeito agresivo os paquetes rotos. -V Amosar as versións dos paquetes a instalar. -D Amosar as dependencias dos paquetes cambiados automaticamente. -Z Amosar o cambio no tamaño instalado de cada paquete. -v Amosar información extra (pode indicarse varias veces) -t [distro] Indicar de que distribución hai que instalar os paquetes -q No modo de liña de ordes, eliminar os indicadores de progreso. -o clave=valor Establecer a opción de configuración chamada "clave" --with(out)-recommends Indicar se hai que tratar as recomendacións coma dependencias fortes -S nomef Ler a información de estado estendido de nomef. -u Descargar novas listas de paquetes ao arrincar. -i Realizar unha instalación ao arrincar.
http://es.wikipedia.org/wiki/Aptitude
apt-get
- Descrición: xestiona (instalar, buscar, eliminar, actualizar, etc) os paquetes. Non posúe un modo interactivo.
- Sintaxe:
Uso: apt-get [opcións] comando apt-get [opcións] install|remove pkg1 [pkg2 ...] apt-get [opcións] fonte pkg1 [pkg2 ...] apt-get é unha interface simple para a liña de comandos para descargar e instalar paquetes. Os comandos que se empregan con máis frecuencia son update e install. Comandos: update - Obter listas de paquetes novos upgrade - Realizar unha actualización install - Instalar paquetes novos (pkg é libc6, non libc6.deb) remove - Eliminar paquetes autoremove - Eliminar automaticamente todos os paquetes que non se utilicen purge - Eliminar os paquetes e os ficheiros de configuración source - Descargar os arquivos fonte build-dep - Configurar as dependencias de construción dos paquetes fonte dist-upgrade - Actualización da distribución; vexa apt-get(8) dselect-upgrade - Seguir as seleccións do dselect clean - Eliminar os ficheiros de arquivo descargados autoclean - Eliminar os ficheiros de arquivo vellos descargados check - Verificar que non haxa dependencias rachadas Opcións: -h Este texto de axuda. -q Saída rexistrábel - sen indicador da evolución -qq Sen saída, excepto para os erros -d Só descargar - NON instalar ou descomprimir os arquivos -s Non facer nada. Realizar a simulación de ordenación -y Asumir Si para todas as preguntas e non as facer -f Tentar corrixir un sistema con dependencias rachadas -m Tentar continuar se non se poden localizar os arquivos -u Mostrar tamén unha lista con todos os paquetes actualizados -b Construir o paquete fonte despois de o obter -V Mostrar os números de versión completos -c=? Ler este ficheiro de configuración -o=? Asignar unha opción de configuración arbitraria, p.ex. -o dir::cache=/tmp Vexa as páxinas do manual de apt-get(8), sources.list(5) and apt.conf(5) para máis información e opcións. Este APT ten Poderes de Supervaca.
http://es.wikipedia.org/wiki/Advanced_Packaging_Tool
apt-cache
- Descrición: para obter información sobre os paquetes.
- Sintaxe:
Emprego: apt-cache [opcións] orde apt-cache [opcións] add fich1 [fich2 ...] apt-cache [opcións] showpkg paq1 [paq2 ...] apt-cache [opcións] showsrc paq1 [paq2 ...] apt-cache é unha ferramenta de baixo nivel que se emprega para manipular os ficheiros binarios de caché de APT e obter información deles Ordes: add - Engade un ficheiro de paquetes á caché de fontes gencaches - Reconstrúe as cachés de paquetes e fontes showpkg - Amosa información xeral dun paquete showsrc - Amosa os rexistros de fontes stats - Amosa algunhas estatísticas básicas dump - Amosa todo o ficheiro nun formato abreviado dumpavail - Saca un ficheiro de dispoñibles pola saída estándar unmet - Amosa as dependencias sen cumprir search - Busca unha expresión regular na lista de paquetes show - Amosa un rexistro lexible para o paquete depends - Amosa a información bruta de dependencias dun paquete rdepends - Amosa información de dependencias inversas dun paquete pkgnames - Amosa os nomes de tódolos paquetes dotty - Xera gráficas de paquetes para GraphViz xvcg - Xera gráficas de paquetes para xvcg policy - Amosa a configuración de normativa Opcións: -h Este texto de axuda. -p=? A caché de paquetes. -s=? A caché de fontes. -q Desactiva o indicador de progreso. -i Amosa só as dependencias importantes na orde unmet. -c=? Le este ficheiro de configuración. -o=? Establece unha opción de configuración, por exemplo: -o dir::cache=/tmp Vexa as páxinas de manual de apt-cache(8) e apt.conf(5) para máis información.
