Recursos compartidos en Windows
Ir a la navegación
Ir a la búsqueda
Permisos de Compartir
Os "permisos de compartir" aplícanse aos directorios compartidos só cando se accede a eles dende a rede. Existen só 3 permisos de compartir:
- Lectura - Os usuarios teñen permiso de lectura sobre os arquivos e os directorios.
- Cambio - Os usuarios terán permiso de lectura, execución, modificación e eliminación de arquivos e carpetas.
- Control Total - Os usuarios poden facer "de todo", incluso os de poder cambiar permisos.
Similitudes entre os permisos NTFS e os de compartir
Temos as seguintes similitudes entre uns permisos e os outros:
- A ambos lle imos poden asignar permisos de "Permitir" e permisos de "Denegar".
- Ambos son acumulativos.
- Os permisos de denegar teñen preferencia sobre os de permitir.
- Ambos permisos teñen a denegación implícita (o usuario que non aparece NON ten ningún permiso).
En Windows Server existen, por defecto, varios recursos compartidos. A maioría destes recursos veremos que son ocultos. É interesante coñecelos para conectarse a eles se fose necesario có seu UNC (Uniform Naming Convention).
- C$, D$ e así todos os volumes/particións existentes (Tamén os dispositivos ópticos)
- Trátase de recursos compartidos ocultos.
- Son recursos compartidos pensando na súa administración, e, polo tanto, non está permitido cambiar os permisos ou propiedades destes recursos.
- Só os usuarios pertencentes ao grupo Administradores e Operadores de Copia poden conectarse a este tipo de recursos e, ademáis, hai que ter en conta que non poderemos eliminar estas recursos sen modificar o rexistro ou sen parar o servizo de compartición de recursos.
- Accedendo ao recurso compartido C$ nos atoparemos no directorio C:\ do servidor.
- ADMIN$
- O recurso compartido ADMIN$ é outro recurso compartido para a administración do equipo.
- Se o sistema operativo está instalado en C:\ este recurso comparte o directorio C:\Windows.
- PRINT$
- No momento en que se comparte unha impresora, o sistema colocará o drivers das impresoras neste recurso compartido.
- Isto permitirá a descarga destes drivers por parte dos clientes das impresoras compartidas.
- IPC$
- Este recurso compartido es utilizado para la comunicación entre servidores, como usuarios no será utilizado.
- NETLOGON
- O recurso NETLOGON utilízase co proceso de solicitudes de inicio de sesión dos usuarios.
- Neste recurso compartido gardaranse os scripts de inicio de sesión dos usuarios nun Dominio de Windows.
- Ese script emprégase, normalmente, para montar recursos compartidos para os clientes, facer que lles aparezan mensaxes no inicio de sesión, etc.
- Todo servidor de dominio terá un recurso compartido NETLOGON.
- SYSVOL
- O recurso compartido SYSVOL é empregado para almacenar as Group Policy e tamén scripts que serán accesibles polos clientes.
# Para ver os recursos compartidos do equipo utiliza o comando
PS> net share
Nombre Recurso Descripción
-------------------------------------------------------------------------------
C$ C:\ Recurso predeterminado
E$ E:\ Recurso predeterminado
IPC$ IPC remota
ADMIN$ C:\Windows Admin remota
NETLOGON C:\Windows\SYSVOL\sysvol\viso.local\SCRIPTS
Recurso compartido del servidor...
SYSVOL C:\Windows\SYSVOL\sysvol Recurso compartido del servidor...
Se ha completado el comando correctamente.
Configurar permisos de compartir e conectarse a eles
Para configurar permisos de compartir y conectarse a ellos desde equipos clientes mirar el siguiente enlace donde se explica.