Sistemas Operativos en Rede (Ciclo SMR)
Revisión del 11:09 19 may 2010 de Ricardofc (discusión | contribs.) (→RA1. Instala e describe as características de sistemas operativos en rede, para o que interpreta a documentación técnica.)
Sistemas Operativos en Rede do Ciclo SMR.
- Curso: 2º
- Duración: 157 horas
- Profesorado: Sistemas e Aplicacións Informáticas
RA1. Instala e describe as características de sistemas operativos en rede, para o que interpreta a documentación técnica.
- – CA1.1. Realizouse o estudo de compatibilidade do sistema informático.
- Comprobación dos requisitos técnicos.
- – CA1.2. Diferenciáronse os modos de instalación.
- Preparación da instalación. Particións e sistema de ficheiros.
- – CA1.3. Analizáronse os manuais do sistema.
- – CA1.4. Planificouse e realizouse a partición do disco do servidor.
- Métodos e automatización da instalación.
- – CA1.5. Seleccionáronse e aplicáronse os sistemas de ficheiros.
- – CA1.6. Seleccionáronse os compoñentes para instalar.
- – CA1.7. Instaláronse sistemas operativos en rede libres e propietarios.
- Instalación de sistemas operativos en rede en máquinas virtuais.
- – CA1.8. Aplicáronse procedementos para a automatización de instalacións.
- – CA1.9. Instaláronse os controladores de dispositivo necesarios.
- – CA1.10. Aplicáronse preferencias na configuración do contorno persoal.
- Personalización do contorno de usuario.
- – CA1.11. Actualizouse o sistema operativo en rede.
- Actualización do sistema operativo en rede.
- – CA1.12. Realizouse a configuración para a actualización periódica do sistema operativo.
- – CA1.13. Comprobouse a conectividade do servidor cos equipamentos clientes.
- – CA1.14. Documentouse a instalación do sistema operativo en rede e as incidencias que xurdiran no proceso.
- Elaboración de documentación sobre a instalación e as incidencias xurdidas no proceso.
RA2. Xestiona usuarios e grupos de sistemas operativos en rede, para o que interpreta especificacións e aplica ferramentas do sistema.
- – CA2.1. Configuráronse e xestionáronse contas e perfís de usuario.
- Conta de usuario e de grupo.
- Tipos de perfís de usuario: perfís móbiles.
- – CA2.2. Configuráronse e xestionáronse contas de sistema.
- Contas de usuario: patróns.
- Contas de sistema.
- – CA2.3. Distinguiuse o propósito dos grupos, os seus tipos e os seus ámbitos.
- – CA2.4. Configuráronse e xestionáronse grupos.
- Xestión de grupos: tipos e ámbitos; propiedades; estratexias de uso.
- – CA2.5. Xestionouse a pertenza de usuarios a grupos.
- – CA2.6. Identificáronse as características de usuarios e grupos predeterminados e especiais.
- Usuarios, e grupos predeterminados e especiais do sistema.
- – CA2.7. Planificáronse perfís móbiles de usuarios.
- – CA2.8. Utilizáronse ferramentas para a administración de usuarios e grupos, incluídas no sistema operativo en rede.
RA3. Realiza tarefas de xestión sobre dominios, para o que identifica necesidades e aplica ferramentas de administración específicas.
- – CA3.1. Identificouse a función do servizo de directorio, os seus elementos e a súa nomenclatura.
- Obxectos que administra un dominio: usuarios globais, grupos, equipamentos, etc.
- – CA3.2. Recoñeceuse o concepto de dominio e as súas funcións.
- Funcións do dominio.
- Creación de dominios.
- – CA3.3. Establecéronse relacións de confianza entre dominios.
- Creación de relacións de confianza entre dominios.
- – CA3.4. Analizouse a estrutura do servizo de directorio.
- Servizo de directorio e dominio.
- Elementos do servizo de directorio.
- – CA3.5. Realizouse a instalación do servizo de directorio. CA3.6. Realizouse a configuración básica do servizo de directorio.
- Instalación dun servizo de directorio: configuración básica.
- Servidor de dominio MS Windows e clientes GNU/Linux.