dpkg
- Descrición: para obter información, instalar e desinstalar paquetes soltos .deb
- Sintaxe:
Emprego: dpkg [<opción> ...] <orde> Ordes: -i|--install <ficheiro .deb> ... | -R|--recursive <directorio> ... --unpack <ficheiro .deb> ... | -R|--recursive <directorio> ... -A|--record-avail <ficheiro .deb> ... | -R|--recursive <directorio> ... --configure <paquete> ... | -a|--pending --triggers-only <paquete> ... | -a|--pending -r|--remove <paquete> ... | -a|--pending -P|--purge <paquete> ... | -a|--pending --get-selections [<patrón> ...] Amosa a lista de seleccións. --set-selections Establece as seleccións de paquetes. --clear-selections Deselecciona os paquetes non esenciais. --update-avail <ficheiro-Packages> Substitúe a información de paquetes. --merge-avail <ficheiro-Packages> Mestura coa información do ficheiro. --clear-avail Borra a información de dispoñibles. --forget-old-unavail Esquece os paquetes desinstalados e non dispoñibles. -s|--status <paquete> ... Amosa detalles do estado do paquete. -p|--print-avail <paquete> ... Amosa detalles da versión dispoñible. -L|--listfiles <paquete> ... Amosa os ficheiros do paquete. -l|--list [<patrón> ...] Amosa unha lista concisa de paquetes. -S|--search <patrón> ... Busca paquetes que conteñen o ficheiro. -C|--audit Busca paquetes rotos. --print-architecture Amosa a arquitectura de dpkg. --compare-versions <a> <op> <b> Compara versións - mire embaixo. --force-help Axuda sobre o forzado. -Dh|--debug=help Axuda sobre a depuración. -h|--help Amosa esta mensaxe de axuda. --version Amosa a versión. --license|--licence Amosa os termos da licencia.
http://es.wikipedia.org/wiki/Dpkg
Estado de partida
Nada máis iniciar o sistema, este informaba de que había cero paquetes para actualizar.
Actualizar o sistema
Neste apartado vaise amosar como actualizar o sistema de tres formas distintas:
- aptitude en modo interactivo.
- aptitude en modo comando.
- apt-get.
Actualización con aptitude en modo interactivo
Movéndose pola estrutura vense os paquetes que teñen actualizacións. Na imaxe amósase que a versión do kernel instalada é a 2.6.31.14 e a dispoñible é: 2.6.31.19. se agora se premese g minúscula ou se fora ó menú Accións->Instalar/eliminar paquetes, pois descargaríanse os paquetes novos e actualizaríase o sistema. Neste caso non se fixo e saíuse do sistema, para realizar esa tarefa con aptitude en modo comando.
Actualización con aptitude en modo comando
Ó principio o comando informa que a opción upgrade é obsoleta, que se use safe-upgrade, e calquera caso, van facer o mesmo. Indica que hai 62 paquetes actualizables (23 + 39 que dicía o aptitude en modo interactivo). Cales son os paquetes, cantos MB se van recibir e canto van ocupar no disco. Premer S ou ENTER directamente (a S maiúscula e a opción por defecto).
Actualización con apt-get
Por se alguén segue secuencialmente os apuntes indicar que este comando, apt-get executouse noutra máquina distinta á anterior, pois a anterior xa está actualizada por medio de aptitude.
Busca de paquetes
Preténdese configurar o sistema de xeito que poida estar en galego ou español, como foi instalado en galego, hai que buscar os paquetes do idioma español para instalalos. Co cal cando se busque a palabra pola que se busca pod estar no nome do paquete e/ou na descrición do mesmo.
Instalación de paquetes: español e portugués
Vanse instala os paquetes de localización do español e do portugués, estes últimos para borralos despois.
Instalación de paquetes con aptitude
Instalación de paquetes con apt-get
Información sobre paquetes
Onde se descargan os paquetes
Os paquetes empaquetados que se van descargando almacénanse en /var/cache/apt/archives Revisar no curso de Ubunt Desktop A xeraquía dos sistema de ficheiros de GNU/Linux, e observar /var.
Observar os paquetes de linguaxe. Co comando sudo aptitude clean, elimínanse os paquetes que se baixaron, antes de ser instalados, á carpeta /var/cache/apt/archives. Isto non significa que se desinstalen is programas, senón que se eliminan os paquetes nos que viñan os programas que se instalaron. Para desinstalar un programa véxase a seguinte sección ...
Desinstalar aplicacións
Vanse desinstalar os paquetes do idioma portugués.
Desinstalar con aptitude
Desinstalar con apt-get
Para borrar paquetes con apt-get:
sudo apt-get remove language-pack-pt
As listas de paquetes:sources.list
A seguinte imaxe amosa parte da configuración do ficheiro /etc/apt/sources.list que contén a información de onde se atopa cada repositorio.
nano /etc/apt/sources.list
apt-get vs aptitude
Os dous levan listas distintas de paquetes instalados/desinstalados, por tanto é recomendable que se usa un non se use o outro. Pero usan os mesmos repositorios, os dous len o arquivo /etc/apt/sources.list.
Poderes de super vaca?: un pouco de humor
Resulta que hai xente que se aburre, e deciden crear opcións para comandos que son [ovos de pascua virtuais] (sorpresas). Esas opcións non están documentadas.
apt-get
aptitude
Pois nada, así tamén vense unhas cousiñas que funcionalmente non fan nada pero que teñen unha chisca de humor.
-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (28 feb 2010).