O Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional (SNCFP)

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Revisión del 16:57 3 ene 2008 de Vieites (discusión | contribs.)
(difs.) ← Revisión anterior | Revisión actual (difs.) | Revisión siguiente → (difs.)
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Introdución ó SNCFP

A Lei orgánica 5/2002 crea o O Sistema Nacional de Cualificacións e Formación Profesional (SNCFP) para dar resposta ás demandas de cualificación das persoas e empresas nunha sociedade en continuo proceso de cambio e innovación.

  • O SNCFP está formado polos instrumentos e accións necesarios para promover e desenvolver a integración das ofertas de formación profesional, así como a avaliación e acreditación das correspondentes competencias profesionais, con independencia da súa forma de adquisición (aprendizaxes formais, non formais, informais ou a través da experiencia laboral).

Instrumentos e accións do SNCFP

  • O Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais, de estrutura modular, inclúe o contido da formación profesional asociada a cada cualificación.
  • Un procedemento de recoñecemento, avaliación, acreditación e rexistro das cualificacións profesionais.
  • A información e orientación en materia de formación profesional e emprego.
  • A avaliación e mellora da calidade do SNCFP, para proporcionar a oportuna información sobre o funcionamento deste e sobre a súa adecuación ás necesidades formativas individuais e ás do sistema produtivo.

Obxectivos do SNCFP

  • Orientar a formación ás demandas de cualificación das organizacións produtivas.
  • Facilitar a adecuación entre a oferta e a demanda do mercado de traballo.
  • Estender a formación ao longo da vida.
  • Fomentar a libre circulación de traballadores.

Finalidades do SNCFP

  • Capacitar aos traballadores para o exercicio profesional.
  • Promover unha oferta formativa de calidade.
  • Proporcionar información e orientación sobre formación profesional e cualificacións para o emprego.
  • Favorecer o espírito emprendedor mediante a incorporación á oferta formativa de accións que capaciten para o desempeño de actividades empresariais e por conta propia.
  • Avaliar e acreditar oficialmente a cualificación profesional, sexa cal sexa a forma de adquisición.
  • Favorecer a inversión pública e privada na cualificación de traballadores e aproveitar do mellor modo os recursos adicados a formación profesional.