Actualizar o sistema. Instalar e desinstalar paquetes. vello

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Nesta sección vaise estudar como actualizar o sistema e como instalar e desinstalar paquetes. Usaranse as seguintes utilidades de consola/terminal aptitude, apt-get e dpkg.



Aprende.png
LEMBRAR EN UBUNTU DESKTOP


En Ubuntu Desktop, a parte das utilidades de consola anteriores, tamén existen outras ferramentas de xestión de paquetes gráficas, como synaptic.

Recoméndase que se revisen as seccións

do curso Curso Platega 08-09: Sistema operativo GNU-LINUX: UBUNTU 8.10.

Nesas sección actualízase o Ubuntu desktop e instálanse aplicacións que eran necesarias para ese curso, pero que neste curso son opcionais. O que si, ten que quedar claro, son conceptos como: repositorios, fontes do software, actualizacións, dependencias, instalar/desinstalar paquetes en modo gráfico e instalar paquetes que non están nos repositorios (como por exemplo skype).


Ficheiros que se usan nesta sección

/etc/apt/sources.list

  • Descrición: almacena a configuración de onde se atopan os repositorios dos que baixar os paquetes.
  • Exemplo de configuración
deb http://archive.ubuntu.com/ubuntu/ karmic-security main restricted

deb-src http://archive.ubuntu.com/ubuntu/ karmic-security main restricted

deb http://archive.ubuntu.com/ubuntu/ karmic-security universe

deb-src http://archive.ubuntu.com/ubuntu/ karmic-security universe

deb http://archive.ubuntu.com/ubuntu/ karmic-security multiverse

deb-src http://archive.ubuntu.com/ubuntu/ karmic-security multiverse

Cada liña indica o tipo de paquete, de onde descargalos, versión de Ubuntu e tipo de repositorio. Para desactivar un repositorio basta con comentalo con # e executar: aptitude update ou apt-get update.

  • Tipos de repositorios

Por defecto os tipos de paquetes que se poden descargar pertencen ós tipos de repositorios:

    • main: Software soportado por Canonical.
    • universe:Sofware mantido pola comunidade.
    • restricted:Drivers que non teñen publicado o código fonte (privativos).
    • multiverse:Software afectado por cuestións legais ou (c) copyrights.


/var/cache/apt/archives

É un directorio onde se descargan os paquetes usados nas instalacións e actualizacións.

Revisar no curso de Ubunt Desktop A xeraquía dos sistema de ficheiros de GNU/Linux, e observar /var.


Comandos que se usaran nesta sección

Os dous primeiros son moi semellantes, pero o primeiro ademais ten a opción de usar un entorno de traballo interactivo.

aptitude

  • Descrición: xestiona (instalar, buscar, eliminar, actualizar, etc) os paquetes e posúe un modo interactivo.
  • Sintaxe:
Emprego: aptitude [-S nomef] [-u|-i]

       aptitude [opcións] <acción> ...

  Accións (se non se especifica ningunha, hase entrar en modo interactivo):



 install      - Instalar/actualizar paquetes

 remove       - Eliminar paquetes

 purge        - Eliminar paquetes e os seus ficheiros de configuración

 hold         - Reter paquetes

 unhold       - Cancelar a retención dun paquete

 markauto     - Marcar paquetes coma se fosen instalados automaticamente

 unmarkauto   - Marcar paquetes coma se fose instalados manualmente

 forbid-version - Impedir que aptitude actualice un paquete a unha versión.

 update       - Descargar as listas de paquetes novos/actualizables

 safe-upgrade - Realizar unha actualización segura

 full-upgrade - Facer unha actualización, quizais instalando e borrando paquetes

 forget-new   - Esquecer que paquetes son "novos"

 search       - Buscar un paquete por nome e/ou expresión

 show         - Amosar información detallada sobre un paquete

 clean        - Borrar os ficheiros de paquetes descargados

 autoclean    - Borrar os ficheiros de paquetes descargados vellos

 changelog    - Amosar o rexistro de cambios dun paquete

 download     - Descargar o ficheiro .deb dun paquete

 reinstall    - Descargar e (tal vez) reinstalar un paquete xa instalado

 why          - Amosar os paquetes instalados manualmente que requiren un

                paquete, ou por que un ou máis paquetes habían requirir o

                paquete indicado

 why-not      - Amosar os paquetes instalados manualmente que conducen a

                un conflicto co paquete indicado, ou por que un ou máis

                paquetes habían conducir a un conflicto co paquete indicado

                se se instalaran



  Opcións:

 -h             Este texto de axuda

 -s             Simular accións pero non realizalas.

 -d             Só descargar os paquetes, non instalar ou eliminar nada.

 -P             Pedir sempre confirmación para as accións

 -y             Supoñer que a resposta ás preguntas simples de si/non é "si"

 -F formato     Indicar un formato para os resultados das buscas; vexa o manual

 -O orde        Indicar como ordear os resultados das buscas; vexa o manual

 -w anchura     Indicar a anchura para formatar os resultados das buscas

 -f             Tentar arranxar de xeito agresivo os paquetes rotos.

