Recursos compartidos en Windows

De Manuais Informática - IES San Clemente.
Ir a la navegación Ir a la búsqueda

Permisos de Compartir

Os "permisos de compartir" aplícanse aos directorios compartidos só cando se accede a eles dende a rede. Existen só 3 permisos de compartir:

  • Lectura - Os usuarios teñen permiso de lectura sobre os arquivos e os directorios.
  • Cambio - Os usuarios terán permiso de lectura, execución, modificación e eliminación de arquivos e carpetas.
  • Control Total - Os usuarios poden facer "de todo", incluso os de poder cambiar permisos.

Similitudes entre os permisos NTFS e os de compartir

Temos as seguintes similitudes entre uns permisos e os outros:

  • A ambos lle imos poden asignar permisos de "Permitir" e permisos de "Denegar".
  • Ambos son acumulativos.
  • Os permisos de denegar teñen preferencia sobre os de permitir.
  • Ambos permisos teñen a denegación implícita (o usuario que non aparece NON ten ningún permiso).

Common Shares

En Windows Server existen, por defecto, varios recursos compartidos. A maioría destes recursos veremos que son ocultos. É interesante coñecelos para conectarse a eles se fose necesario có seu UNC (Uniform Naming Convention).

  • C$, D$ e así todos os volumes/particións existentes (Tamén os dispositivos ópticos)
Trátase de recursos compartidos ocultos.
Son recursos compartidos pensando na súa administración, e, polo tanto, non está permitido cambiar os permisos ou propiedades destes recursos.
Só os usuarios pertencentes ao grupo Administradores e Operadores de Copia poden conectarse a este tipo de recursos e, ademáis, hai que ter en conta que non poderemos eliminar estas recursos sen modificar o rexistro ou sen parar o servizo de compartición de recursos.
Accedendo ao recurso compartido C$ nos atoparemos no directorio C:\ do servidor.
  • ADMIN$
O recurso compartido ADMIN$ é outro recurso compartido para a administración do equipo.
Se o sistema operativo está instalado en C:\ este recurso comparte o directorio C:\Windows.
  • PRINT$
No momento en que se comparte unha impresora, o sistema colocará o drivers das impresoras neste recurso compartido.
Isto permitirá a descarga destes drivers por parte dos clientes das impresoras compartidas.
  • IPC$
Este recurso compartido es utilizado para la comunicación entre servidores, como usuarios no será utilizado.
  • NETLOGON
O recurso NETLOGON utilízase co proceso de solicitudes de inicio de sesión dos usuarios.
Neste recurso compartido gardaranse os scripts de inicio de sesión dos usuarios nun Dominio de Windows.
Ese script emprégase, normalmente, para montar recursos compartidos para os clientes, facer que lles aparezan mensaxes no inicio de sesión, etc.
Todo servidor de dominio terá un recurso compartido NETLOGON.
  • SYSVOL
O recurso compartido SYSVOL é empregado para almacenar as Group Policy e tamén scripts que serán accesibles polos clientes.
# Para ver os recursos compartidos do equipo utiliza o comando
PS> net share
Nombre       Recurso                         Descripción
-------------------------------------------------------------------------------
C$           C:\                             Recurso predeterminado
E$           E:\                             Recurso predeterminado
IPC$                                         IPC remota
ADMIN$       C:\Windows                      Admin remota
NETLOGON     C:\Windows\SYSVOL\sysvol\viso.local\SCRIPTS
                                             Recurso compartido del servidor...
SYSVOL       C:\Windows\SYSVOL\sysvol        Recurso compartido del servidor...
Se ha completado el comando correctamente.

Configurar permisos de compartir e conectarse a eles

Para configurar permisos de compartir y conectarse a ellos desde equipos clientes mirar el siguiente enlace donde se explica.


Volver