- - Introdución a Samba as Active Directory Member Server/Station: sadms
- - Instalación e configuración básica do equipo Ubuntu Desktop e do Servidor DNS
- - Instalación de SADMS
- - Obxectivos e escenarios da parte VI
- - Configuración e instalación do escenario básico 6.1
- - Configuración e instalación do escenario complexo 6.2
- - Recomendación para un contorno real de traballo
- – CA3.7. Utilizáronse agrupacións de elementos para a creación de modelos administrativos.
- Creación de agrupacións de elementos: nomenclatura.
- – CA3.8. Utilizáronse ferramentas de administración de dominios.
- Utilización de ferramentas de administración de dominios.
- Delegación da administración.
- – CA3.9. Traballouse en grupo para comprobar a aplicación en rede dos dominios e dos servizos de directorio.
RA4. Xestiona os recursos compartidos do sistema, para o que interpreta especificacións e determina niveis de seguridade.
- – CA4.1. Recoñeceuse a diferenza entre permiso e dereito.
- Permisos e dereitos.
- – CA4.2. Identificáronse os recursos do sistema que se vaian compartir, e en que condicións.
- Compartición de ficheiros e directorios a través da rede.
- – CA4.3. Asignáronselles permisos aos recursos do sistema que se vaian compartir.
- Configuración de permisos de recurso compartido.
- – CA4.4. Compartíronse impresoras en rede.
- Configuración de impresoras compartidas en rede.
- – CA4.5. Utilizouse o contorno gráfico para compartir recursos.
- – CA4.6. Establecéronse niveis de seguridade para controlar o acceso do cliente aos recursos compartidos en rede.
- Seguridade no acceso aos recursos compartidos.
- – CA4.7. Traballouse en grupo para comprobar o acceso aos recursos compartidos do sistema.
- Uso en redes homoxéneas.
RA5. Realiza tarefas de monitorización e uso do sistema operativo en rede utilizando as ferramentas axeitadas, e identifica as principais incidencias.
- – CA5.1. Describíronse as características dos programas de monitorización.
- – CA5.2. Identificáronse problemas de rendemento nos dispositivos de almacenaxe.
- – CA5.3. Observouse a actividade do sistema operativo en rede a partir das trazas xeradas polo propio sistema.
- Arranque do sistema operativo en rede.
- Descrición dos fallos producidos no arranque e as posibles solucións.
- Uso de ferramentas para o control e o seguimento do rendemento do sistema operativo en rede.
- – CA5.4. Realizáronse tarefas de mantemento do software instalado no sistema.
- Xestión de discos: cotas.
- Xestión dos procesos relativos aos servizos do sistema operativo en rede.
- – CA5.5. Executáronse operacións para a automatización de tarefas do sistema.
- Automatización das tarefas do sistema.
- – CA5.6. Interpretouse a información de configuración do sistema operativo en rede.
RA6. Realiza tarefas de integración de sistemas operativos libres e propietarios, para o que utiliza as ferramentas incluídas nos sistemas e instala software específico.
- – CA6.1. Identificouse a necesidade de compartir recursos en rede entre varios sistemas operativos.
- – CA6.2. Comprobouse a conectividade da rede nun escenario heteroxéneo.
- Descrición de escenarios heteroxéneos.
- – CA6.3. Describiuse a funcionalidade dos servizos que permiten compartir recursos en rede.
- – CA6.4. Instaláronse e configuráronse servizos para compartir recursos en rede.
- Instalación, configuración e uso de servizos de rede para compartir recursos.
- Configuración de recursos compartidos en rede.
- – CA6.5. Accedeuse a sistemas de ficheiros en rede desde equipamentos con diferentes sistemas operativos.
- – CA6.6. Accedeuse a impresoras en rede desde equipamentos con diferentes sistemas operativos.
- – CA6.7. Establecéronse niveis de seguridade para controlar o acceso do usuario aos recursos compartidos en rede.
- Seguridade dos recursos compartidos en rede.
- – CA6.8. Instaláronse e aseguráronse servizos para permitir o acceso remoto ao sistema. CA6.9. Realizáronse tarefas administrativas de xeito remoto utilizando terminais gráficos para o acceso ao sistema.
- – CA6.10. Traballouse en grupo para comprobar o funcionamento dos servizos instalados.
- Uso en redes heteroxéneas.