 -V             Amosar as versións dos paquetes a instalar.

 -D             Amosar as dependencias dos paquetes cambiados automaticamente.

 -Z             Amosar o cambio no tamaño instalado de cada paquete.

 -v             Amosar información extra (pode indicarse varias veces)

 -t [distro]    Indicar de que distribución hai que instalar os paquetes

 -q             No modo de liña de ordes, eliminar os indicadores de progreso.

 -o clave=valor  Establecer a opción de configuración chamada "clave"

 --with(out)-recommends	Indicar se hai que tratar as recomendacións coma

                dependencias fortes

 -S nomef       Ler a información de estado estendido de nomef.

 -u             Descargar novas listas de paquetes ao arrincar.

 -i             Realizar unha instalación ao arrincar.

http://es.wikipedia.org/wiki/Aptitude

man aptitude


apt-get

  • Descrición: xestiona (instalar, buscar, eliminar, actualizar, etc) os paquetes. Non posúe un modo interactivo.
  • Sintaxe:
Uso: apt-get [opcións] comando

       apt-get [opcións] install|remove pkg1 [pkg2 ...]

       apt-get [opcións] fonte pkg1 [pkg2 ...]



apt-get é unha interface simple para a liña de comandos para descargar e instalar paquetes. 
Os comandos que se empregan con máis frecuencia son update e install.



Comandos:

   update - Obter listas de paquetes novos

   upgrade - Realizar unha actualización

   install - Instalar paquetes novos (pkg é libc6, non libc6.deb)

   remove - Eliminar paquetes

   autoremove - Eliminar automaticamente todos os paquetes que non se utilicen

   purge - Eliminar os paquetes e os ficheiros de configuración

   source - Descargar os arquivos fonte

   build-dep - Configurar as dependencias de construción dos paquetes fonte

   dist-upgrade - Actualización da distribución; vexa apt-get(8)

   dselect-upgrade - Seguir as seleccións do dselect

   clean - Eliminar os ficheiros de arquivo descargados

   autoclean - Eliminar os ficheiros de arquivo vellos descargados

   check - Verificar que non haxa dependencias rachadas



Opcións:

  -h Este texto de axuda.

  -q Saída rexistrábel - sen indicador da evolución

  -qq Sen saída, excepto para os erros

  -d Só descargar - NON instalar ou descomprimir os arquivos

  -s Non facer nada. Realizar a simulación de ordenación

  -y Asumir Si para todas as preguntas e non as facer

  -f Tentar corrixir un sistema con dependencias rachadas

  -m Tentar continuar se non se poden localizar os arquivos

  -u Mostrar tamén unha lista con todos os paquetes actualizados

  -b Construir o paquete fonte despois de o obter

  -V Mostrar os números de versión completos

  -c=? Ler este ficheiro de configuración

  -o=? Asignar unha opción de configuración arbitraria, p.ex. -o dir::cache=/tmp

Vexa as páxinas do manual de apt-get(8), sources.list(5) and apt.conf(5)

para máis información e opcións.

                       Este APT ten Poderes de Supervaca.

http://es.wikipedia.org/wiki/Advanced_Packaging_Tool

man apt-get

apt-cache

  • Descrición: para obter información sobre os paquetes.
  • Sintaxe:
Emprego: apt-cache [opcións] orde

         apt-cache [opcións] add fich1 [fich2 ...]

         apt-cache [opcións] showpkg paq1 [paq2 ...]

         apt-cache [opcións] showsrc paq1 [paq2 ...]



apt-cache é unha ferramenta de baixo nivel que se emprega para manipular

os ficheiros binarios de caché de APT e obter información deles



Ordes:

   add - Engade un ficheiro de paquetes á caché de fontes

   gencaches - Reconstrúe as cachés de paquetes e fontes

   showpkg - Amosa información xeral dun paquete

   showsrc - Amosa os rexistros de fontes

   stats - Amosa algunhas estatísticas básicas

   dump - Amosa todo o ficheiro nun formato abreviado

   dumpavail - Saca un ficheiro de dispoñibles pola saída estándar

   unmet - Amosa as dependencias sen cumprir

   search - Busca unha expresión regular na lista de paquetes

   show - Amosa un rexistro lexible para o paquete

   depends - Amosa a información bruta de dependencias dun paquete

   rdepends - Amosa información de dependencias inversas dun paquete

   pkgnames - Amosa os nomes de tódolos paquetes

   dotty - Xera gráficas de paquetes para GraphViz

   xvcg - Xera gráficas de paquetes para xvcg

   policy - Amosa a configuración de normativa



Opcións:

  -h   Este texto de axuda.

  -p=? A caché de paquetes.

  -s=? A caché de fontes.

  -q   Desactiva o indicador de progreso.

  -i   Amosa só as dependencias importantes na orde unmet.

  -c=? Le este ficheiro de configuración.

  -o=? Establece unha opción de configuración, por exemplo: -o dir::cache=/tmp

Vexa as páxinas de manual de apt-cache(8) e apt.conf(5) para máis información.

man pat-cache

dpkg

  • Descrición: para obter información, instalar e desinstalar paquetes soltos .deb
  • Sintaxe:
Emprego: dpkg [<opción> ...] <orde>



Ordes:

  -i|--install       <ficheiro .deb> ... | -R|--recursive <directorio> ...

  --unpack           <ficheiro .deb> ... | -R|--recursive <directorio> ...

  -A|--record-avail  <ficheiro .deb> ... | -R|--recursive <directorio> ...

  --configure        <paquete> ... | -a|--pending

  --triggers-only    <paquete> ... | -a|--pending

  -r|--remove        <paquete> ... | -a|--pending

  -P|--purge         <paquete> ... | -a|--pending

  --get-selections [<patrón> ...]      Amosa a lista de seleccións.

  --set-selections                     Establece as seleccións de paquetes.

  --clear-selections                   Deselecciona os paquetes non esenciais.

  --update-avail <ficheiro-Packages>   Substitúe a información de paquetes.

  --merge-avail <ficheiro-Packages>    Mestura coa información do ficheiro.

  --clear-avail                        Borra a información de dispoñibles.

  --forget-old-unavail                 Esquece os paquetes desinstalados

                                           e non dispoñibles.

  -s|--status <paquete> ...            Amosa detalles do estado do paquete.

  -p|--print-avail <paquete> ...       Amosa detalles da versión dispoñible.

  -L|--listfiles <paquete> ...         Amosa os ficheiros do paquete.

  -l|--list [<patrón> ...]             Amosa unha lista concisa de paquetes.

  -S|--search <patrón> ...             Busca paquetes que conteñen o ficheiro.

  -C|--audit                           Busca paquetes rotos.

  --print-architecture                 Amosa a arquitectura de dpkg.

  --compare-versions <a> <op> <b>      Compara versións - mire embaixo.

  --force-help                         Axuda sobre o forzado.

  -Dh|--debug=help                     Axuda sobre a depuración.



  -h|--help                        Amosa esta mensaxe de axuda.

  --version                        Amosa a versión.

  --license|--licence              Amosa os termos da licencia.

http://es.wikipedia.org/wiki/Dpkg

man dpkg


Estado de partida

Nada máis iniciar o sistema, este informaba de que había cero paquetes para actualizar. Platega U910 Server Paquetes 21.jpeg

Actualizar o sistema

Neste apartado vaise amosar como actualizar o sistema de tres formas distintas:

  • aptitude en modo interactivo.
  • aptitude en modo comando.
  • apt-get.

Actualización con aptitude en modo interactivo


Actualización con aptitude en modo comando

Actualización con apt-get

Por se alguén segue secuencialmente os apuntes indicar que este comando, apt-get executouse noutra máquina distinta á anterior, pois a anterior xa está actualizada por medio de aptitude.

Busca de paquetes

Preténdese configurar o sistema de xeito que poida estar en galego ou español, como foi instalado en galego, hai que buscar os paquetes do idioma español para instalalos. Co cal cando se busque a palabra pola que se busca pod estar no nome do paquete e/ou na descrición do mesmo.


Instalación de paquetes: español e portugués

Vanse instala os paquetes de localización do español e do portugués, estes últimos para borralos despois.

Instalación de paquetes con aptitude


Instalación de paquetes con apt-get

Información sobre paquetes

Onde se descargan os paquetes

Os paquetes empaquetados que se van descargando almacénanse en /var/cache/apt/archives Revisar no curso de Ubunt Desktop A xeraquía dos sistema de ficheiros de GNU/Linux, e observar /var.


Desinstalar aplicacións

Vanse desinstalar os paquetes do idioma portugués.

Desinstalar con aptitude

Desinstalar con apt-get

Para borrar paquetes con apt-get:

sudo apt-get remove language-pack-pt

Platega U910 Server Paquetes 59.jpeg

As listas de paquetes:sources.list

A seguinte imaxe amosa parte da configuración do ficheiro /etc/apt/sources.list que contén a información de onde se atopa cada repositorio.

nano /etc/apt/sources.list

Platega U910 Server Paquetes 67.jpeg

apt-get vs aptitude

Os dous levan listas distintas de paquetes instalados/desinstalados, por tanto é recomendable que se usa un non se use o outro. Pero usan os mesmos repositorios, os dous len o arquivo /etc/apt/sources.list.

comparativa 1 comparativa2



Poderes de super vaca?: un pouco de humor

Resulta que hai xente que se aburre, e deciden crear opcións para comandos que son [ovos de pascua virtuais] (sorpresas). Esas opcións non están documentadas.


apt-get

aptitude

Pois nada, así tamén vense unhas cousiñas que funcionalmente non fan nada pero que teñen unha chisca de humor.


-- Antonio de Andrés Lema e Carlos Carrión Álvarez -- (28 feb 2010).